07/04/2026
📢 ¡ACTAS PUBLICADAS!
Ya están disponibles las actas de la
VIII Conferencia Interuniversitaria
🧠 Ética y transformación educativa en la era de la inteligencia artificial
👇 Consulta aquí
🔗 https://integridadacademica.com/index.php?pagina=eventos&id=154
📄 Acceso directo a las actas:
https://integridadacademica.com/documentos/VIII_conferencia/ACTAS%20DE%20COMUNICACIONES%20DEF%20-%20VIII%20CONFERENCIA%20INTERUNIV%20rev2.pdf
24/02/2026
🚀 As pílulas medran e transfórmanse!
O Grupo GIACE presenta un novo MOOC na plataforma UDC Aberta:
🎓 Claves para o teu TFG/TFM: da idea ao éxito
Este curso nace da experiencia acumulada das xa recorridas e tradicionais Pílulas Formativas, que ata o de agora se materializaron en dúas Xornadas Internacionais de Microformación e dez edicións de pílulas de apoio á realización do TFG/TFM, constituíndo o bagaxe desta nova andaina.
👉 Curso aberto, gratuíto e en liña
🛠️ Producido pola Unidade de Teleformación do CUFIE
📲 Inscríbete xa!
🔗 https://udcaberta.udc.gal/
24/12/2025
🌟📚
No GIACE da Universidade da Coruña, celebramos estas festas como un tempo para parar, reflexionar e agradecer o camiño compartido.
Que o Nadal nos regale momentos de calma, inspiración e aprendizaxe colectiva, e que o novo ano veña cheo de proxectos, ilusión, novos colegas e relacións nacionais e internacionais, e coñecemento compartido.
🎄✨ Bo Nadal, Felices Festas e Bo Aninovo!
----------------------------------------
🌟📚
En GIACE de la Universidad de A Coruña, celebramos estas fiestas como un tiempo para parar, reflexionar y agradecer el camino compartido.
Que la Navidad nos regale momentos de calma, inspiración y aprendizaje colectivo, y que el nuevo año llegue lleno de proyectos, ilusión, nuevos colegas y relaciones nacionales e internacionales, y conocimiento compartido.
🎄✨ ¡Feliz Navidad, felices fiestas y próspero Año Nuevo!
01/12/2025
📣 Entrega de Premios do III Concurso Interuniversitario de Integridade Académica do SUG
Este 1 de decembro de 2025, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida, USC), celebrouse a entrega de premios do III Concurso Interuniversitario de Integridade Académica do SUG.
A xornada comezou coa 🧠 Conferencia: “Intelixencia artificial nas habilidades críticas”, presentada por Jesús Miguel Muñoz Cantero (UDC) e moderada por Ana Mª Porto Castro.
🏅 Entrega de diplomas
O acto contou coa presenza de:
• José Alberto Díez de Castro, Secretario Xeral de Universidades
• José Eduardo López Pereira, Director da ACSUG
• Mª del Mar Lorenzo Moledo, Decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC
• Eva María Espiñeira Bellón, Vicedecana da Facultade de Ciencias da Educación da UDC
• Jorge Soto Carballo, en representación da Facultade de CC. da Educación e do Deporte da UVigo
• Jesús Miguel Muñoz Cantero, en representación do Grupo Interuniversitario de Integridade Académica do SUG
Así como outros membros dos grupos que conforman o Grupo Interuniversitario de Integridade Académica do SUG: GIACE (UDC), IDEA (USC) e GIES (UVigo).
🏆 Premiados/as do III Concurso Interuniversitario de Integridade Académica do SUG
🎓 1º Premio – Universidade de Santiago de Compostela
Ainoa Afonso Bouza
Grau en Pedagoxía. Facultade de Ciencias da Educación.
🎓 1º Premio – Universidade da Coruña
Isabel Tuñas Maceiras
Programa Oficial de Doutoramento en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Benestar. Facultade de Fisioterapia.
🎓 1º Premio – Universidade de Vigo
Xelo Teijido Teijido
Grau em Educación Infantil. Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
🔗 Máis información: https://integridadacademica.com/
Universidade da Coruña Universidade de Vigo Universidade de Santiago de Compostela Xunta de Galicia
27/11/2025
📢 Participación do GIACE na Universidade de Aveiro
Durante a súa estancia académica na Universidade de Aveiro (Portugal), o noso membro do grupo GIACE, Nicolás López Jar, participou no Programa de Formação e Atualização Pedagógica, unha iniciativa centrada na innovación educativa e nos desafíos actuais do ensino superior.
💬 No marco deste programa impartiu a sesión:
“Duas IAs, um desafio com ética”
📅 26 de novembro
📍 Formato presencial
Nesta intervención tamén se presentou o traballo do Grupo de Integridade Académica, poñendo en valor as súas liñas de investigación, accións formativas e o compromiso coa promoción dunha cultura de responsabilidade e honestidade académica.
A actividade contou co acompañamento das súas orientadoras, Ana Pedro (Universidade de Aveiro) e Eva María Espiñeira (Universidade da Coruña).
✨ Lembramos tamén que xa queda menos para o II Colóquio Internacional, que terá lugar os días 18 e 19 de decembro de 2025, centrado na ética e integridade na investigación en ciencias humanas e sociais na era da intelixencia artificial, así como nas percepcións do plaxio académico en Portugal, España e Brasil.
📍 O congreso celebrarase en formato presencial e online,
🤝 e está a ser organizado de maneira conxunta polo Grupo de Integridade Académica da Universidade da Coruña (UDC) e pola Universidade de Aveiro (UA).
Ademais, desprazaranse máis membros do noso grupo de investigación para participar e representar GIACE neste evento internacional.
🔗 Desde GIACE seguimos impulsando a investigación, a integridade e a innovación na educación superior.
17/06/2025
🎉 Recoñecemento ao labor das/os integrantes do grupo GIACE en proxectos de innovación docente ApS 🎉
No marco da celebración do 10º aniversario da metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo (ApS) na UDC, varios membros do noso grupo de investigación GIACE foron recoñecidos pola súa implicación en proxectos innovadores que combinan aprendizaxe académica e compromiso social.
🟢 Premio na modalidade de Sustentabilidade e Concienciación Medioambiental
🥈 Segundo galardón para o proxecto “Instalación sonora viaxe especial, unha experiencia creativo-sensorial con nenos e nenas de Educación Infantil”, promovido polo profesorado da Facultade de Ciencias da Educación Vicente Castro e Rocío Chao e integrantes do grupo.
🔴 Premio na modalidade de Redución das Desigualdades
🥇 Primeiro galardón para o proxecto “Unha proposta de Aprendizaxe e Servizo na formación de educadores e educadoras”, impulsado pola profesora Eva Espiñeira (coordinadora do GIACE), xunto con Rocío Chao (membro de GIACE), José Luis Martín e Patricia Coucheiro, en colaboración coa Asociación Cuarto Mundo e os municipios da Comarca da Ulloa.
Un orgullo ver como as iniciativas das/os membros do grupo contribúen a construír unha educación, formación e universidade máis comprometida co ben común e coa transformación social 🌍📚
📍 Máis info sobre o acto de entrega dos premios e a exposición de proxectos na web da UDC: https://udc.es/gl/novas/A-UDC-premia-aos-mellores-proxectos-de-innovacion-docente-en-Aprendizaxe-e-Servizo-ApS-aprobados-nos-cursos-2022-23-e-2023-24/
12/06/2025
🎓🌍 O GIACE reforza lazos con Portugal!
Temos o pracer de anunciar unha nova colaboración internacional co CLLC da Universidade de Aveiro (Portugal) para a organización do II Coloquio Internacional sobre Ética e Integridade na Investigación en Ciencias Humanas e Sociais na Era da Intelixencia Artificial.
🗓️ 18 e 19 de decembro de 2025
📍 Universidade de Aveiro — Departamento de Educación e Psicoloxía
📡 Evento presencial e en liña
O coloquio abordará temas clave como o plaxio académico, a responsabilidade ética na investigación e os desafíos da intelixencia artificial na educación, con participación de especialistas de Portugal, España e Brasil.
👥 Podedes participar tanto de maneira online como presencial, aínda que recomendamos vivamente a opción presencial para que poidades coñecer esta fermosa cidade e desfrutar do encontro de forma máis próxima.
📢 Ademais, podedes presentar comunicacións. Máis información dispoñible na web!
🧠 Consulta o programa aquí:
🔗 https://cibertecela-nlj.my.canva.site/ii-coloquio-internacional-etica-e-integridade-ia-es-es
📝 Inscricións abertas:
🔗 https://forms.office.com/e/CPTaNwgq4R
🤝 Unha iniciativa conxunta de:
GIACE – Universidade da Coruña
CLLC – Universidade de Aveiro
Colabora: RED-IA & FCT (Portugal)
Este evento é financiado por fundos nacionais (PORTUGAL), através da Fundação para a Ciência e Tecnologia, I.P., no âmbito do Projeto UID 004188 – Centro de Línguas, Literaturas e Culturas.
07/05/2025
🎓 ¡Bienvenidos a la X Reunión Científica Interuniversitaria de Jóvenes Investigadores/as!
📍 A Coruña | 23, 24 y 25 de mayo
Nos emociona anunciar que ya está en marcha la décima edición de esta importante cita académica, dirigida a los/as jóvenes investigadores/as del Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación de la UDC, UVIGO, USC, UNIOVI y Univ. de Cantabria.
🔬 Un espacio para compartir conocimiento, crear redes y avanzar juntos/as en nuestros proyectos.
🔗 ¡Inscríbete ya!
📄 La inscripción es obligatoria para todos los participantes:
👉 https://forms.office.com/e/DusjaRLwmt
📲 Mantente informado/a
Únete a nuestro canal de WhatsApp:
👉 https://whatsapp.com/channel/0029Vb5GKDGJENxsIzCnXj1H
🌐 Web oficial del evento:
https://xrciji.wixsite.com/x-reunion
📌 Consejo: accede desde una red móvil o doméstica si tienes problemas desde la red universitaria.
🧑🔬 Programa y actividades
Muy pronto publicaremos el programa completo. ¡Estamos preparando una agenda llena de propuestas enriquecedoras!
📧 ¿Tienes dudas? Escríbenos a: [email protected]
🤝 Conoce al equipo organizador
🔹 Coordinadora UDC: Eva María Espiñeira Bellon
🔹 Doctorandos/as organización:
UDC: María Pérez Sánchez, Marta Prado Botana, Natalia Cea Rodríguez, Nicolás López Jar, Rocío Rodríguez Padín, Tamara Castro Mosquera
USC: María Aguión Lamas, Diego López Seoane
UVIGO: Samantha Mulloni Martínez, Jessica Abalos
Univ. de Cantabria: Elisa Monar del Castillo, Óscar Arcera López
UNIOVI: Natalia Rodríguez Muñiz, Silvia Laguna López, Swan Sadith Pacheco Díaz
💡 Te animamos a participar activamente, mostrar tu investigación, conocer colegas y contribuir al desarrollo científico.
27/03/2025
🚀 Continuamos co ciclo de conferencias "Máis Alá da IA"! 🎓
📅 Data: 27 de marzo
⏰ Hora: 17:00 h (UTC+01:00) Bruxelas, Copenhague, Madrid, París
📍 Sesión: Segunda Conferencia
🔍 Título da conferencia: "10 cousas que non sabías sobre a IA na difusión científica (e como está afectando a transparencia)"
🎤 Ponente: Rubén Comas Forgas, Universitat Illes Balears
💡 Descubre como a intelixencia artificial está revolucionando a transparencia na difusión científica. Non perdas esta fascinante charla que abrirá os teus ollos a aspectos descoñecidos da IA.
🔗 Únete a nós para explorar a relación entre a intelixencia artificial e a integridade académica. Agardámoste!
----------------------------------------------------------------------------------------
🚀 ¡Continuamos con el ciclo de conferencias "Más Allá de la IA"! 🎓
📅 Fecha: 27 de marzo
⏰ Hora: 17:00 h (UTC+01:00) Bruselas, Copenhague, Madrid, París
📍 Sesión: Segunda Conferencia
🔍 Título de la conferencia: "10 cosas que no sabías sobre la IA en la difusión científica (y cómo está afectando la transparencia)"
🎤 Ponente: Rubén Comas Forgas, Universitat Illes Balears
💡 Descubre cómo la inteligencia artificial está revolucionando la transparencia en la difusión científica. No te pierdas esta fascinante charla que te abrirá los ojos a aspectos desconocidos de la IA.
🔗 Únete a nosotros para explorar la relación entre la inteligencia artificial y la integridad académica. ¡Te esperamos!