CEIP Plurilingüe Belesar

CEIP Plurilingüe Belesar Colegio Plurilingüe de Educación Infantil y Primaria.

Luces, cámara... e acción en galego! 🎬3º estreou hoxe a súa primeira obra de teatro. Reparto de luxo: un raposo, unha mo...
17/06/2026

Luces, cámara... e acción en galego! 🎬
3º estreou hoxe a súa primeira obra de teatro. Reparto de luxo: un raposo, unha mofeta, unha serpe e un ourizo 🦊🦨🐍🦔
Contaron unha historia, rimos moito e falamos galego sen medo. Que máis se pode pedir?
Gustoulles tanto que xa piden bis!

O alumando de Infantil recibiu a visita de Tonya de Kids&US. O alumnado de 3,4 e 5 anos gozou do conto A taste of the Mo...
16/06/2026

O alumando de Infantil recibiu a visita de Tonya de Kids&US. O alumnado de 3,4 e 5 anos gozou do conto A taste of the Moon dun xeito divertido e moi interactivo. Para rematar cantamos e bailamos ao son dos animais da selva. Pasámolo moi ben!!!

&us

Durante o primeiro trimestre o Claustro de mestres de Belesar aprende coas fantásticas ensinazas do divulgador científic...
11/06/2026

Durante o primeiro trimestre o Claustro de mestres de Belesar aprende coas fantásticas ensinazas do divulgador científico Jose Valtierra. Nesta ocasión as aprendizaxes estiverosn centradas na cultura e no mundo Castrexo. A súa forma de vida dentro dunha vivenda circular. A fundición. O tratamento dos alimentos, a alimentación e o vestido con lá e liño, curiosidades sobre a vida cotiá nos Castros e a enorme importancia da tradición oral dado que se trataba dunha cultura ágrafa.

En 3º estamos viaxando ata Roma 🏛️ E para entender mellor como xogaban os nenos e nenas romanos, xogamos ao Terni Lapill...
10/06/2026

En 3º estamos viaxando ata Roma 🏛️ E para entender mellor como xogaban os nenos e nenas romanos, xogamos ao Terni Lapilli: "tres pedras" ou "pedras de tres en tres". É o xogo máis antigo parecido ao noso tres en raia. Só necesitaban 3 pedras cada un e un taboleiro debuxado no chan. Sinxelo, pero adictivo 😄Aprender historia xogando... así si!

En 1° de Primaria estamos estudando os animais e as súas características.Así é como, L.G. trouxo a clase as súas crías d...
09/06/2026

En 1° de Primaria estamos estudando os animais e as súas características.Así é como, L.G. trouxo a clase as súas crías de codorniz para coñecer e observar como son.Ademais explicounos que non todos os ovos son iguais e amosounos algúns das súas aves.Sodes capaces de adiviñar de que son?

Sabedes como se chama a xente de Segovia, Cádiz ou Ceuta? En 3º descubrímolo xogando 🗺️O alumnado traballou os xentilici...
08/06/2026

Sabedes como se chama a xente de Segovia, Cádiz ou Ceuta?

En 3º descubrímolo xogando 🗺️O alumnado traballou os xentilicios cun xogo de mesa de facer parellas. Carta a carta foron relacionando cidades coa forma de chamar ás persoas que viven nelas. Malaga con malageño, Valencia con valencianol, Huelva con onubense...Aprender xogando fai que as palabras se queden mellor e que nos riamos mentres memorizamos!

En 3º puxémonos a proba co tempo ⏰O alumnado estivo practicando as horas en reloxos analóxicos e dixitais. Primeiro lemo...
05/06/2026

En 3º puxémonos a proba co tempo ⏰

O alumnado estivo practicando as horas en reloxos analóxicos e dixitais. Primeiro lemos as agullas, despois pasámolas ao formato dixital e viceversa. Entre risas e algún que outro "ah, xa o pillo", perdéronlle o medo ao reloxo.Pequenos pasos que fan que manexar o tempo sexa algo seu, non un lío de números!

En 6º fixemos unha visita a horta para comprobar o estado das leitugas. Despois de observalas decidimos que xa estaban l...
04/06/2026

En 6º fixemos unha visita a horta para comprobar o estado das leitugas. Despois de observalas decidimos que xa estaban listas para ser recollidas. Foi un intre apaixonante no que vimos que o noso esforzo foi recompensado cun producto final como foron neste caso as leitugas que degustaremos os próximos días nas nosas casas.

En 3º convertimos a aula nun receitario en vivo 🍳📖O alumnado trouxo as súas receitas escritas da casa e algunhas prepará...
03/06/2026

En 3º convertimos a aula nun receitario en vivo 🍳📖O alumnado trouxo as súas receitas escritas da casa e algunhas preparáronas para compartir cos compañeiros. Houbo risas, probas, sabores novos e moito traballo en equipo.Aprender a seguir instrucións, medir, organizarse e compartir: todo iso cabe nunha receita.Grazas ás familias por animarse a participar dende a casa.

En terceiro pechamos o tema de materia e enerxía cun experimento que molou moito 🌋✨En 3º fabricamos a nosa propia lámpad...
02/06/2026

En terceiro pechamos o tema de materia e enerxía cun experimento que molou moito 🌋✨En 3º fabricamos a nosa propia lámpada de lava caseira. Mesturamos auga, aceite, colorante e unha pastilla efervescente para ver a reacción en directo. Burbullas, cores e movemento que parecen maxia, pero son pura química.A mellor forma de rematar: observar, facer hipóteses e sorprenderse.

Dirección

Barrio Belesar 46, Baiona
Belesar
36307

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 18:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP Plurilingüe Belesar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CEIP Plurilingüe Belesar:

Atajos

Compartir

Categoría