IES Perdouro

IES Perdouro Centro de ensino público: ESO, Bach, CF, Cuale Portugués
EdixGal

Centro de ensino secundario público, onde se imparten ESO, Bacharelato, Formación Profesional de grao básico, medio e superior. CFGB: Fabricación e montaxe, Servizos administrativos

CFGM: Instalacións de Telecomunicacións, Mecanizado, Peiteado e Cosmética Capilar, Xestión Administrativa

CFGS: Administración e Finanzas

CFGS Dual: Mecatrónica industrial

TEL.: 982.87.01.02

Estamos no noso período de descanso. Nos primeiros días de setembro publicaremos na páxina web e nas nosas redes sociais...
31/07/2026

Estamos no noso período de descanso.

Nos primeiros días de setembro publicaremos na páxina web e nas nosas redes sociais a información precisa para o comezo de curso: día de presentación, horarios, aulas...

Ata entón, desfrutade do verán e recargade as pilas para comezar con moitas ganas!

Durante o mes de xullo estivemos traballando para preparar o curso 26-27. Despedímonos ata o martes 1 de setembro. Aquí ...
31/07/2026

Durante o mes de xullo estivemos traballando para preparar o curso 26-27. Despedímonos ata o martes 1 de setembro.

Aquí tedes as imaxes de final de curso, das vosas coreografías e da vosa participación no videoxogo creado por Marga, profe de Instalacións de Telecomunicacións.

Desfrutade moito do que queda de verán.

Vémonos en setembro!

A nosa alumna Antía Domínguez participou no programa de relevo xeracional do GALP A Mariña-Ortegal. Parabéns, Antía, pol...
31/07/2026

A nosa alumna Antía Domínguez participou no programa de relevo xeracional do GALP A Mariña-Ortegal.

Parabéns, Antía, polo teu interese en participar nunha experiencia tan enriquecedora.

O futuro da Mariña está ligado ao mar.

GALP 1 A Mariña Ortegal

Presentámosvos a nova sinaléptica exterior e interior do centro, creada polo alumnado e profesorado do Ciclo de Especial...
31/07/2026

Presentámosvos a nova sinaléptica exterior e interior do centro, creada polo alumnado e profesorado do Ciclo de Especialización en Fabricación aditiva. Estes paneis servirán para guiar, informar e orientar as persoas que veñen ao centro.

Os novos carteis están elaborados en acero inoxidable e, para a súa fabricación, no Ciclo de Especialización empregaron a impresión 3D en material ASA por ser máis resistente á calor e á intemperie.


30/07/2026

Antía, alumna do IES O Perdouro de Burela, participou nunha nova experiencia de embarque do proxecto "Relevo Xeracional: O Futuro do Mar", impulsado polos oito GALP de Galicia en colaboración coa Consellería do Mar e co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

A bordo do pesqueiro Virxen do Rocío, con saída desde o porto de Burela, tivo a oportunidade de vivir unha auténtica xornada de pesca profesional. Durante toda a experiencia estivo acompañada pola tripulación da embarcación e pola técnica do GALP A Mariña–Ortegal, Verónica, quen lle permitiron coñecer de primeira man como transcorre o traballo diario no mar, desde a saída a faenar ata a descarga do produto na lonxa.

Ao longo da mañá participou nas diferentes tarefas da tripulación, descubrindo como se prepara o cebo, o proceso de largado e virado das nasas para a captura de nécoras e polbos e o traballo que require esta modalidade de pesca. Ademais, puido colaborar nalgunhas destas tarefas baixo a supervisión dos profesionais, vivindo desde dentro unha experiencia única que lle permitiu coñecer o esforzo, a coordinación e o compromiso que caracterizan o sector pesqueiro.

A xornada serviulle tamén para comprobar a importancia da pesca responsable e da conservación dos recursos mariños, observando como se respectan as tallas mínimas e os períodos de veda para garantir a sustentabilidade da actividade pesqueira.

🌊 Os embarques formativos son unha das accións máis representativas deste proxecto, xa que permiten achegar a mocidade á realidade do sector marítimo-pesqueiro, dar a coñecer as súas oportunidades profesionais e fomentar o relevo xeracional nunha actividade esencial para o futuro das nosas comunidades costeiras.

💙 O futuro do mar constrúese formando, inspirando e achegando as novas xeracións ás profesións que manteñen viva a nosa costa.

📣 As familias poden vir recoller os vales e os libros de texto. A entrega farase a nais, pais ou titores legais, xa que ...
20/07/2026

📣 As familias poden vir recoller os vales e os libros de texto. A entrega farase a nais, pais ou titores legais, xa que teñen que asinar a recollida.


05/07/2026
Maruxía 32 está a piques de ver a luzO alumnado de 4º da ESO da materia de TIC, capitaneado por Cristovo Balseiro, estiv...
03/07/2026

Maruxía 32 está a piques de ver a luz

O alumnado de 4º da ESO da materia de TIC, capitaneado por Cristovo Balseiro, estivo traballando intensamente nestes últimos días para rematar a maquetación da revista.

O resultado está xa preparado, aínda que a súa presentación e entrega terán lugar á volta das vacacións.

Mentres agardamos ese momento, queremos desvelar a portada desta edición, unha magnífica creación de Uxía Oroza Combarro, alumna de 4º da ESO. Parabéns, Uxía, polo teu excelente traballo!

Moi pronto poderedes descubrir todo o contido de Maruxía 32.







Celebramos o peche da 15a temporada de Proxecto Neo, a nosa radio educativa.Fixemos 34 programas, cada mércores do curso...
03/07/2026

Celebramos o peche da 15a temporada de Proxecto Neo, a nosa radio educativa.

Fixemos 34 programas, cada mércores do curso escolar coa Masa Coral Modelo Burela, o alumnado de PDC, de Anatomía Aplicada, dos Ciclos de Administración e o equipo de docentes da nosa radio educativa modelo de inclusión social.

Desexamos moita sorte a Nadia e a Érica que nos deixan para voar soas nunha nova etapa das súas vidas. Parabéns!!!!

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesperdouro/node/2929

📸








Proxecto Neo
Proxecto Neo -Burela

Dirección

Rúa Do Instituto, S/n
Burela
27880

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 18:30
Martes 08:30 - 18:30
Miércoles 08:30 - 18:30
Jueves 08:30 - 18:30
Viernes 08:30 - 14:00

Teléfono

+34982870102

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES Perdouro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a IES Perdouro:

Atajos

Compartir

Categoría