Aula CEMIT O Vicedo

Aula CEMIT O Vicedo Esta página es para que podáis estar al tanto de nuevas noticias sobre el aula y también para que os mantengáis al tanto de novedades en nuevas tecnologías

19/08/2026

💪 Quen dixo que a robótica non cansa?Na aula hoxe puxémonos en forma... programando!

Construímos este robot que adestra na barra e fai dominadas sen parar grazas a micro:bit.

🦾🛹Deseño, engranaxes, código e moito esforzo en equipo para darlle vida peza a peza.

Dálle ao play para ver como supera o reto!

📹🔥Cantas dominadas pensas que é capaz de facer? Déixanos a túa aposta nos comentarios! 👇

19/08/2026

Os nenos e nenas foron os primeiros en probar os novos robots acabados de saír na páxina de Elecfreaks.
Dálle ao play para velos en acción no vídeo!

🎬🧠 Creatividade, código e moito talento en equipo.

🎉 Lembrámosvos que o luns 3 de agosto a aula CeMIT estará pechada por ser festivo local.Aproveitamos para desexarvos a t...
31/07/2026

🎉 Lembrámosvos que o luns 3 de agosto a aula CeMIT estará pechada por ser festivo local.
Aproveitamos para desexarvos a todos que desfrutedes moito das festas.
Desculpen as molestias. Vémonos de volta o martes coas pilas cargadas! 💻✨
Pasádeo ben!

27/07/2026
Obxectivo cumprido! 💻✨ Celebramos con gran éxito os obradoiros da Casa Domótica Accesible dentro da iniciativa Girl STEA...
27/07/2026

Obxectivo cumprido! 💻✨
Celebramos con gran éxito os obradoiros da Casa Domótica Accesible dentro da iniciativa Girl STEAM na Aula CeMIT do Vicedo.
Durante estas xornadas, a rapazada de 9 a 16 anos aprendeu a deseñar solucións para unha casa sostible e eficiente.
Agradecemos á Xunta de Galicia, á Amtega e ao CPEIG por facer posible estas actividades que impulsan o talento tecnolóxico do futuro.
Podes ver o gran traballo dos participantes 📸👇

Volven os obradoiros tecnolóxicos "maker" de Argallando entre Xeracións.Se tes entre 12 e 18 anos, esta é a túa oportuni...
09/07/2026

Volven os obradoiros tecnolóxicos "maker" de Argallando entre Xeracións.
Se tes entre 12 e 18 anos, esta é a túa oportunidade para aprender:
🔹 Deseño e impresión 3D
🔹 Electrónica e Robótica
🔹 Programación e moito máis!
🚀 Un proxecto con impacto social! Despois das 7,5 horas de formación, os rapaces e rapazas participarán nunha sesión especial de demostración aberta ás persoas maiores. Unha experiencia única para conectar xeracións a través da tecnoloxía!
Deixemos voar a creatividade e a innovación xuntos. O futuro lévase nas mans!
📍 Onde: CeMIT O Aula CEMIT O Vicedo
📅 Cando: 27, 28 e 29 de xullo
⏰ Horario: 11:00 a 13:30 h
💰 Prezo: De balde! (Gratuíto)
📩 Inscricións xa abertas:
Envía un correo a [email protected], por teléfono 982590195 ou na ligazón: https://cemit.xunta.gal/.../formacion-presencial/55385
ℹ️ Toda a info en: www.argallando.gal
Non fiques sen a túa praza, os postos son limitados! Axúdanos a compartir!

💡 Buscas un plan produtivo, tecnolóxico e divertido para os teus fillos este verán? 🤖Tras o gran orgullo de recibir un p...
02/07/2026

💡 Buscas un plan produtivo, tecnolóxico e divertido para os teus fillos este verán? 🤖
Tras o gran orgullo de recibir un premio a pasada edición, dinamizamos de novo aos rapaces de 12 a 18 anos para que participen en Argallando entre Xeracións no CeMIT do Vicedo.Unha formación práctica en robótica, deseño 3D e programación que espertará o seu enxeño.

🚀 Un proxecto con impacto social! Despois das 7,5 horas de formación, os rapaces e rapazas participarán nunha sesión especial de demostración aberta ás persoas maiores, pais,avós... Unha experiencia única para conectar xeracións a través da tecnoloxía!

E o mellor: é 100% de balde! Inscricións abertas enviando un correo a [email protected] ou no teléfono 982590195. Melloremos o resultado do ano pasado en equipo! 💪

🎬 CURSO DE CROMA E EDICIÓN DE VÍDEO EN O VICEDO 🎬Buscas unha actividade divertida e útil para os teus fillos este verán?...
26/06/2026

🎬 CURSO DE CROMA E EDICIÓN DE VÍDEO EN O VICEDO 🎬Buscas unha actividade divertida e útil para os teus fillos este verán? Na Aula CeMIT da Casa da Cultura axudámoslles a converterse en auténticos creadores de contido.
🔹 Para quen? Nenos e nenas a partir de 10 anos.
🔹 Cando? Todos os venres, do 3 de xullo ao 4 de setembro.
🔹 Horario: De 11:00 a 13:00 h.
💰 Prezo: De balde
⚠️ PRAZAS LIMITADAS! Non quedes sen a túa.
📲 Inscricións:
📞 Chama ao 982 59 01 95
✉️ Escribe a [email protected]
📥 Ou déixanos un mensaxe privado

🚀 NOVOS CURSOS PARA NENOS E RAPACES 🚀Estás buscando unha actividade divertida e útil para os máis novos? Xa están aberta...
25/06/2026

🚀 NOVOS CURSOS PARA NENOS E RAPACES 🚀
Estás buscando unha actividade divertida e útil para os máis novos? Xa están abertas as inscricións para os cursos tecnolóxicos na Casa da Cultura!
💻✨ Isto é todo o que temos preparado:
👧🧒 A partir de 8 anos:
🔹 Mecanografía + Robótica: martes de 10:30 h a 12:30 h.
🔹 Mecanografía + Ofimática: mércores de 11:40 h a 13:45 h.
🔹 Mecanografía + Programación con Scratch: xoves de 11:30 h a 13:30 h.
👦👩 A partir de 10 anos:
🔹 Croma e edición de vídeo: venres de 11:00 h a 13:00 h.

📍 Onde? Aula CeMIT (Casa da Cultura o Vicedo).
📅 Duración: ata o 4 de setembro.
💰 Prezo: GRATUÍTOS!
📝 Inscricións abertas! Prazas limitadas por orde de inscrición! Agradecemos a difusión.
Para máis información ou para reservar a túa praza, ponte en contacto connosco:
📞 982 59 01 95
📧 [email protected]
📥 Ou déixanos un mensaxe privado

📢 Aviso importante: Horario de verán e novos cursos en camiño!Despois de desfrutar este finde coas festas do Carmen o vi...
19/06/2026

📢 Aviso importante: Horario de verán e novos cursos en camiño!

Despois de desfrutar este finde coas festas do Carmen o vindeiro luns estreamos o horario de verán:
🗓️ Luns a venres | ⏰ 10:00 a 14:00 h

Moi pronto activaremos a nova programación de cursos para este verán 🏖️. Estamos ultimando os detalles para ofrecervos a mellor formación dixital.

Seguiremos informando! Feliz fin de semana festivo a todos! ☀️✨

Dirección

Francisco Vilasuso
Baixo
27860

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 20:00
Martes 16:00 - 20:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 16:00 - 20:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aula CEMIT O Vicedo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Aula CEMIT O Vicedo:

Compartir

Categoría