29/08/2026
O verán vai chegando ao seu fin... pero aínda podemos recuperar algúns dos seus sabores.
Durante o campamento A volta ao mundo en 30 días, os mércores tocaba poñer o mandil e coñecer cada continente tamén a través da súa gastronomía.
Como cociñabamos cos nenos e non queriamos empregar lume, buscamos receitas sinxelas, que puidesen preparar eles mesmos e sempre en frío.
Neste carrusel recuperamos tres das nosas favoritas:
🧆 Hummus, na nosa semana por África.
🍙 Onigiris de atún, durante a viaxe por Asia.
🥑 Guacamole con nachos, na parada por América.
Nos onigiris empregamos lactonesa porque durante o campamento tiñamos que adaptar a receita por unha alerxia, pero na casa podedes facelos con maionesa, lactonesa ou veganesa. A gusto do consumidor!
E si, faltan dous continentes. En Oceanía preparamos Fairy Bread: pan, manteiga e unha cantidade bastante pouco discreta de azucre e sprinkles. É tan sinxelo —e tan azucrado— que pensamos que non precisabades unha receita para reproducilo na casa.
E en Europa cambiamos a cociña por unha visita ao obradoiro de Helados O Avó Allariz, onde aprendemos como se elaboran os xeados artesáns e, o máis importante, puidemos degustalos.
Así que, antes de gardar definitivamente o verán, aquí vos deixamos tres receitas do campamento para repetir na casa cos pequenos.
Cal fariades primeiro?