UDC Saudable

UDC Saudable Por unha Universidade da Coruña saudable, sostible e dos dereitos humanos para a comunidade. Queda moito por facer¡. Apertas

A UDC Saudable foi aprobada no Consello de Goberno da Universidade da Coruña (UDC) do 28 de novembro de 2014, na mesma data que ingresou na "Red Española de Universidades Saludables" (REUS) https://www.unisaludables.es/es/

Desde 1989, a UDC ven realizando programas e actividades en consonancia cos principios das universidades saudables. Nesta liña, o proxecto UDC Saudable xorde coa idea de conver

ter a nosa universidade nun referente de compromiso coa saúde e a sociedade, o benestar e a calidade de vida individual e comunitaria. Trátase dun proxecto socio-comunitario aberto, dinámico e modificable que integra unidades dependentes organicamente de diversas vicerreitorías, así como novas liñas de actuación asistencial, docente, investigadora e comunitaria. Aposta por fomentar o compromiso e a participación da comunidade universitaria na alfabetización e promoción da saúde; a prevención da enfermidade; os hábitos, rutinas e estilos de vida saudables; as habilidades para a vida; o envellecemento proactivo; o desenvolvemento sostible medio-ambiental, económico, social e político; a integración e inclusión laboral e social: a acción solidaria; a equidade; a igualdade de xénero e polos dereitos humáns. Este proxecto está inspirado no Plan estratéxico da UDC 2013-2020 e nos plans de actuación específicos das distintas unidades e servizos, entre outros a Área de Deportes, a Unidade de Prevención de Riscos Laborais, Unidade de Atención á Diversidade, a Oficina de Medio Ambiente, o Servizo de Arquitectura e Urbanismo, a Oficina de Cooperación e Voluntariado, a Oficina para a Igualdade de Xénero, o Servizo de Atención e Promoción do Estudantado, o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa, a Escola Infantil e a Universidade Sénior, entre outros. A UDC Saudable participou activamente na elaboración das competencias transversais para todas as titulacións UDC, aprobadas no Consello de Goberno UDC de Maio 2017, para proporcionar unha formación integral aos estudantes, entre outras, as seguintes:
- Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
- Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
- Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
- Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. O proxecto UDC Saudable quere contribuír ao desenvolvemento científico potenciando a investigación naquelas áreas que contribúen a transformar o contorno universitario e comunitario nun espazo físico e psicosocial saudable, óptimo para o desenvolvemento persoal e social. A UDC Saudable inspírase e fundaméntase nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) -Axenda 2030- de Nacións Unidas, as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) e os documentos e propostas dos organismos e universidades que forman parte da "Conferencia de Rectores de Universidades Españolas-Sostenibilidad" (CRUE-Sostenibilidad) e da REUS. A UDC Saudable integrouse en decembro de 2016 na "Estrategia de Promoción de Salud y Prevención del Sistema Nacional de Salud" do "Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad".

Equipo reitoral renovado, ademais, cun valor engadido que merece ser subliñado. Por primeira vez, o compromiso social da...
01/09/2026

Equipo reitoral renovado, ademais, cun valor engadido que merece ser subliñado. Por primeira vez, o compromiso social da Universidade artéllase baixo unha responsabilidade unificada, dando coherencia ao que ata agora se desenvolvía de maneira máis dispersa: a cooperación, o voluntariado, a igualdade, a atención á diversidade, a promoción da saúde e outras áreas igualmente relevantes. Reunir todo isto baixo un mesmo horizonte non é un simple xesto administrativo; é unha verdadeira declaración de intencións sobre o tipo de Universidade que queremos ser.

Dalgunha maneira, tamén poderiamos dicir que a actividade física, entendida non como un anexo competitivo senón como un verdadeiro axente promotor da saúde, encaixa con naturalidade nesta visión biopsicosocial do benestar universitario. E neste sentido, non en van, este ano celebraremos o XII Outubro UDC Saudable 2026 en Bastiagueiro.

A Coruña a 1 de setembro de 2026.


01/09/2026

🔊📰 A UDC reorganiza a estrutura do seu Equipo de Goberno e crea a Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial

🏫A Reitoría acolleu hoxe a toma de posesión dos novos titulares de Planificación Estratéxica; Profesorado; Estudantes e Empregabilidade; da recén creada Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial e da Xerencia. Benvid@s

📷Aquí o equipo reitoral ao completo.

+info: https://bit.ly/4gyYVve

19/08/2026

18/08/2026

La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año

Sergas y facultades unen fuerzas mediante un protocolo que pretende homogeneizar la atención y derivar los casos si es preciso

🔗 Para más información pincha en el enlace del primer comentario 👇

O
12/08/2026

O

  35ª edición, e UDC Saudable, 7 de agosto de 2026.👉 Hoxe, ás 17:00 h, continuarán as conferencias da man de Elena Perna...
07/08/2026

35ª edición, e UDC Saudable, 7 de agosto de 2026.

👉 Hoxe, ás 17:00 h, continuarán as conferencias da man de Elena Pernas Sancosmed, estudante de grao en Terapia Ocupacional, que falará sobre “Máis tempo para vivir: claves para unha xestión saudable do tempo”.

PromociónDaSaúde Benestar HábitosSaudables TerapiaOcupacional VidaSaudable CoruñaSocial

06/08/2026

UDC Saudable en Equiocio, praia de Covas, 6 de agosto de 2026.

🤝 e a Universidade da Coruña establecían este ano unha valiosa alianza con perspectiva de futuro. E nesta 35ª edición, ademais de contar cun espazo expositivo propio coa súa oferta académica e proxectos, a UDC promove no evento un ciclo de interesantes charlas que inauguraba onte á tardiña a vicerreitora Ana Ares coa ponencia titulada “UDC con impacto: universidade, compromiso e transformación social”.

👉 Hoxe, ás 17:00 h, continuarán as conferencias da man de Elena Pernas, estudante de grao en Terapia Ocupacional, que falará sobre “Máis tempo para vivir: claves para unha xestión saudable do tempo”.

👉 Mañá sábado, tamén ás 17:00 h, a técnica de UDC Saudable, Cristina Martínez, impartirá a charla “Coida a nosa saúde mental: recursos da UDC Saudable e de Afrontemos”.

04/08/2026

Clot de Galvany, agosto 2026.

Dirección

UDC Saudable-Edificio Centro Universitario De Riazor (CUR) R/Manuel Murguía Y R/Almirante Lángara
A Coruña
15011

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando UDC Saudable publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a UDC Saudable:

Atajos

Compartir

Categoría