Redeiras de Portosin

Redeiras de Portosin Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Redeiras de Portosin, Lugar PEIRAO PORTOSIN, A Coruña.

11/08/2026
04/08/2026

🎣 Fórmate nun oficio con futuro! ⚓

A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao organiza un Curso de Reparación e Mantemento de Artes de Pesca, unha oportunidade para adquirir coñecementos prácticos e obter formación profesional nun sector fundamental para o noso mar.

🪢 Aprenderás técnicas de confección, reparación e mantemento de:
✔ Cerco
✔ Arrastre
✔ Artes menores
✔ Palangre

📅 Do 1 de setembro ao 26 de outubro
⏰ De luns a venres
📍 Confraría de Pescadores de Cedeira

💙 Desde a Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín animamos a todas as persoas interesadas no sector pesqueiro e nas artes tradicionais a aproveitar esta iniciativa formativa.

📞 Máis información e inscricións nos datos de contacto que aparecen no cartel.

03/08/2026

⚓🎉 Xa recende a mar e a festa! 🎉⚓

A Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín convídavos a vivir unhas inesquecibles Festas do Carme 2026, tres días cheos de tradición mariñeira, música, gastronomía e actividades para todas as idades.

📅 14, 15 e 16 de agosto

✨ Venres 14
🎺 Dianas e alboradas
🍻 Sesión vermú con Togayán
🎶 Gran verbena con Sara y Majos e Chocolate Disco Móbil

✨ Sábado 15
🐟 ###VI Festa de Exaltación da Sardiña Azul de Portosín
🚣 Regata de remo: Náutico vs. Cofradía
🎈 Inchables, xogos populares, pintacaras, cucaña e festa da espuma
🎷 Concerto de Saxy Groove
💃 Verbena con El Charro de Barbanza, Orquestra Salsarena, Saxy Groove e Chocolate Disco Móbil

✨ Domingo 16 – Día da Virxe do Carme
⛪ Procesión desde a Igrexa
🙏 Misa na honra da Virxe do Carme no peirao
🚢 Tradicional procesión marítima
🍷 Sesión vermú con 2 Hombres y Tercio
🎉 Gran verbena con Leite con Jalletas e Chocolate Disco Móbil

💙 Estas festas son posibles grazas ao esforzo da organización, colaboradores, empresas e veciñanza que cada ano fan posible manter viva esta tradición mariñeira.

Agardámosvos para celebrar xuntos a nosa patroa e desfrutar dunhas festas feitas con orgullo mariñeiro.

📍 Portosín
⚓ Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín

Hoxe estamos na praza do curro de Portosin.
12/07/2026

Hoxe estamos na praza do curro de Portosin.

O pasado sábado, 27 de xuño, tivemos o pracer de estar convidadas no San Cosmeiro de Noia.Queremos dar as grazas pola ag...
30/06/2026

O pasado sábado, 27 de xuño, tivemos o pracer de estar convidadas no San Cosmeiro de Noia.
Queremos dar as grazas pola agarimosa acollida e polo bo ambiente compartido. Foi unha xornada moi especial, chea de bos momentos e boa compañía.

Hoxe tuvemos unha visita moi enriquecedora dun colexio de Vilalba, e eles aprenderon de redes e nos súper felices de ens...
13/06/2026

Hoxe tuvemos unha visita moi enriquecedora dun colexio de Vilalba, e eles aprenderon de redes e nos súper felices de enseñarlle un pouco do noso oficio. Moitas gracias por contar con nos!! Ata pronto!!!

31/03/2026

🖤 Hoxe é un día moi duro para toda a nosa xente do mar.

Dende a Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín queremos amosar a nosa fonda tristura polo falecemento de María del Carmen Lema Pouso, percebeira e muller do mar que formaba parte desta gran familia mariñeira.
Acompañamos no sentimento á súa familia, ás súas compañeiras e compañeiros e a toda a veciñanza que hoxe sofre esta perda.

Que atopen co***lo na lembranza e no cariño de todos nós.

Sempre connosco.

⚫️

Dirección

Lugar PEIRAO PORTOSIN
A Coruña
15999

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Redeiras de Portosin publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir