30/12/2025
Despois de anos de camiño compartido, chega o momento de despedir este proxecto tan especial.
Máis de 20 nenos e nenas medraron aquí, rodeados de coidado, respecto e alegría, nun espazo pensado para acompañalos nos seus primeiros pasos con agarimo e seguridade.
Nada disto tería sido posible sen a confianza das familias, que depositaron o máis valioso que teñen nas miñas mans.
Grazas por crer, por acompañar e por formar parte desta pequena gran historia.
Levo comigo recordos fermosos, moitas aprendizaxes e moito orgullo polo vivido.
Grazas de corazón e felices festas. 💙