Real Academia Galega

Real Academia Galega Institución científica que ten como obxectivos fundamentais o estudo, defensa e promoción da lingua e cultura galegas
(1)

O 30 de setembro de 1906 inaugurase oficialmente, no salón da coruñesa Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns, a Real Academia Galega, que xa fora constituída o 4 de setembro de 1905. No acto conflúen os dous vieiros principais do galeguismo naquela altura. O primeiro deles, agrupado arredor de Manuel Murguía, representa a continuidade do programa do Rexurdimento e do Rexionalismo, mentres qu

e o segundo proviña da vizosa comunidade de emigrantes galegos en Cuba onde naceu, en 1905, a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega. A Asociación Iniciadora foi a principal fornecedora das remesas precisas para acometer os gastos da fundación e sostemento da Academia e tivo por obxecto, segundo o seu propio regulamento: "darlle unidade ao idioma galego mediante a publicación dunha gramática e un dicionario". A figura senlleira do litógrafo de orixe ferrolá, Xosé Fontenla Leal, apadriñado polo prestixio intelectual de Curros Enríquez, foi fundamental na organización e bo resultado deste proxecto.

11/08/2026

O concello pontevedrés da Caniza xa ten oficialmente restituída a forma galega do seu nome. O académico Gonzalo Navaza explica na serie ‘ O Seminario de Onomástica responde’ os motivos do cambio.
https://www.youtube.com/watch?v=98PVw2UlnxI
Concello A Caniza - Pontevedra

Neste vídeo da serie O Seminario de Onomástica responde, o académic...

06/08/2026

Ruth Matilda Anderson non só fotografou a Galicia dos anos 20. Deixounos tamén unha tradución pioneira de cunha visión da autora ben diferente á que foi a oficial durante tanto tempo, cóntanos a tradutora _albarodriguezsaavedra.

📌 Intervención completa de Alba Rodríguez Saavedra na xornada 'Ruth Matilda Anderson: a ollada nas mulleres' na ligazón da bío

04/08/2026

O académico correspondente Xosé María Lema explica as razóns que levaron á RAG a propor a incorporación do artigo ao nome oficial do Concello do Campo Lameiro.

Neste vídeo da serie O Seminario de Onomástica responde, o académic...

A mellor versión da Odisea para este agosto titúlase 'Circe ou o pracer do azul'. Porque o verán  . O momento de gozarde...
31/07/2026

A mellor versión da Odisea para este agosto titúlase 'Circe ou o pracer do azul'. Porque o verán . O momento de gozardes, por primeira vez ou de novo, das súas novelas. O tempo tamén de seguir a afondar na figura da autora das a través dos seus programas de radio, dos diversos libros sobre ela publicados este ano. E mais co cine na casa. Prendede a vosa pantalla máis grande e desfrutade do documental 'Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul'. E lembrade que á volta do verán teremos novos contidos sobre a escritora que revisitou os grandes mitos da literatura occidental para lles dar voz ás silenciadas.

'Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul', o documental da protag...

O 16 de setembro celebramos o 175 aniversario de Emilia Pardo Bazán cunha xornada sobre o seu papel como introdutora do ...
29/07/2026

O 16 de setembro celebramos o 175 aniversario de Emilia Pardo Bazán cunha xornada sobre o seu papel como introdutora do xénero negro en España na que poremos ademais en diálogo os seus contos criminais coa narrativa galega contemporánea. ✒Agardámosvos na Fundación Luis Seoane con ✒️ Xaquín Núñez Sabarís, Pedro Feijoo, Inma López Silva, Ana Viéitez e Mario Diz 🎻.

Coordina e conduce María López Sández.

Unha actividade organizada co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación.

📌 Máis información 👇
https://academia.gal/-/unha-xornada-aborda-o-papel-pioneiro-no-xenero-negro-de-pardo-bazan-no-seu-175-aniversario

Cales son as razóns que levaron á RAG a propor que o Concello de Cangas de Morrazo  pasase a denominarse así na última r...
28/07/2026

Cales son as razóns que levaron á RAG a propor que o Concello de Cangas de Morrazo pasase a denominarse así na última revisión do Nomenclátor de Galicia? O filólogo Iván Méndez López, membro da unidade técnica de toponimia, explícanolas neste novo episodio da serie 'O Seminario de Onomástica responde'.

Neste vídeo da serie O Seminario de Onomástica responde, Iván Ménde...

27/07/2026

Palabras, literatura, lingua de noso sen fronteiras.

Manuel Rivas pechou o programa de voces convidadas dos ###VI Cursos de lingua e cultura galegas , unha iniciativa da Real Academia Galega en colaboración co Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o apoio da Xunta de Galicia Política Lingüística.

“Que o exemplo de Otero Pedrayo, os seus soños e os seus ideais nos alumen para conseguir un amplo acordo pola lingua”📌A...
25/07/2026

“Que o exemplo de Otero Pedrayo, os seus soños e os seus ideais nos alumen para conseguir un amplo acordo pola lingua”

📌Artigo do presidente da RAG, Henrique Monteagudo, no 👇

Arredor de nós Henrique Monteagudo 25/07/2026 Xornada de festa e de afirmación, o Día de Galicia convida a unha ollada sobre o rumbo do noso país e unha reflexión sobre a nosa condición de galegos e galegas. Este ano, no cincuenta cabodano do seu pasamento, celebramos a memoria de Ramón Otero...

Hoxe puxémoslle o ramo á ###VI edición dos Cursos de lingua e cultura galegas   coa entrega dos diplomas aos 62 estudant...
24/07/2026

Hoxe puxémoslle o ramo á ###VI edición dos Cursos de lingua e cultura galegas coa entrega dos diplomas aos 62 estudantes procedentes de 17 países de Europa, Asia e América que nos acompañaron nestas tres últimas semanas. Nestes tempos complexos, este espazo de intercambio cultural confírmase como un antídoto contra a intolerancia que agasalla o mundo coa nosa lingua.

Mil grazas, coma sempre, a todas as persoas que proxectades o mellor do noso pobo por todo o mundo e deica o ano que vén!

📌 https://academia.gal/-/remata-a-###vi-edicion-dos-cursos-galego-sen-fronteiras-un-antidoto-contra-a-intolerancia-que-agasalla-o-mundo-coa-nosa-lingua

Dirección

Tabernas, 11
A Coruña
15001

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:45
16:30 - 19:45
Martes 09:00 - 14:45
16:30 - 19:45
Miércoles 09:00 - 14:45
16:30 - 19:45
Jueves 09:00 - 14:45
16:30 - 19:45
Viernes 09:00 - 14:45

Teléfono

+34981207308

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Real Academia Galega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría