Barosa Educa

Barosa Educa Un espacio para ensinar a historia dos Muiños tradicionales e a elaboración do pan

12/03/2015

Este domingo 15 de Marzo temos programada una ruta de senderismo PR G-105 que parte dende Barosa. Temos preparado aperitivos, diplomas de participación e un xantar por 12 € persoa. ¡¡¡Xa nos poñemos en movemento!!! Parece ser que imos ter un xeitoso día de Sol. Podedes levar o can. Apúntate e fai a túa reserva: 633 504021

O próximo 20 de febreiro arrancamos a actividade de visitas didácticas de Centros Educativos para o ano 2015 en Muíños d...
10/02/2015

O próximo 20 de febreiro arrancamos a actividade de visitas didácticas de Centros Educativos para o ano 2015 en Muíños de Barosa
O primeiro colexio en visitarnos será o CEIP A LAXE de Marín.
O ano pasado pasaron por Muíños de Barosa máis de 3.000 nenos dende infantil ata a ESO de diversos colexios da provincia de Pontevedra e A Coruña.
Os colexios optan por facer a excursión a Muíños de Barosa porque poden integrar na mesma visita a parte didáctica para que os nenos aprendan de historia dos muíños, taller de pan.... coa parte lúdica e que os nenos poidan disfrutar de unha paraxe sen igual como é o entorno de Barosa, a sua ruta de sendeirismo etc.
As visitas poden ser de mañan, de tarde ou algúns centros optan por facela de día enteiro. De este xeito os nenos comen no parque de A Barosa e pola tarde poden disfrutar de xogos con monitores no parque, facer a ruta de sendeirismo PR-G105 (RUTA DE SENDEIRISMO PR-G105) ou simplemente disfrutar das fervenzas e bañarse no río. É por este motivo polo que moitos centros se decantan por facer a excursión de fin de curso os Muíños de Barosa.

Para máis información e reservas poden contactar con nos

JORGE LÓPEZ
MUIÑADA DE BAROSA, S.L.
[email protected]
Tf. 655952805

10/02/2015

Visitas didácticas de colexios os Muíños de Barosa. "O cheiro do muíño"

09/02/2015

Visita didáctica de colexios a Barosa. Clase de funcionamento do muíño :)

07/02/2015

Visita didáctica de colexios a Muiños de Barosa. En este video facendo un croissant para ensinarlle os nenos . :)

03/02/2015

VISITA DIDÁCTICA DE CENTROS EDUCATIVOS OS MUÍÑOS DE BAROSA

O que pretendemos con esta visita didáctica e que os nenos do seu colexio aprendan como funcionan os muíños, a súa historia, como funciona un forno de pedra e os procesos da elaboración do pan.
Ensinarémoslle os distintos tipos de cereais, como o moelos se consigue a fariña, mostrarlle os nenos os diferentes ingredientes que leva a masa para elaborar o pan.
Asómesmo faremos un taller de amasado de pan para que os nenos elaboren cada un o seu propio bolo e por último ensinarlles o forno para que aprendan como a partir da masa e despois do cocido desta conseguimos ter pan.
MUIÑADA DE BAROSA
www.barosa.es
JORGE LÓPEZ
TF. 655 95 28 05

Dende Muiñada de Barosa queremos darvos a benvida a todos a esta páxina de facebook. Dende este sitio facebook vos infor...
20/01/2015

Dende Muiñada de Barosa queremos darvos a benvida a todos a esta páxina de facebook. Dende este sitio facebook vos informaremos de todas as actividades educativas que levamos a cabo en Muiñada de Barosa. Estas actividades xiran en torno a ensino do funcionamento dos muíños de auga tradicionais, elaboración de pan e derivados, historia dos muíños, fauna e flora de ribeira de río etc. Dirixirémonos a colexios, colectivos educativos e a todos aqueles que estean interesados en descubrir un patrimonio histórico e natural no corazón de O Salnés..
Arranca BarosaEduca!

Dirección

Barro
36191

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Barosa Educa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Barosa Educa:

Atajos

Compartir

Categoría