15/06/2026
Arzúa viviu unha xornada histórica!!
Esta fin de semana Arzúa acolleo o I Campionato Oficial de Combatlon no pavillón municipal do viso.
Un ambiente deportivo e de sorpresa atoparon todos os que ata alí se achegaron para ver como os deportistas competian en Esgrima, Loita e Kickboxing, tres disciplinas reunidas nun mesmo deporte,a versión deportiva do gladiador ou dos celtas,sen dúbida un deportista muy completo nun formato competitivo, lúdico e estimulante,para os nenos un xogo,para os adultos un reto.
O campionato organizado pola Escola Ayude co seu corpo técnico, Cora, Aron, Nahum e Jose Ayude. Tamen Nerea Iglesias, Cristina Regueiro, Antonio Abuin, Daniel Sobrado e Fernando Vázquez que fixeron que todo foxe rodado.
Deportistas de toda Galicia achegáronse a Arzúa para conseguir medalla neste Campionato histórico,escolas de gran relevancia no mundo dos deportes de combate, a Escola Artai de Ourense, Olimpia de Carballiño, Keltoi de Vila de Cruces, Compostela Esgrima de Santiago,Two Warriors Academy de Lalin..
Os resultados por equipos foron:
1ºEscola ayude
2º Keltoi
3º Two Warriors Academy
Do campionato sairon varios campións de Galicia de todas as categorias que recolleron as súas preseas con moita ilusión, ilusión que trasmitiu na comida de confraternidade que se fixo nun local de Arzúa(os Catro Ventos) onde os deportistas seguiron compartindo experiencias.
Ao final tamén, A Escola Olimpia de Carballiño presentou una exhibición de Haidong Gumdo(Espada Koreana)arte marcial que domina o arte da Katana dirixida polo seu adestrador Lucas Egas.
Dalas gracias a Xosé Piñeiro pola súa aportación a ista competición e ao combatlon en xeral,tamén ao corpo Técnico da Secretaria Xeral para o Deporte polo seu apoio e ao Concello de Arzúa pola sua acollida e a boa disposición tanto do seu Rexidor Xoan Carril como ao seu técnico de deportes Luis Otero.
Na foto o equipo da Escola Ayude de Arzúa