Escola de Imaxe e Son

Escola de Imaxe e Son "Facer cine en Galicia é posible. Facer cine en galego é necesario"Chano Piñeiro

Escola de formación profesional superior: Audiovisual,
Multimedia, Radio, Cine, Espectáculos, Fotografía, Son...

Centro oficial da Consellería de Educación e Orientación Univeritaria da Xunta de Galicia.

Parabens a Dafne González Martínez, alumna do CIFP Imaxe e Son, que acadou unha das bolsas internacionais para alumnado ...
24/07/2026

Parabens a Dafne González Martínez, alumna do CIFP Imaxe e Son, que acadou unha das bolsas internacionais para alumnado de fotografía de enseñanzas artísticas e de FP da The MOP Foundation e a Xunta de Galicia.

Ela será unha das 4 estudiantes que realizarán unha estadía no máster Photography do Royal College of Art de Londres entre setembro e decembro de 2026.

Parabens!!

Empezan a saír prazas liberadas de modular e distancia. Podes consultalas diariamente na web https://www.edu.xunta.gal/f...
14/07/2026

Empezan a saír prazas liberadas de modular e distancia. Podes consultalas diariamente na web https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-2026-2027-prazas-liberadas

‼️A matriculación nestas prazas é presencialmente no centro e por orde de chegada.
Debes traer contigo toda a documentación requirida e tamén a titulación de acceso orixinal e copia para o seu cotexo

O pago do seguro escolar forma parte parte do proceso de matriculación anual, unha  vez adxudicada a praza:  É obrigator...
14/07/2026

O pago do seguro escolar forma parte parte do proceso de matriculación anual, unha vez adxudicada a praza:
É obrigatorio para menores de 28 anos.
Hai que ingresar 1.12€ na conta de ABANCA:
ES83 2080 0702 1730 4000 4918
No recibo/ resgardo de abono ten que figurar o seguinte:
• Destinatario: CIFP Imaxe e son (se non che recoñece o nome, dalle a continuar igualmente).
• Concepto: Seguro escolar + nome completo do/a alumno/a.
Ex: Seguro Escolar Marty Mcfly
A data de pago non pode ser anterior á data de adxudicación de praza.
IMPORTANTE!!!!!
Debes descargar unha copia do recibo de pago para adxuntala xunto coa túa matrícula

09/07/2026

Información importante para o alumnado de Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe que participou na convocatoria de bolsas para estadías no estranxeiro.

Segundo a Resolución do 21 de maio de 2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional, as persoas candidatas con maior valoración na primeira fase do proceso de selección e que acrediten o nivel de inglés requirido serán convocadas á entrevista persoal, segunda fase do proceso.

📅 Data: 23 de xullo de 2026
🕙 Hora: 10:00 h
📍 Lugar: Dirección Xeral de Formación Profesional, Edificio Administrativo San Caetano (Santiago de Compostela).

Lembramos que a convocatoria das persoas seleccionadas para esta fase publícase na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no apartado de Ensinanzas de Réxime Especial.



Moita sorte a todo o noso alumnado que continúa neste proceso!

Dirección

Someso Nº 6
A Coruña
15008

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 22:30
Martes 08:30 - 22:30
Miércoles 09:00 - 22:30
Jueves 08:30 - 22:30
Viernes 08:30 - 22:30

Teléfono

+34981173181

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola de Imaxe e Son publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Escola de Imaxe e Son:

Atajos

Compartir