01/06/2026
Rematou maio e con el rematamos tamén o proxecto R.A.I.Z., a Rede de Acción e Igualdade en Zonas Rurais, cun equipazo de xóvenes chegadas de A Coruña, A Estrada, Madrid, Murcia, O Porriño, Vigo, Vilagarcía...
Dende outubro, coñecimos e visitamos con elas un feixe de iniciativas sociais, empresariais e asociativas lideradas por mulleres nos concellos da contorna, e este sábado día 30 foi o momento de devolverlles tanta gratitude co evento final do programa, na Área Recreativa do Roseo, en Vilasantar.
Perante todo infinitas grazas ás entidades que nos acompañaron e axudaron a darlle forma ao evento de onte: , Marta de , , Agrupación Musical de Mesía, .taberna e
Moitas grazas ao e ao seu Alcalde e Concelleiros por abrirnos as portas e facernos sentir coma na casa unha vez máis, e á súa responsable de Comunicación por volcarse con nós e axudarnos coa difusión.
E non podemos máis que agradecer a todas as entidades que donaron os petiscos para toda a xornada: , Restaurante Express, Carnicería Vane e Bar Mesía do Concello de Curtis; Bar O Pico, Panaderia Varela, Casa Mosquera, Bar Faustino, Casa Zapateiro, Casa de Bello e Casa Grande de polo Concello de Mesía; Bar O Cruce do Concello de Vilasantar; La Piazzeta, Carnicería Varela, e Aliprox de Sobrado. E a e que fixeron as doazóns das árbores que plantamos na Área Recreativa da Píntega 🌱
Isto sería imposible sen todas vos! 💚
..
R.A.I.Z. é un proxecto financiado pola Unión Europea.