02/08/2026
Hoxe por fin fomos capaces de ler todo o bonito que as familias escribiron o venres na merenda de despedida e deixaron colgado na árbore dos recordos. Ata hoxe non tivemos a forza suficiente xa que sabíamos que iba a ser un momento duro e bonito a partes iguais.
Unha vez máis só nos queda darvos as grazas a tódalas familias que durante todos estes anos formástedes parte da pequena gran familia de O Berce ❤️❤️❤️❤️❤️❤️