Colexio Salesianos "A Mercé - Cambados"

Colexio Salesianos "A Mercé - Cambados" Página de Facebook del CPR Salesianos A Mercé de Cambados

16/05/2026

A ofrenda floral no monumento a Cabanillas seguiulle unha escolma de actuacións dos rapaces no paseo da Calzada

29/03/2026

O alumnado de 1º curso do CFGB de Peiteado e Estética creou unhas maquetas da boca para traballar o tema da nutrición na materia de Ciencias Aplicadas.
Como podedes observar, o alumnado foi moi creativo e fixo verdaderas marabillas, polo que fixemos un concurso onde participou todo o centro e as tres maquetas máis votadas levaron un pequeno agasallo.
Parabéns ás gañadoras e moi bo traballo para todos e todas!

23/03/2026

Maruxa Alfonso explicou aos rapaces de 1.º da ESO os segredos da profesión informativa

18/03/2026

O alumnado de 1º ESO, na materia de Lingua Galega, recibiu a visita da xornalista Maruxa Alfonso, de La Voz de Galicia. Durante a sesión, explicoulles como se redacta unha nova, en que consiste o traballo xornalístico e cales son as principais características dos medios de comunicación na actualidade.

Ademais, fixo especial fincapé na importancia de desenvolver un espírito crítico fronte ás loiadas ou noticias falsas que circulan, especialmente, a través das redes sociais.

Como parte da actividade, o alumnado tamén tivo a oportunidade de redactar a súa propia nova empregando a plantilla profesional utilizada no propio xornal.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que, sen dúbida, axudará ao noso alumnado a comprender mellor o valor da información veraz e o papel fundamental do xornalismo na sociedade.

Moitas grazas pola visita!


03/03/2026

Durante a semana do Entroido as familias e o profesorado do noso centro elaboraron doces solidarios para recadar fondos para . O venres 27 de febreiro, durante o recreo, a ex-alumna Merchi Álvarez e presidenta da asociación GaliciAME, recibiu os 400€ recadados que se adicarán a proxectos de investigación desta enfermidade.

Neste acto tamén se fixo entrega dun diploma de agracemento ao alumnado e ás súas familias pola súa colaboración cos doces solidarios. Moitísimas grazas a todos e a todas pola vosa aportación!

26/02/2026
26/02/2026

Velaquí tedes un resumo das primeiras xornadas en Madrid! Están a realizar un gran traballo, con seriedade e profesionalidade. É un orgullo velos traballar así. Parabéns!




23/02/2026

O pasado venres 20 de febreiro, 7 alumnas dos últimos cursos (2° de CFGB de Peiteado e de 4° ESO) representaron ó noso centro na II Feira científica escolar Salesianos, celebrada en Ourense. Alí puideron presentar os seus proxectos de Ciencias Aplicadas, Tecnoloxía e Dixitalización ou Física e Química a alumnado de todas as etapas educativas e a todas as persoas que se pasaron polas inmediacións da Ponte romana onde se situaron os diferentes postos da feira. Unha experiencia enriquecedora e gratificante que terá a súa continuación en abril en Salnesciencia.
STEAM Tecnoloxía

22/02/2026

Marcos Fontán Blanco y Brais Castro Pardo, del colegio A Mercé de Cambados, viajan a Madrid

Este luns, día 9 de febrero tivemos a honra de recibir no noso centro á Asociación Discamino, que compartiu connosco unh...
13/02/2026

Este luns, día 9 de febrero tivemos a honra de recibir no noso centro á Asociación Discamino, que compartiu connosco unha experiencia chea de aprendizaxe, emoción e superación.
As persoas participantes Suso, Merchi, Ana e Isabel achegáronnos a súa realidade e o seu testemuño, falándonos tamén da experiencia de percorrer o Camiño de Santiago, demostrando que cada persoa pode ser protagonista da súa propia historia, mesmo fronte ás dificultades.
Queremos facer un agradecemento especial a Javier Pitillas, promotor de Discamino, grazas a quen moitas persoas con discapacidade poden vivir esta experiencia única e escribir, paso a paso, a súa propia historia no Camiño.
Este acto fíxonos reflexionar sobre o noso lema do curso, “Protagonistas da historia”, lembrándonos que camiñando xuntos, con apoio e solidariedade, todos e todas podemos chegar máis lonxe.
Grazas a todos eles, Javier, Merchi, Suso, Ana e Isabel polo seu exemplo de vida e pola súa visita

Dirección

Rúa Serantellos 1 Castrelo
Cambados
36639

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colexio Salesianos "A Mercé - Cambados" publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Colexio Salesianos "A Mercé - Cambados":

Atajos

Compartir