CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño

CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño Páxina do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño de Begonte

07/04/2026

O 🏟️ Pavillón Municipal de Baamonde acolleu unha Xornada de Deportes Alternativos, na que participou o noso alumnado de 3º e 4º de primaria xunto con outros centros da contorna.

Foi un día cheo de movemento, diversión e convivencia, no que os nenos 👦 e nenas 👧 gozaron practicando deportes diferentes, como o Kinball e o Cachibol 🏐

Queremos destacar o bo ambiente, o compañeirismo e as gañas de participar de todos os centros implicados 👏💙

Seguimos apostando polo deporte como ferramenta de aprendizaxe e valores!

O noso alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha xornada de deporte inclusivo organizada pola Fundación ENKI no E...
10/03/2026

O noso alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha xornada de deporte inclusivo organizada pola Fundación ENKI no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo🏃‍♀️🏀

Durante a mañá tiveron a oportunidade de coñecer e probar diferentes deportes adaptados, como boccia, baloncesto en cadeira de rodas, goalball, vólei sentado ou atletismo guiado para persoas con discapacidade visual. Unha experiencia moi enriquecedora que lles permitiu aprender, divertirse e comprender que o deporte é para todas as persoas. 🤝

Este tipo de actividades axudan a sensibilizar desde a infancia e a seguir construíndo unha sociedade máis inclusiva, respectuosa e xusta. 🌍💙

Grazas á Fundación ENKI por facer posible esta experiencia!

06/03/2026

8M ♀️Día da muller 🌍💜

Unha data para reivindicar a igualdade e a necesidade dunha sociedade xusta e equitativa ⚧️

Poñemos en valor a traxectoria dunha muller que se atreveu a observar con paciencia, a escoitar a natureza e a demostrar que a ciencia tamén se constrúe con empatía; falamos de Jane Goodall 👨🏼‍🦳

Camiñamos un pasiño máis no noso proxecto "Que animalada!" da man desta gran muller e o seu traballo cos chimpancés🐵

Unha muller que rompeu as barreiras da ciencia nunha época na que as mulleres non tiñan cabida no ámbito da investigación.

📚✨ Este ano o encontro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares é un pouco máis especial para nós.Como cada curso, o ...
05/03/2026

📚✨ Este ano o encontro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares é un pouco máis especial para nós.

Como cada curso, o CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño participa neste encontro anual no que se comparten ideas, experiencias e proxectos arredor das bibliotecas escolares.

Ata agora asistíamos como espectadores, aprendendo das iniciativas doutros centros, pero este ano damos un paso máis.

A nosa coordinadora de biblioteca, Genma, foi convidada a participar nunha mesa redonda sobre o traballo das bibliotecas escolares nos centros do rural. 🌿📖

Un orgullo enorme poder levar a nosa experiencia, a nosa ilusión e o noso traballo a este espazo de encontro entre 1.000 escolas de Galicia. 😙

Porque nas bibliotecas do rural tamén pasan cousas moi grandes: nacen lectores, medran ideas e constrúense comunidades arredor dos libros. ❤️

Seguimos facendo da nosa biblioteca un lugar vivo, cheo de historias, curiosidade e aprendizaxe.

04/03/2026

Levamos a cabo unha nova actividade complementaria dentro do programa Proxecta+, no que ao noso centro lle foi concedido o Plan de Vida Activa e Deportiva na súa modalidade Xogade.

Nesta ocasión realizamos unha saída a Pastoriza, onde os nosos nenos e nenas participaron nunha xornada de bádminton xunto con alumnado doutros concellos da comarca.

Unha experiencia moi enriquecedora que se enmarca dentro dos obxectivos do plan, fomentando a práctica regular de actividade física e a adquisición de hábitos saudables a través de vivencias motivadoras, compartindo deporte, compañeirismo e diversión.

Seguimos sumando quilómetros de vida activa! 💪😊

📚✨ ¡Abrimos o prazo de admisión para o vindeiro curso! ✨📚Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión de alumna...
27/02/2026

📚✨ ¡Abrimos o prazo de admisión para o vindeiro curso! ✨📚

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión de alumnado para o próximo curso escolar.

Se estás buscando un colexio onde medrar, aprender e compartir experiencias inesquecibles, este é o momento 💙

No noso centro apostamos por unha educación próxima, de calidade e centrada no desenvolvemento integral de cada alumno e alumna.

🗓 Prazo: do 1 ao 20 de marzo
🌐 Máis información: consulta todos os detalles na páxina web do colexio.

Agardámoste para formar parte da nosa comunidade educativa! 🙌

12/02/2026

📢 Xornada de Portas Abertas no CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño‼️

O vindeiro martes 24 de febreiro ás 16:15 horas abrimos as portas do noso cole para todas aquelas familias que queiran coñecernos de preto.

Será unha oportunidade perfecta para descubrir as nosas instalacións, o noso proxecto educativo, o ambiente que se vive no día a día e resolver todas as dúbidas de cara ao próximo proceso de matrícula.

Se estades buscando un cole onde medrar, aprender e compartir, agardámosvos!🤗

✨ Vinde coñecernos e formar parte da nosa comunidade educativa.

04/02/2026

🌍🐼🦋 Emocións en perigo… pero cheas de esperanza!

O noso alumnado de 1º a 4º de Primaria visitou a exposición fotográfica “Emocións en perigo” de Tim Flach na Sede Afundación de Ferrol.

Unha viaxe visual impresionante polos ollos dun dos mellores fotógrafos de animais do mundo: axolotes que sorrín, pandas xigantes coa mirada doce, peteiros zapato que parecen saídos doutro planeta, guacamayos de Spix, bolboretas monarca, voitres africanos… todos en perigo de extinción. 💔

As súas fotos non só son fermosas, fan que sintamos o que eles senten. E iso cambia todo.

Despois, no obradoiro creativo, decoramos os nosos propios axolotes e construímos o seu hábitat acuático. ¡Quedaron preciosos! 🐸✨

Coidar o planeta comeza por coñecelos e querelos.

19/01/2026

A semana pasada participamos, xunto con outros colexios da comarca, no torneo escolar de Datchball celebrado no Polideportivo Municipal de Rábade, dentro do programa Xogade.

Foi unha xornada deportiva chea de xogo limpo, compañeirismo e moitas ganas de pasalo ben.

O noso alumnado deu o mellor de si, demostrando respecto, esforzo e espírito de equipo, valores fundamentais do deporte escolar.

Parabéns a todos e todas pola vosa actitude e participación.

Artigo da Revista Eduga sobre a biblioteca do noso centro, A Casiña de Faiuco, como exemplo de boas prácticas no ámbito ...
18/12/2025

Artigo da Revista Eduga sobre a biblioteca do noso centro, A Casiña de Faiuco, como exemplo de boas prácticas no ámbito das Bibliotecas Escolares galegas.

Ter espazos pensados e estruturados na biblioteca escolar inflúe directamente en como as persoas usuarias van participar e facer uso dela. Debemos darlles forma, que sexan accesibles, inmediatos, que se entendan e se usen áxil e comodamente por parte das persoas usuarias. A configuración dos espa...

¡Mañá venres 19 de decembro celébrase no CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño a auténtica FESTA DE NADAL! 🎄✨Prepárense que ...
18/12/2025

¡Mañá venres 19 de decembro celébrase no CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño a auténtica FESTA DE NADAL! 🎄✨

Prepárense que o día vai ser unha loucura de risa e diversión:

😂 Empezamos forte, con PETER PUNK, o rei dos pallasos que nos vai deixar a barriga doendo de tanto rir (e a lingua fóra, como na foto!).

🎬 Despois, sesión de cine na casiña de faiuco coa curta "Los Tipos Malos: Una Navidad muy mala" – porque ata os viláns merecen un Nadal caótico!

🔔 E para rematar, o momento máis esperado: as BADALADAS co noso reloxo especial... e un estrea-anuncio que vos vai deixar coa boca aberta! 👀: AGASALLOS QUE LATEXAN! 🎁 (Si, si, ledes ben... agasallos que latexan, porque neste cole ata as sorpresas son orixinais)

Non faltedes, que mañá o cole convértese no epicentro da diversión do Nadal! 🌟

Dirección

Rúa Da Igrexa, S/n
Begonte

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 16:00
Martes 09:30 - 16:00
Miércoles 09:30 - 16:00
Jueves 09:30 - 16:00
Viernes 09:30 - 16:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño:

Compartir

Categoría