CEIP Xuvencos Boborás

CEIP Xuvencos Boborás Colexio público de Educación Infantil e Primaria

O Nadal chega ao Xuvencos!!!!
21/12/2023

O Nadal chega ao Xuvencos!!!!

14/12/2023

Tivemos moitas actividades nas últimas semanas, unha das mais importantes foi a celebración do "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE: PARA ED. INFANTIL E 1º CICLO DE ED. PRIMARIA". Pasámosvos o enlace do blogue de biblioteca para que lle votedes unha ollada. Noraboa a todos e todas polo traballazo realizado.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/2142

Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares están recollidos diversos materiai...
01/12/2023

Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares están recollidos diversos materiais para traballar durante este mes así podedes atopar diversos materiais e contidos sobre ciencia en galego e tamén o MANIFESTO elaborado por Elena Vázquez Cendón , do que reproducimos aquí un pequeno anaco:
"A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".

Elena Vázquez Cendón


A nivel centro, propuxemoslle ao alumnado de ED. Primaria que investigasen e preparasen experimentos ( a poder ser relacionados cos alimentos , xa que imos na liña do noso PDI deste curso: XUVE SAUDABLE) para facer a demostración dos mesmos ao resto do alumnado.

Así, esta semana a "hora de ler" desenvolveuse dun xeito diferente: cada día un dos ciclos realizou os seus experimentos en dúas quendas para que o puidesen observar o resto do alumnado Un grupo fíxoo no patio "tapado " novo e o outro no patio , diante da nosa B.E. .
E así dividimos ao alumnado en 2 grupos que rotaron polos mesmos.
Foi unha actividade moi interesante , na que o alumnado buscou, experimentou e despois expuso diante do resto o que aprendeu .
Queremos agradecer ás titoras de ED. Primaria o traballo de investigación e coordinación que supuxo, para dar lugar a uns experimentos moi interesantes.

Aquí quedan fotos e un video:

ENLACE AO VIDEO:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/2139

Viva o Magosto!!!!!     O luns 13 de novembro, o alumnado e profesorado do CEIP Xuvencos celebramos o magosto. Bailamos ...
15/11/2023

Viva o Magosto!!!!!

O luns 13 de novembro, o alumnado e profesorado do CEIP Xuvencos celebramos o magosto. Bailamos e cantamos un montón e tamén comemos castañas e chourizos ben deliciosos. Aquí tedes un pequeno vídeo que resume o noso dia.

     O luns 13 de novembro, o alumnado e profesorado do CEIP Xuvencos celebramos o magosto. Bailamos e cantamos un montón e tamén comemos castañas e chourizos ben deliciosos. Aquí tedes un pequeno vídeo que resume o noso dia.

O martes 31 de outubro tivemos unha terrorífica celebración. O alumnado e o profesorado do colexio celebramos o SAMAÍN!!...
02/11/2023

O martes 31 de outubro tivemos unha terrorífica celebración. O alumnado e o profesorado do colexio celebramos o SAMAÍN!!!. Debemos dar a noraboa ao equipo de actividades complementarias, e todo o profesorado que se implicou e traballou moi duro para que os nenos e nenas do cole disfrutaran ao máximo.

Aquí vos deixo un video resumo das actividades.

FELIZ SAMAÍN!!!

O martes 31 de outubro tivemos unha terrorífica celebración. O alumnado e o profesorado do colexio celebramos o SAMAÍN!!!. Debemos dar a noraboa ao equipo de actividades complementarias, e todo o profesorado que se implicou e traballou moi duro para que os nenos e nenas do cole disfrutaran ao má...

Déixovos a entrada do blog de bibliotecas, onde recollen o traballo realizado coas recetas saudables de Samaín. Terrorif...
29/10/2023

Déixovos a entrada do blog de bibliotecas, onde recollen o traballo realizado coas recetas saudables de Samaín. Terrorificamente alucinate!!!! Noraboa a todo/as as mestras/es e alumndo

Hai 2 semanas, dende o equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua galega, lanzamos unha proposta ás aulas de ED. PRIMARIA: 

27/10/2023

O dia 25 de outubro celebramos no colexio o dia das bibliotecas. Nesta xornada amosamos ao alumnado o funcionamento da mesma. Ademais os rapaces e rapazas degustaron un delicioso almorzo saudable. Para rematar a xornada o alumnado de 5º e 6º fixo unha representación sobre o proxecto que levaremos a cabo no centro este curso, despois dun duro traballo de investigación ALFIN/ AMI dende as titorías e que ten que ver cos hábitos de vida saudables, o seu nome: "Xuve saudable"

Aquí tedes un pequeno video da recopilación de actividades:

Dirección

Rúa Evaristo Riande S/n/Almuzara
Boborás
32514

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 16:00
Martes 09:00 - 16:00
Miércoles 09:00 - 16:00
Jueves 09:00 - 16:00
Viernes 09:30 - 13:15

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP Xuvencos Boborás publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría