31/03/2025
📢✨ CHEGA O MERCADO DE TROCO DE ROUPA! ♻️💚
Un evento onde podes intercambiar esa roupa que tes no armario e xa non usas, pero está en bo estado, e conseguir algo que realmente che interese. 🎁🔄
🎯 Por que o facemos?
✅ Para reducir o desperdicio téxtil ♻️
✅ Fomentar o consumo responsable 🌍
✅ Apostar pola economía circular 🔄
✅ Construír unha comunidade máis sostible 💚
📅 CANDO? Xoves, 3 de abril
📍 ONDE? Facultade de Ciencias da Educación, Planta -3, xunto aos ascensores
🔎 Como participar?
1️⃣ Trae a roupa que queiras trocar.
2️⃣ Busca algo que che guste e fai o intercambio.
3️⃣ Se non atopas nada, podes deixar as túas prendas en doazón.
📜 NORMAS DO TROCO:
✔️ As prendas deben estar en bo estado 🏷️
✔️ O intercambio farase de maneira libre e xusta 🤝
✔️ Se ao final do evento quedan prendas, podes recupéralas ou serán doadas (organización por confirmar dependendo do sobrante).
📢 Comparte e etiqueta ás túas amizades para que non o perdan! 📲👥
28/03/2025
🌊♻️ Esta semana, puxemos peche ao Marzo Ambiental cunha palestra impartida polo CEIDA: "Ante o lixo mariño: Cultura oceánica". Sesión na que afondamos nos perigos que afectan aos nosos océanos, especialmente a contaminación por plásticos, e exploramos que accións individuais poden axudar a reducir o seu impacto. 🌍💙
Cada pequeno xesto conta! Xunt@s, podemos ser parte do cambio. 🌱✨
14/03/2025
🌱🌍 En Ciencias da Educación inauguramos o Marzo Ambiental cunha interesante palestra sobre residuos e compostaxe. Logo, visitamos a área de compostaxe da UDC para coñecer o seu funcionamento e mantemento, pero non sen antes facer unha parada na planta -3, onde puidemos g***r da exposición Compañeiras do mar e do ceo de CEIDA. 🐦
Un día cheo de aprendizaxe e compromiso co medio ambiente! 🌿💚
10/03/2025
🌱 MARZO na Facultade de Ciencias da Educación é AMBIENTAL! 🌍
O Marzo Ambiental 2025 chega cargado de actividades para concienciar, aprender e actuar a favor da sustentabilidade na UDC. Charlas, obradoiros, visitas técnicas, voluntariado ambiental... todo para achegarnos á realidade climática e ás accións que podemos levar a cabo!
Aquí tedes todo o que vai pasar na nosa facultade este mes. Animádevos a participar e a formar parte do cambio!
📲 Escaneade o QR para anotarvos e botar un ollo ao que está pasando noutras facultades! 🌍💚
03/03/2025
🌿🚲 Hoxe queremos presentarvos ao alumnado de 4º de Infantil, que desde a materia de Didáctica da Educación Ambiental e para a Sustentabilidade está a realizar unha gran colaboración con este departamento.
Aquí podemos velos achegando bicicletas á facultade para fomentar a mobilidade sostible 🚴♂️💚 e asistindo á reunión do Comité Green Campus para informarse e aportar as súas ideas 🌍✨.
Cada pequeno xesto conta para un futuro máis sostible! 🌱♻️
20/02/2025
Atención Facultade de Ciencias da Educación! 🎓🚴♀️
Sabías que o Comité GreenCampus ofrece bicicletas en préstamo para fomentar unha mobilidade máis sostible? 🌿 Podes usalas durante un día completo ou desde a tarde ata o día seguinte. O casco e o cadeado agárdante en conserxería! 🛡️🔒
Aproveita esta oportunidade para desprazarte dunha maneira ecolóxica e saudable. 💚 Anímate e súmate ao cambio cara a unha mobilidade máis sostible! 🌍✨
14/02/2025
💚 Non te deixes levar polas celebracións que fomentan o consumo... pero se o fas, faino de forma sostible! ♻️✨
Este 14 de febreiro, celebra con amor… ¡e con conciencia ecolóxica! 🌎💘
Sigue estes pasos para un San Valentín máis respectuoso co planeta. 🌿💞
👉 Desliza para descubrir como facelo
✨ Úneste a un San Valentín sostible? Cóntanos nos comentarios! 💬💚....
26/11/2021
⚠️A comunidade universitaria estamos a realizar unha campaña de concienciación chamada e unha mostraxe nas praias de Bens e do Orzán dos residuos hixiénico-sanitarios que chegan ao mar dende os WC das nosas casas e os recollemos nós para amosar.
✅Faite voluntaria/o: 30 min de limpeza semanal na praia de Bens ou de Orzán, cubrindo un formulario. Máis información en [email protected] ou no ig .
🌊Por cada 10 h colaborando concédese 1 crédito de libre configuración.
🚽Toalliñas hixiénicas, bastonciños de algodón para os ouvidos, medicamentos, xeringas, produtos menstruais dun só uso, produtos de hixiene persoal... Todo o que se tira polo inodoro que non sexan as 3Ps, causan graves atascos nas redes de saneamento.
16/04/2021
O vindeiro 19 de abril levarase a cabo o proxecto ríos, ca inspección de primaveira do río Lagar!
Non dudedes en inscribirvos 🌺🌸🌼
24/03/2021
O vindeiro 27 de marzo terá lugar a actividade de plantación de árbores no Monte da Fraga. 🌳 Non perdas esta oportunidade!! Inscríbete
16/03/2021
Última semana do Marzo Ambiental. Estas son as actividades que temos preparadas para os días 15 e 18. Aproveita estas últimas actividades e participa!
11/03/2021
Non esquezades apuntarvos!! Participa no Marzo Ambiental 🌍