Asociación IMpares

Asociación IMpares

Compartir

Asocación en defensa e promoción da profesión e o grado en Educación Social na Universidade da Coruña

16/06/2017

Oferta de emprego, neste caso para Tenerife

Photos 10/03/2017

Vos deixamos por aquí unha expo moi interesante que se presenta o próximo venres na nosa facultade de educación, ás 11h no Recuncho de Lectura da biblioteca. Vai molar moito!

Boas rapazada! O próximo venres día 17 ás 11h presentamos no Recuncho de lectura (Biblioteca) da facultade de CC. da Educación da UDC a exposición "Un cuarto de revelado propio: Dende as primeiras fotógrafas ata o período de Entreguerras". Levamos moito tempo preparándoa e nos faría moita ilusión que vos pasárades por alí!

02/03/2017

O Concello de Betanzos busca a educadoras ou educadores sociais, entre outros perfís. Se xa tes o título, aquí tes unha oportunidade!

bop.dicoruna.es

Photos from Asociación IMpares's post 22/02/2017

Hoxe rematou a campaña de recollida de libros para os Centros Penitenciarios de Teixeiro (A Coruña) e Bonxe (Lugo), cun gran éxito: 150 libros!!! E aínda algún mais pendente.

Durante esta semana e a seguinte procederemos a súa clasificación e a entregalos en ditos centros.

Graciñas pola vosa colaboración e por achegar un pouco máis a cultura á xente!

Photos 20/02/2017

Aínda non deixaches o teu libro para que as persoas dos Centros Penitenciarios de Bonxe (Lugo) e Teixeiro (A Coruña) teñan un mellor acceso á cultura? Pois que saibas que aínda estás a tempo! Aumentamos ata o mércores 22. Xa sabes, pasa pola -3, xusto ao lado dos ascensores do lado da cafetería, e deixa o teu aporte.

Campaña #PorunaleydeEducaciónSocial 12/02/2017

Por unha lei estatal que regule a Educación Social, que visibilice, dignifique e reivindique a importancia desta profesión na sociedade.

Na ligazón que adxuntamos á paxina do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia podes atopar o Modelo de Petición e moita máis información. E para facelo, basta con que a cubras a Petición cos teus datos e a presentes nas ventanillas únicas de calquer rexistro público (Xunta ou Concello).

Campaña #PorunaleydeEducaciónSocial O 27 de decembro, coincidindo co 10º aniversario da publicación no BOE da Lei de creación do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais, esta mesma entidade presentou ante o rexistro do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e ante o Congreso das/os Deputadas/os a so...

Photos 08/02/2017

Hoxe comezamos a campaña de recollida de libros para Centros Penitenciarios. Poderás atopar unha caixa para deixar a tua aportación na planta -3.
Apúntate!

Photos 06/02/2017

As prisións teñen unhas finalidades (a reeducación e a reinserción social) as cales moitas veces non se cumpren. As persoas que están dentro delas teñen dificultades para acceder a algo tan básico como é a lectura.

Por iso, unha compañeira nosa vai levar a cabo unha recollida de libros para os Centros Penitenciarios de Bonxe (Lugo) e Teixeiro (A Coruña) aproveitando que está alí alumnado en prácticas de terceiro curso. Todo sea por encher ese espazo de cultura e coñecemento tan necesario para todxs nos, e que nas prisións é máis difícil de acceder.

A partir do mércores levaremos a cabo dita recollida de libros na planta -3 da facultade. Vale calquer tipo de libro que consideres oportuno e sempre e cando estea en boas condicións.

Esperámoste!

Photos 30/11/2016

Compartimos este evento que están a organizar compañeirxs de Educación Social na UDC. Animamos a que participedes, xa que vai a ser unha testemuña real dunha persoa refuxiada que comezou unha nova vida na Coruña.

Charla : A historia de Ahmad, un refuxiado sirio na Coruña

Como te sentirías se tiveses que abandonar a túa casa, a túa familia, o teu país, cruzar un mar enteiro nun bote en mal estado, e chegar a un país lonxano no que te meten nun campo onde non tes unhas condicións de vida dignas?

Eso mismo viviu Ahmad Al Ahmad, refuxiado sirio que chegou á Coruña hai tres meses da man de Leticia Santaballa, psicológa e voluntaria nos campos de refuxiados de toda Grecia. Unha historia de sufrimento, medo, incertidume e esperanza que poderemos escoitar polas verbas dos seus protagonistas.

A súa travesía dende Siria ata Turquía, a viaxe por mar ata Grecia, a súa estancia nos campos de refuxiados e a labor como educadores dos nenos e nenas residentes nos campos, a súa viaxe ata España...unha historia que paga a pena escoitar.

Data: Xoves, 1 de decembro de 2016
Hora: 10:30
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da UDC (Campus Elviña, A Coruña)

Entrada libre ata completar aforo

JORNADA ACTUA: “EL BUEN TRATO EN LAS REDES SOCIALES” | Fundación María José Jove 11/10/2016

Este sábado la Fundación María José Jove, dentro del Programa ACTÚA, tratará un tema bastante interesante como es el del BUEN TRATO EN LAS REDES SOCIALES (adicciones, el buen y el mal uso que se hace de ellas, etc.). ¡Muy recomendable para nuestra profesión!
Si queréis ir podéis hacer la inscripción a través de la página web de la Fundación María José Jove, donde encontraréis también mucha más información.

JORNADA ACTUA: “EL BUEN TRATO EN LAS REDES SOCIALES” | Fundación María José Jove En el marco de EnREDados, la nueva edición de ACTUA para el curso 2016-17, el día 15 de octubre se celebra en la sede de la Fundación Maria Jose Jove una novedosa jornada, “El Buen Trato en las Redes Sociales”, que tiene como objetivo que padres, madres, educadores y la sociedad en general conozcan...

Photos from Asociación IMpares's post 06/09/2016

Onte comezou un novo curso de Educación Social na Universidade de A Coruña, e hoxe dende IMPARES fíxose unha presentación da asociación e dos seus proxectos, ademáis de levar a cabo unhas dinámicas para que nos seus primeiros días de clase, o novo alumnado non se sinta tan perdido e coñezan a facultade, e entre elas e eles.

Benvidxs a un novo curso e moita sorte!

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en A Coruña?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Facultade Ciencias Da Educación. Universidade Da Coruña
A Coruña