09/08/2026
¡Un ano máis, a familia de San Fermín sae á rúa por unha boa causa! 🛍️🧁✨
Se hoxe estades gozando da Feira Tradicional de Caldas, non deixedes de pasar polo noso posto solidario. Un grupo dos nosos profes leva días cociñando con moito cariño, preparando cousiñas feitiñas a man e recollendo artigos de segunda man aos que darlles unha nova vida.
🍰 Que vadedes atopar?
Postres e comidas caseiras deliciosas, artesanía e moitas sorpresas... ¡e sobre todo, moito bo ambiente e sorrisos! 😊
Todo o diñeiro recadado irá destinado íntegramente á ONG Emiliani para apoiar os seus proxectos solidarios. 🤝💙
Pasádevos a saudar, levar un dociño e colaborar connosco. ¡Entre todos facemos grandes cousas!
¿Xa nos visitastes? Deixádenos un comentario ou etiquetádenos nas vosas fotos! 📸👇