Alados

Alados

Compartir

Educación - Natureza - Desenvolvemento sostible - Ecoturismo

Asociación educativa que busca promover o coñecemento e respeto pola Natureza e colaborar na súa conservación
🦎Aula Natureza Udra (Bueu)
🏕️Campas + Excursións + Tribu @bosquinenos
📍Parque Forestal Saiáns (Vigo)
🐾Charlas, Obradoiros, Extraescolares

Photos from Alados's post 01/08/2026

Hoxe na Aula da Natureza de Cabo Udra tivemos un Obradoiro de Papel de reciclaxe ✨

Aprendimos de onde ven o papel
Fixemos pulpa de celulosa
E probamos a facer as nosas propias creacións de papel decorando de diferentes xeitos

A decoración con folla de Carballo foi a que máis nos convenceu 🌱☺️

Reducir o uso de papel branco é importante
Porque axudamos a preservar os nosos Bosques e a reducir a demanda de especies de crecemento rápido, como o eucalipto, destinadas fundamentalmente a pasta de celulosa.

Asi que AVANTI PAPEL RECICLADO, AVANTI CARBALLEIRA !

-Aula da Natureza de Cabo Udra-

Irganiza: Concello de Bueu
Xestiona: Alados Medioambiente

Photos from Alados's post 29/07/2026

📢 Dende hoxe xa está ABERTO o prazo de inscrición para os Obradoiros Infantís que se desenvolverán na Aula da Natureza de Cabo Udra durante este mes de agosto. 🦎🌿

Ademais, compartimos o Calendario de Actividades, con todas as propostas que se levarán a cabo tanto na Aula como na contorna natural. 🌱

✨ Este mes poderedes g***r de:
🌅 Paseos ao Solpor
🥾 Roteiros Ambientais

📍 Estas dúas actividades NON precisan inscrición previa. Só tedes que achegarvos ao lugar, no día e á hora indicados, e participar!

ℹ️ Toda a información está dispoñible no cartel e tamén na web:
https://www.alados.es/aulanaturezaudra

Agardámosvos para seguir descubrindo e gozando da natureza de Cabo Udra! 💚

Organiza: Concello de Bueu
Xestiona: Alados Medioambiente

Photos from Alados's post 29/07/2026

🌿🐸Ecoexplorando Pontevedra deu comezo esta semana dentro da programación de .

Ata o venres, un grupo de rapazas e rapaces de entre 8 e 12 anos está a descubrir a natureza máis próxima da nosa vila, explorando a fermosa Senda do Río Lérez🌱

Durante o campamento combinamos educación ambiental e diversión ao aire libre:
🍃 Exploramos o bosque e o río.
🐾 Buscamos e identificamos rastros da fauna.
🌼 Aprendemos sobre a flora e a biodiversidade.
♻️ Realizamos pequenas accións de limpeza na senda para coidar o noso entorno.
🌱Realizamos diversos talleres ambientais
💚 Descubrimos a importancia de respectar e valorar a natureza!

E, por suposto, despois das aventuras… sempre queda un intre para refrescarnos cun bo chapuzón no río! 💦

Unha semana chea de aprendizaxes, xogos, exploración e moitas experiencias inesquecibles en contacto coa natureza🌱❤️

🌱 Actividade está organizada pola Concellería de Xuventude Pontevedra Xuventude do Concello de Pontevedra.
🦋 Xestionada pola Asociación Alados Medioambiente Alados Medioambiente

Photos from Alados's post 25/07/2026

Hoxe tivemos un bonito Obradoiro infantil na Aula da Natureza de Cabo Udra cheo de cores e cheiros a flores.

🌱🌸No Obradoiro de Ecoprint as crianzas decoraron fermosas bolsas de tea orgánica branca con flores e prantas empregando a técnica do ✨

🌸Unha técnica de tintado natural sen uso de productos químicos! 👏🏻

E mirade que chulas lles quedaron!

Agora teñen unhas bolsas únicas e ben fermosas para levar as cousas á praia🫶🏼☺️

-Aula da Natureza de Cabo Udra-

Organiza: Concello de Bueu
Xestiona: Alados Medioambiente

Próxima semana abriremos as inscripción para os Obradoiros de Agosto, asi que estade atentos á nosa web ! 👇🏻

www.alados.es/inscripciones

17/07/2026

Esta tardiña, ás 20:30 h vos agardamos na Aula da Natureza de Cabo Udra para un fermoso PASEO ao SOLPOR por este espectacular enclave! 🌅

Un Paseiño para disfrutar da posta do Sol
da fermosa paisaxe litoral
mentres aprendemos dos valores Naturais da contorna!

Unha actividade de balde apta para tódolos Públicos.

Animádevos!

📍Saída: Aula da Natureza de Cabo Udra
🕒 Horario: 20:30-21:30h

-Aula da Natureza de Cabo Udra-

Organiza:
Xestiona: .medioambiente

15/07/2026

Nalgún lugar perdido do Bosque...

Hai unha Tribu de nenos e nenas medrando silvestres e felices ✨🌱

✨Explorando

✨Experimentando

✨Descubrindo

✨Xogando

✨E aprendendo a disfrutar en calma,
rodeados de beleza natural
e conectados simplemente coa natureza 🌱✨

Aparte disto, que máis podrían necesitar?

-Campamento Bosquinenos-
Aventuras nos Montes de Saiáns 2026

Photos from Alados's post 09/07/2026

E así, coma se nada, levamos xa case tres semanas de Campamento nos Montes de Saiáns! 🪵✨

🧐 Ás veces preguntámonos: por que non publicamos máis nas redes sociais?

🥹 A resposta é sinxela: son tantos os momentos e detalles fermosos que é moi difícil trasladar con simples imaxes o que significa vivir unha INFANCIA LIBRE E FELIZ NA NATUREZA 🌱

Cada día é unha aventura:
🥾 Explorar sen présas.
⛰️ Subir ao Couto da Rapoza.
🫏 Visitar o noso amigo Tomás.
🐾 Descubrir pegadas agochadas.
🖌️ Experimentar coa creatividade.
⚒️ Construír un canastro, unha cabana, un tirapedras...
🦎 Observar a vida que ferve na charca.

Son tantas cousas que resulta imposible aglutinalas nunha soa publicación!

🎒Porque o máis valioso para estes pequechos e pequechas é VIVIR un verán en calma. Rodeados de bosque e de vida, xogando libres e contentos no máis profundo do monte. 💚

E aínda quedan outras 3 semaniñas!

Photos from Alados's post 07/07/2026

🦎Este verán Voltamos á Aula da Natureza de Cabo Udra

🌱 E vos temos preparadas un monte de actividades na Aula da Natureza e na súa contorna, destinadas a todos os públicos e coas que pretendemos potenciar o coñecemento e respecto dos valores naturais e paisaxísticos dun dos emblemas da vila, tanto entre a propia veciñanza como para o público visitante!

As actividades divídense en tres eidos:
🦎paseos ao solpor
🦎roteiros ambientais
🦎obradoiros infantis

e o programa arrancou xa esta fin de semana!
Tedes a info completiña, coma sempre, na nosa web e nos carteis (ligazón na BIO)

🫶🏼Grazas ao por confiar un ano máis en nós para xestionar a Aula!

Photos from Alados's post 26/06/2026

O pasado fin de Semana puxemos o broche final á tempada de Excursións escolares e Anpas cunha Xornada de Convivencia para Familias no Parque Forestal de Saiáns 🌳

Unha Xornada pensada para
disfrutar e aprender
Compartir e festexar
Xogar Sin prisas nin sobreestimulación
Rodeados de bosque e Natureza 🌱
E todo para pasar tempo de calidade en Familia ❤️

Nesta Xornada fixemos un roteiro polo Bosque para descubrir rastros de fauna 🐾
Visitamos o Muiño 🌾
Disfrutamos dun Xantar colectivo🧺
E xogamos, aprendemos e experimentamos en multitude de formas ☺️:
obradoiro de bricolaxe, ecoprint, antotipia, papel de reciclaxe, xogamos con pompas de xabon, exploramos a charca de anfibios, cocinamos con flores de bosque, deitámonos en hamacas nas árbores, entre outros moitas cousas!

Gracias á Anpa Bolboreta por escollernos para a vosa Xornada de Festa de Fin de Curso!🫶🏼

Foi unha ledicia acompañarvos nesta xornada de aprendizaxe e xogo no Bosque ❤️🌳
O nivel de suciedade da roupa dos nen@s foi directamente proporcional ao nivel de diversión! 😅😁🙈

👉🏼Estas Xornadas de Convivencia para Anpas no Parque Forestal de Saiáns é un proxecto promovido por .medioambiente en colaboración coa CMVMC de Saiáns e Montes de Vigo
Co obxectivo de promover un coñecemento e uso social do monte entre a cidadanía 🌱

Avanti Carballeira!!

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Bueu?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Página web

Dirección


Bueu
36392