12/05/2025
III Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo para estudantes de grao, máster ou doutoramento da UDC
A finalidade deste premio é fomentar a participación do alumnado da Universidade da Coruña no ámbito da sustentabilidade e o coidado do medio ambiente, mediante a elaboración dunha proposta multimedia (fotografía, infografía, ilustración, vídeo ou animación 2D e 3D) para a divulgación de aspectos científicos relacionados coa economía circular, a auga, a enerxía e a xestión e valorización dos residuos industriais.
Neste premio pode participar, de forma individual ou grupal e con ata 2 solicitudes diferentes, calquera estudante da UDC matriculado nalgún grao, máster ou programa de doutoramento da UDC no 2024-2025 ou no 2025-2026.
🏆Un premio de 1.200 euros e tres accésits de 300 euros.
📽️Presenta a túa proposta multimedia (fotografía, infografía, ilustración, vídeo ou animación 2D e 3D) ao III Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, organizado pola Cátedra Epifanio Campo.
♻ Sobre un aspecto científico concreto relacionado coas temáticas: economía circular, auga, enerxía, xestión e valorización de residuos industriais.
👩🎓Dirixido a estudantes matriculados no curso 2024-2025 ou 2025-2026, nalgún grao, máster ou programa de doutoramento da UDC. Participación individual ou grupal. Máximo 2 solicitudes por participante.
🗓Data límite presentación propostas: 17 setembro.
ℹ Máis información e inscrición en: https://www.rodonitamedioambiente.com/actividades-19