Comercio de Baiona

Comercio de Baiona Campañas de promoción do comercio local, hostalería e restauración en Baiona - ACEBA

15/08/2026

😎☀Despois do eclipse de sol… chega outro eclipse que non vas querer perder.
💥 Do 15 ao 16 de agosto, eclipsamos os prezos no Mercado na Rúa de Baiona en Vela.
Roupa, calzado e complementos a prezos que tamén te van deixar eclipsado… e sempre do comercio local 💙

📅 15 e 16 de agosto
📍 Rúa Carabela La Pinta
🛍️ Mercado na rúa de roupa e complementos
👗 Participan comercios locais como Los Tejanos, Atleet Dorna Sport, Las Cosas de Noe Shop, Alambike Creativo, Sensus by Ana, Diente de León 84, NAC Complementos, A&J Complementos, El Armario de Alia, Silverman, Cousiñas, Closet Moda, South Korea, Corchete, Óptica Real e Abba Moda.... entre outros

🤝 Organiza Aceba Baiona coa colaboración da Comercio galego da Xunta de Galicia e o Concello de Baiona

⛵️ Sae, compra e desfruta do verán no mellor ambiente.
GaliciaMáxica TurismoGalicia

🔥 A maxia de San Xoán chega á Praia da Ribeira en Baiona!  Este 23 de xuño dende as 17:00h, Baiona énchese de música, sa...
20/06/2026

🔥 A maxia de San Xoán chega á Praia da Ribeira en Baiona!
Este 23 de xuño dende as 17:00h, Baiona énchese de música, sabor e tradición.

🎶 The Karaoke Experience con temazos dos 80 e 90 animará a festa ata o acendido da fogueira ás 00:00h, cando o lume purificador iluminará a noite máis curta do ano.

🐟 🥖Zona Gastro Queimada Gastrobar con Sardiñas con pan de millo, auga ou viño.
🐷bocata de porco asado con chimichurri morno, queixo de San Simón e pementos verdes fritidos.

Un plan perfecto para celebrar o San Xoán á beira do mar! 🌊✨



Colaboran Comercio galego Xunta de Galicia
Concello de Baiona Turismo de Baiona
Organiza Aceba Baiona

03/05/2026

Baiona Latexa por Mamá 💐

💕 O corazón latexaba cando chegabas a casa.
Latexaba na cociña, nas noites,
E esta semana, Baiona latexa tamén.

Este Día da Nai, non merques por cumprir.
Merca onde sempre latexou a túa historia. 🌊
No comercio de barrio, onde te coñecen,
onde o sentimento latexa entre as estanterías e as conversas,

Escolle algo que faga latexar o seu corazón.

🎁 Ademais, o comercio de Baiona sorteamos ata 200 € por ticket para seguir mercando na vila

📍 Por cada 10 € de compra nos comercios adheridos, recibe 1 participación.

📅 Do 28 de abril ao 3 de maio.

👉 Pide o teu ticket nas tendas participantes e rexístrao en https://plus.aceba.com

Un regalo para mamá - Un premio para ti - Un xesto co comercio de Baiona💙

Coa colaboración da Xunta de Galicia

Dirección

Bayona
36393

Teléfono

+34986355029

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Comercio de Baiona publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir