Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso A EASD Pablo Picasso é un centro de ensino público dependente da Consellería de Cultura, Educaci?

Ensinanzas Superiores de Deseño (Grao Universitario):
- Deseño Gráfico
- Deseño de Interiores

Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño:
- Fotografía (Ciclo Superior)
- Ilustración (Ciclo Superior)
- Escultura aplicada ao espectáculo (Ciclo Superior)
- Dourado, prateado e Policromía (Ciclo Superior)
- Taller de Cerámica (Oferta Modular)
- Taller de Madeira (Oferta Modular)

Publicada a relación provisional do alumnado admitido e excluído ao abeiro do establecido na ORDE do 19 de maio de 2026 ...
10/09/2026

Publicada a relación provisional do alumnado admitido e excluído ao abeiro do establecido na ORDE do 19 de maio de 2026 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2025/26.

Máis info: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50717

⚠ Recoñecemento de Créditos:✅ Alumnado que cursa Ensinanzas Superiores (Graos)📆 A data límite para realizar a solicitude...
03/09/2026

⚠ Recoñecemento de Créditos:

✅ Alumnado que cursa Ensinanzas Superiores (Graos)

📆 A data límite para realizar a solicitude é o luns 7 de setembro de 2026.

📑 Debes cumprimentar dixitalmente o formulario de solicitude e entregalo impreso e asinado na oficina da Escola. Podes descargalo en https://eapicasso.com/informacion/

📤 Tamén é preciso envialo a: [email protected], xunto co resto da documentación (titulo alegado e programacións das asignaturas cursadas)

❌ Alumnado que cursa Ensinanzas Profesionais (Ciclos)

O procedemento de convalidación de módulos de ciclos formativos de grao medio e grao superior de Artes Plásticas e Diseño depende do Ministerio, polo que cando se abra o período de solicitude comunicaremolo na web e nas RRSS.

📸Vlada Karpovich en Pexels

Publicada a convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os se...
01/09/2026

Publicada a convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2025/26 en centros públicos de Galicia.

Máis info: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50603

Xa toca ir pensando no comezo do curso 2026/27, así que imos co calendario de acollemento ao alumnado, toma nota!📆 Luns ...
26/08/2026

Xa toca ir pensando no comezo do curso 2026/27, así que imos co calendario de acollemento ao alumnado, toma nota!

📆 Luns 14 de setembro de 2026, sesión de acollemento co Equipo Directivo:
👉 10:30 – Ensinanzas Profesionais (Ciclos)
👉 12:00 – Ensinanzas Superiores (Graos)

📆 Martes 15 de setembro de 2026, sesión cos Departamentos Didácticos:
👉 10:00 – EEAAPP Dourado, Escultura, Cerámica e Madeira
👉 11:00 – EEAAPP Ilustración e Fotografía
👉 12:00 – EEAASS Deseño Gráfico
👉 13:00 – EEAASS Deseño de Interiores

📆 Mércores 16 de setembro de 2026: comezo das sesións lectivas segundo os horarios publicados.

É importante que acudas a estas sesións, xa que se explicará o funcionamento da Escola, repasaranse as datas relevantes e farase unha presentación de cada departamento.

📑 Hai documentación que tes que consultar e que está dispoñible na nosa páxina web en Administración/Secretaría:

✅ Calendario escolar 2026/27 (Provisional): recolle información sobre os períodos lectivos e convocatorias de exames. En breve publicaremos as datas sobre as convocatorias de TFE/PI.

✅ Horarios de grupos 2026/27 (Provisional): é provisional, e trataremos de que nos definitivos haxa os mínimos cambios. En breve publicaremos as divisións de grupos (Só nas especialidades e cursos nos que hai desdobres).

✅ Guía de alumnado: con información sobre o funcionamento xeral da Escola.

✅ Outra documentación de interese: Guía de e de uso de aulas e talleres, Normas de evacuación do centro, NOF, Plan Anual,... que atoparás tamén nesa páxina.

⚠️ Para alumnado dos graos en Deseño: a solicitude de recoñecemento de créditos ten como data límite o 7 de setembro. Podes descargar na web o formulario de solicitude!

🔗 Mais info: https://eapicasso.com/informacion

📸Vlada Karpovich en Pexels

Estes días soubemos do pasamento do noso compañeiro Gonzalo Porral. Ademais de docente, foi durante 15 anos director da ...
17/08/2026

Estes días soubemos do pasamento do noso compañeiro Gonzalo Porral. Ademais de docente, foi durante 15 anos director da nosa Escola e asesor técnico da Consellería de Educación. Agardamos que o noso cariño acompañe a súa familia e amigos.

Nova adquisición para a nosa Biblioteca, moitas grazas Xulia Pisón e parabéns!!! 👏🏼👏🏼
14/08/2026

Nova adquisición para a nosa Biblioteca, moitas grazas Xulia Pisón e parabéns!!! 👏🏼👏🏼

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas para axudas de mobilidade complementarias ás Erasmus...
11/08/2026

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas para axudas de mobilidade complementarias ás Erasmus+ nas ensinanzas artísticas superiores no curso 2025/26.

Máis info: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50563

Alá polo 2013 (xa choveu 😅) convocamos un concurso entre o noso alumnado para facer un mural para a nosa Biblioteca. A p...
11/08/2026

Alá polo 2013 (xa choveu 😅) convocamos un concurso entre o noso alumnado para facer un mural para a nosa Biblioteca. A proposta gañadora foi a de Lidia Cambón Lidia Cambon. 13 anos despois, o mural segue acompañando á lectura e ao traballo de todas as usuarias da biblio 💕💕💕

Hoxe, martes 11 de agosto ás 19h, Lidia participa no Viñetas desde o Atlántico presentando e asinando o seu libro "Como pintar con rotuladores (y otros trucos)" recentemente traducido e publicado por Norma Editorial

Parabéns Lidia 👏🏼👏🏼👏🏼

O luns 10 de agosto, acudimos á inauguración do Viñetas desde o Atlántico . Ata o 16 de agosto poderemos g***r dunha che...
11/08/2026

O luns 10 de agosto, acudimos á inauguración do Viñetas desde o Atlántico . Ata o 16 de agosto poderemos g***r dunha chea de actividades, exposicións, sinaturas, faladoiros, encontros e proxeccións arredor da ilustración e a banda deseñada.

A través dun convenio de prácticas, un grupo de alumnado do Ciclo Superior de Ilustración tivo ocasión de colaborar na realización dunha serie de pezas ilustradas que acompañan ás exposicións no Kiosco Alfonso e na Sala Palexco. Parabéns polo gran traballo realizado!!! 👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼

Proba extraordinaria de acceso para as Ensinanzas Profesionais, coa seguinte oferta de prazas na nosa Escola:✅ 3 prazas ...
04/08/2026

Proba extraordinaria de acceso para as Ensinanzas Profesionais, coa seguinte oferta de prazas na nosa Escola:

✅ 3 prazas en Dourado, prateado e policromía,
✅ 5 prazas en Escultura aplicada ao espectáculo,
✅ 12 prazas en Fotografía e
✅ 13 prazas en Talla en Madeira (oferta modular de Técnicas Escultóricas)

📆 O prazo de inscrición estará aberto os días 1, 2 e 3 de setembro (ate as 14:00h) na secretaría da Escola (lembra solicitar cita previa no enlace "reservar" na nosa bio ou na nosa páxina web www.eapicasso.com).

CALENDARIO
📌 Días 1 e 2 de setembro de 2026: Inscrición na secretaría da Escola.
📌 Día 3 de setembro de 2026: Inscrición na secretaría da Escola ate ás 14h e publicación da listaxe provisional de admitidos/as á realización das probas.
📌 Día 4 de setembro de 2026: Reclamación á listaxe provisional de admitidos/as.
📌 Día 7 de setembro de 2026: Reclamación á listaxe ate as 14:00h e publicación da listaxe definitiva.
📌 Día 8 de setembro de 2026: Realización da proba específica de acceso.
🖊️ 1º exercicio: desde as 10.00 ata as 11.00 h.
✏️ 2º exercicio: desde as 12.00 ata as 14.00 h.
🖍️ 3º exercicio: desde as 17.00 ata as 19.00 h.
📌 Día 9 de setembro de 2026: Publicación da listaxe provisional de cualificacións.
📌 Días 10 e 11 de setembro de 2026: Reclamación á listaxe provisional de cualificacións.
📌 Día 14 de setembro de 2026: Publicación da listaxe de cualificacións definitiva e adxudicación de prazas.
📑 Días 15 e 16 de setembro de 2026: Matriculación.

Dirección

Os Pelamios 2
A Coruña
15001

Horario de Apertura

Lunes 08:45 - 21:15
Martes 08:45 - 21:15
Miércoles 08:45 - 21:15
Jueves 08:45 - 21:15
Viernes 08:45 - 19:00

Teléfono

981 225 396

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso:

Atajos

Compartir