Confapa-Galicia

Confapa-Galicia Confederación galega de ANPAS de centros públicos, foi fundada no ano 1.987 polas Fed. Prov. de ANPAs de Centros Públicos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Integrada en CEAPA. CONFAPA-GALICIA (Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos) é unha entidade social, galega, non confesional, progresista e independente, sen ánimo de lucro, fundada no ano 1987 polas Federacións Provinciais de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que traballa por unha escola pública de calidade, lograr o éxito escolar do todo o alumnado, de

mocratizar o Ensino e mellorar as condicións da Infancia. Somos a maior Confederación de ANPAs de Galicia, pois agrupamos a preto de 600 Asociacións de Nais e Pais do Alumnado, exclusivamente de Centros Públicos, asociadas as nosas catro federacións provinciáis, o que supón máis de 75.000 familias, coas que traballamos por unha escola pública de calidade, lograr o éxito escolar do todo o alumnado, democratizar o Ensino e mellorar as condicións da Infancia. Por iso somos o interlocutor principal das nais e país ante a Xunta de Galicia nas súas negociacións sobre as accións e políticas a impulsar no sistema educativo. O noso domicilio está na rúa Orzán nº 21 de A Coruña, nun edificio cedido polo Concello desta cidade e que compartimos coa Federación Provincial da Coruña e o Consello Escolar Municipal. CONFAPA-GALICIA ten por obxecto:

A) Acadar un ensino de alta calidade, gratuíto e que desenvolva a personalidade humana no respecto aos principios democráticos da convivencia e aos dereitos e liberdade, ao abeiro do que determina a Constitución Española de 1978 así como a Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación. B) Coordinar a actuación das Federacións Provinciais nela integradas en orde á mellor consecución dos seus obxectivos. C) Representar ás Federacións asociadas ante a Administración Autónoma de Galicia e ante a Administración Central do Estado. D) Fomentar o desenvolvemento das ANPAs e das Federacións constituídas por istas, promovendo cantas actividades sexan precisas, así como facilitando información e asesoramento ás ANPAs e Federacións. E) Promover a participación das nais e pais de alumnos a través das ANPAs e Federacións destas nos órganos de goberno dos Centros Públicos e nos órganos de participación na Administración Educativa que a lexislación vixente determine. F) Potenciar a lingua e cultura galegas. G) Establecer relacións coas Federacións de ANPAs doutras Comunidades Autónomas e coa Confederación Española de ANPAs (CEAPA) e a Confédération Européenne des Parents de l'École Publique, (CEPEP)
H) Dar pulo á formación de nais e pais de alumnos e ao diálogo pais-docentes-equipos directivos. I) Promover todo tipo de accións para que os grupos socialmente marxinais por motivos de etnia, diminución física, psíquica, sensorial ou de calquera outro tipo, sexan integrados nos Centros Educativos e admitidos con total normalidade na Comunidade Educativa. Asemade potenciar calquera actividade que conduza á que a planificación dos programas educativos dea resposta á integración social, laboral, cultural e económica dos grupos citados. J) Facilitar asesoramento legal a todos os membros asociados e, no seu caso, promover as correspondentes accións administrativas ou xudiciais tendentes a garantir os intereses e dereitos recoñecidos legalmente. K) Promoción do uso do SOFTWARE LIBRE no sistema educativo público, tanto a nivel administrativo como na docencia, debido ao aforro que implica e ao pulo que supón para o desenvolvemento tecnolóxico. Ademáis da nosa actividade conxunta entre as Federacións Provinciais, participamos a nivel estatal en CEAPA (Confederación Española de ANPAs) como integrantes do seu Consello Autonómico sendo a referencia galega a través da Vocalía de Galicia na Xunta Directiva. O Vocal de Galicia, fói elexido recentemente membro da Comisión Permanente de CEAPA. Estamos presentes a través dos nosos asociados:
-No Consello Escolar de Galicia
-No Consello Escolar do Estado
-Nos Consellos Escolares Municipais
-Nas Comisións Escolares de Comedores
-Nas Comisións de Escolarización (Ed.Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos)
-No Observatorio Autonómico de Convivencia
-Nos Plans de Apoio ás familias
-Nas Comisións de Rutas Literarias, Rutas Científicas, etc.
-Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia.
-Alianza Social Galega

GRAZAS ÁS NOSAS REIVINDICACIÓNS, estes son só algúns dos logros de CONFAPA-GALICIA:

-Gratuidade dos libros de texto
-Acompañantes no transporte escolar e supresión das prazas de 2+1 nos autobuses.
-Apertura de comedores na escola pública a toda a comunidade educativa e aceptación das alumnas e alumnos de tres anos.
-Apertura de centros fóra do horario lectivo para o desenvolvemento de actividades lúdico-educativas.
-Elaboración de plans de convivencia e participación dun delegado de cada ANPA no Observatorio de Convivencia Escolar nos distintos Centros.
-Pese a considerar que os comedores escolares deben estar directamente xestionados pola Consellería de Educación, solicitamos axudas ao servizo de comedor escolar (Xunta e Concellos) postos en funcionamento e xestionados polas Anpas.
-Axudas para o servizo de almorzo/madrugadores nos Centros Públicos.
-Incidimos nunha maior dilixencia na cobertura de baixas docentes e persoal complementario nos centros públicos.
-Insistencia diante das distintas Administracións para a mellora nas instalacións e equipamentos dos centros públicos.
-Decreto do galego.
-Voto de nai e pai -ámbolos dous- nos Consellos Escolares

-Cunprimento das Leis Educativas esixindo un representante directo da ANPA no Consello Escolar de cada centro.
-Ampliación de horario de actividades en setembro e xuño (conciliación familia-traballo)
-Vixiancia e coidado de nenas e nenos dez minutos antes do horario propiamente escolar
-Subvencións ás Federacións e Confederacións
-Subvencións ás ANPAs para a realización de actividades extraescolares. OBXECTIVOS:

-Basearnos na comunicación e na participación. Dar a coñecer a todas as ANPAs, sobre todo ás do rural, que é CONFAPA-GALICIA. Non podemos esquecer que para moitas das familias asociadas é unha entelequia: hailles que transmitir que CONFAPA é o instrumento máis forte e máis útil para negociar coas administracións, dado o prestixio de que goza desde hai anos.

-Transmitirlles que se as distintas Federacións Provinciais son as súas representantes, a unión de todas as Federacións Provinciais é a máxima representación coa que contan as nais e os pais.

-Apoiar todas as xustas reivindicacións das ANPAs do rural, que son nestes momentos as que están a sofrir os maiores recortes e as máis desprotexidas pola dispersión demográfica que existe nestas zonas. É importante incidir nas súas reivindicacións no que se refire á falta de especialistas e aos problemas no transporte escolar. A escolarización gratuita de 0 a 18 anos dentro da rede pública, incluíndo as actividades complementarias e extraescolares, os libros e demais materiais, así como os servizos de comedor e transporte. Unha escola democrática e participativa, coa intervención na súa xestión de nais, pais e alumnado mediante as súas asociacións. O éxito escolar de todos os nenos e pícaras, mediante unha educación que atenda á diversidad e garanta a igualdade de oportunidades. Unha educación humanista e científica, orientada ao pleno desenvolvemento da personalidade e ao fomento de hábitos intelectuais e de traballo, e do espírito crítico. Unha escola moderna, orientada á adquisición de competencias básicas por parte do alumnado e que utilice as tecnoloxías da información e a comunicación no proceso de ensino-aprendizaxe. Unha escola que forme no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, nos valores da paz e a solidariedade, e no exercicio da tolerancia e a liberdade. Unha escola laica, onde o adoctrinamiento estea totalmente desterrado. Unha educación obligatoria que capacite para o exercicio dunha profesión ou para a continuación de estudos superiores, dentro dunha concepción ampla de "formación ao longo de toda a vida", así como para o goce do lecer. Unha escola alegre e divertida.

Hoxe, 25 de xullo, Galicia detense por un intre para celebrar a súa identidade, a súa diversidade e todo o que nos une c...
25/07/2026

Hoxe, 25 de xullo, Galicia detense por un intre para celebrar a súa identidade, a súa diversidade e todo o que nos une como pobo.

Desde CONFAPA Galicia queremos recoñecer o papel das familias, da comunidade educativa e da escola pública na construción dunha sociedade máis xusta, participativa e solidaria.

Galicia é memoria e patrimonio, pero tamén é presente e futuro. Está nas nosas vilas e cidades, no noso mar, nas nosas montañas e, sobre todo, nas persoas que a fan medrar cada día.

As familias somos as encargadas de conservar o noso patrimonio cultural e de transmitilo ás nosas fillas e fillos, do mesmo xeito que xeracións anteriores nolo transmitiron a nós. Porque cada palabra, cada tradición e cada valor compartido son parte da Galicia que deixaremos mañá.

Neste Día de Galicia, celebremos o orgullo de pertencer, de compartir e de seguir construíndo, entre todas e todos, unha Galicia con máis futuro.

Feliz Día de Galicia! 💙

📢 CONFAPA Galicia presenta unha reclamación ante a Xunta de Galicia para solicitar a revisión da convocatoria da nova ax...
02/07/2026

📢 CONFAPA Galicia presenta unha reclamación ante a Xunta de Galicia para solicitar a revisión da convocatoria da nova axuda de 150 € para familias usuarias do servizo de comedor escolar.

Valoramos positivamente esta medida de apoio ás familias, pero consideramos que a convocatoria debe mellorarse para ser máis xusta e non trasladar novas cargas ás entidades das familias.

🔹 Defendemos un comedor escolar universal e gratuíto na escola pública, como servizo esencial para a educación, a conciliación e o apoio ás familias.

🔹 Reclamamos un sistema de concesión máis xusto, no que, ademais da renda, se valore a necesidade real de conciliación familiar e laboral, acreditada documentalmente. A orde de presentación das solicitudes non debería ser un dos criterios determinantes para conceder a axuda.

🔹 Manifestamos o noso profundo malestar pola carga administrativa que esta convocatoria impón ás ANPA e ás federacións, entidades sostidas maioritariamente polo voluntariado e, na maioría dos casos, sen persoal administrativo.

🔹 Solicitamos tamén que as facturas do comedor poidan presentarse como alternativa á certificación da entidade xestora e que esta posibilidade sexa comunicada de forma clara ás familias.

🤝 Seguiremos colaborando coa Administración e traballando polas familias e pola escola pública, pero o voluntariado non pode asumir responsabilidades que corresponden á Administración.

💙 Quen somos?Somos CONFAPA Galicia, a Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos.Desde 1987 representamos ás fami...
02/07/2026

💙 Quen somos?

Somos CONFAPA Galicia, a Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos.

Desde 1987 representamos ás familias da escola pública galega, defendendo unha educación pública, gratuíta, inclusiva, democrática e de calidade.

Traballamos para que as familias teñan voz, apoiando ás ANPAs a través das nosas federacións provinciais de A Coruña, Ourense e Pontevedra, promovendo a participación e representando os seus intereses ante as administracións.

Actualmente representamos a máis de 600 ANPAs e a máis de 75.000 familias, porque estamos convencidos de que unha comunidade educativa forte constrúese coa implicación de todas e todos.

Somos unha organización laica, participativa, solidaria, comprometida coa igualdade, neutral politicamente e defensora da neutralidade ideolóxica.

💙 Unidos pola escola pública!!!

📚 Aberto o prazo para solicitar o Fondo Solidario de Libros e as Axudas para Material Escolar do curso 2026-2027!🗓️ Praz...
19/05/2026

📚 Aberto o prazo para solicitar o Fondo Solidario de Libros e as Axudas para Material Escolar do curso 2026-2027!

🗓️ Prazo de solicitude:
➡️ Do 19 de maio ao 19 de xuño de 2026

👩‍🏫 Dirixido ao alumnado de:
✔️ Educación Primaria
✔️ ESO
✔️ Educación Especial

📖 Que inclúe?
✅ Fondo solidario de libros de texto
✏️ Axudas para material escolar
🛒 Axudas para compra de libros

📌 As solicitudes poden presentarse:
💻 A través da sede electrónica da Xunta de Galicia
🏫 Ou presencialmente no centro educativo

📄 Lembra revisar toda a documentación necesaria antes de presentar a solicitude.

🔗 Máis información:
https://sede.xunta.gal/es/detalle-procedemento?codtram=ED330B

📣 Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas NEAE do curso 2026-2027.🗓️ Prazo:➡️ Inicio: 19 de maio de 202...
19/05/2026

📣 Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas NEAE do curso 2026-2027.

🗓️ Prazo:
➡️ Inicio: 19 de maio de 2026
➡️ Fin: 10 de setembro de 2026 ás 15:00 h

Dirixidas ao alumnado que precise apoios educativos específicos por:
• Discapacidade
• TEA
• Trastornos graves da comunicación e da linguaxe
• Necesidades asociadas a altas capacidades intelectuais

✅ Inclúen axudas para:
🍽️ Comedor escolar
🚍 Transporte
📚 Ensino
🗣️ Reeducación pedagóxica e da linguaxe
💶 Subsidios complementarios

📌 As solicitudes realízanse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

🔗 Información oficial:
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2026.html

No Día das Letras Galegas celebramos moito máis ca unha lingua: celebramos a memoria compartida dun pobo, a voz que atra...
17/05/2026

No Día das Letras Galegas celebramos moito máis ca unha lingua: celebramos a memoria compartida dun pobo, a voz que atravesa xeracións e o fío invisible que une pasado, presente e futuro.

O galego naceu do mar, da terra e das mans de quen nos precederon. Viviu nas cantigas, nos libros, nas escolas, nas rúas e nos fogares. É a lingua coa que aprendemos a nomear o mundo, a transmitir afectos e a conservar viva a nosa identidade colectiva.

Cada palabra en galego leva consigo historia, cultura e pertenza. Porque unha lingua non é só unha forma de comunicarse: é tamén unha maneira de sentir, de crear e de mirar a realidade desde as nosas propias raíces.

As familias e a comunidade educativa teñen un papel fundamental neste legado. O galego medra nas aulas, nos patios, nos contos antes de durmir, nas conversas cotiás e en cada neno e nena que descubre nela unha lingua viva e chea de futuro.

Dende CONFAPA Galicia renovamos o noso compromiso coa defensa da lingua galega, da educación e da cultura como piares fundamentais dunha sociedade máis consciente, plural e unida.

Porque mentres haxa unha voz que o fale, unha familia que o transmita e unha infancia que o faga seu, o galego seguirá florecendo co mesmo latexo eterno da nosa terra.

💡📲 NOVAS FERRAMENTAS E DESCONTOS PARA AS ANPAs FEDERADAS!Desde CONFAPA Galicia seguimos traballando para ofrecer máis re...
07/05/2026

💡📲 NOVAS FERRAMENTAS E DESCONTOS PARA AS ANPAs FEDERADAS!

Desde CONFAPA Galicia seguimos traballando para ofrecer máis recursos, máis apoio e unha xestión máis sinxela ás ANPAs federadas en:
👉 FANPA Pontevedra
👉 FAPA Ourense
👉 FEDAPAS Coruña
Grazas aos novos acordos de colaboración, as ANPAs federadas poden beneficiarse de condicións especiais en plataformas dixitais de xestión:

🟢 ÁBACO
✔️ Xestión integral de ANPAs
✔️ Comunicación, formularios, reservas e informes
🎁 30% desconto o primeiro ano
🎁 15% desconto permanente
🎁 Acceso gratuíto ata xuño de 2026
🌐 https://abacoapp.es/

🟠 APPAMPAS
✔️ Carné de socio dixital
✔️ Ferramentas de organización e xestión
🎁 15% de desconto
🌐 https://appampas.com/

E por suposto sigue ao voso dispor a da confederación estatal:
🟢 CEAPA
✔️ App gratuíta para ANPAs
✔️ Recursos, información e apoio para familias
🌐 www.ceapa.es

📌 Como acceder aos descontos?

Se a túa ANPA está federada, contacta coa túa federación provincial para solicitar o código correspondente.

  //   // 📢 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝐚𝐬 𝐝ú𝐚𝐬 𝐂𝐨𝐧𝐟𝐞𝐝𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐀𝐍𝐏𝐀𝐒 𝐝𝐨 𝐄𝐧𝐬𝐢𝐧𝐨 𝐏ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨Onte, representantes de ANPAS GALEGAS...
25/04/2026

// //

📢 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝐚𝐬 𝐝ú𝐚𝐬 𝐂𝐨𝐧𝐟𝐞𝐝𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐀𝐍𝐏𝐀𝐒 𝐝𝐨 𝐄𝐧𝐬𝐢𝐧𝐨 𝐏ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨

Onte, representantes de ANPAS GALEGAS e CONFAPA mantivemos unha xuntanza para abordar 𝐩𝐫𝐨𝐛𝐥𝐞𝐦𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐞𝐧𝐬𝐢𝐧𝐨 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐞 𝐨 𝐩𝐚𝐩𝐞𝐥 𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐝𝐚𝐬 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐬 𝐧𝐚 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐬𝐚 𝐝𝐨𝐬 𝐝𝐞𝐫𝐞𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐚𝐥𝐮𝐦𝐧𝐚𝐝𝐨 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨.

Durante o encontro tratáronse cuestións de 𝐯𝐢𝐭𝐚𝐥 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚𝐬 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐬, que competen a ambas confederacións, e que afectan directamente ao día a día da comunidade educativa.

💬 Entre as posibles liñas de traballo falamos de:

👉 Coordinador/a de benestar
👉 Consello Escolar de Galicia
👉 Comedores escolares
👉 Comisión de Convivencia
👉 e outros temas que afectan ao conxunto das familias galegas

O obxectivo desta xuntanza é 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐜𝐚𝐧𝐥𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞 𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧.

Favalmi Fapacel Federación de centros públicos de Cangas "A Gameliña" Fed. Provincial de ANPAS da Coruña - Costa da Morte FANPO Fanpa Compostela Feanpas Ferrolterra Foanpas Vigo Anpas Redondela

📢 Xuntanza entre as dúas Confederacións de ANPAS do Ensino Público Galego!Onte, representantes de CONFAPA e ANPAS GALEGA...
23/04/2026

📢 Xuntanza entre as dúas Confederacións de ANPAS do Ensino Público Galego!

Onte, representantes de CONFAPA e ANPAS GALEGAS mantivemos unha xuntanza para abordar problemas do ensino público e o papel fundamental das familias na defensa dos dereitos do alumnado galego.

Durante o encontro tratáronse cuestións de vital importancia para as familias, que competen a ambas confederacións, e que afectan directamente ao día a día da comunidade educativa.

💬 Entre as posibles liñas de traballo falamos de:

👉 Coordinador/a de benestar
👉 Consello Escolar de Galicia
👉 Comedores escolares
👉 Comisión de Convivencia
👉 e outros temas que afectan ao conxunto das familias galegas

O obxectivo desta xuntanza é abrir canles de comunicación e colaboración.

Dirección

A Coruña
15003

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Confapa-Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría