CPR Salesiano San Juan Bosco - A Coruña

CPR Salesiano San Juan Bosco - A Coruña Centro Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco de A Coruña. Desde los 3 años en adelante.

⚠️ INFO IMPORTANTE ⚠️ ⏰ NOVO HORARIO ⏰Lembrade que este curso temos cambio de horario no cole. Gardade 🔰esta publicación...
08/09/2026

⚠️ INFO IMPORTANTE ⚠️ ⏰ NOVO HORARIO ⏰
Lembrade que este curso temos cambio de horario no cole. Gardade 🔰esta publicación para tela sempre a man😉

08/09/2026

⏰Faltan menos de 24 horas… Estamos desexando recibirvos de novo, non sabedes o que vos botamos en falta todo este tempo! Últimos detalles que esto comeza prontiño!!👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼

Este ano os máis madrugadores do cole foron os rapaces de 1º e 2º de ESO que viaxaron a Reino Unido 🇬🇧 do 27 de agosto a...
07/09/2026

Este ano os máis madrugadores do cole foron os rapaces de 1º e 2º de ESO que viaxaron a Reino Unido 🇬🇧 do 27 de agosto ao 3 de setembro. O seu destino: Broadstairs, pequena localidade na coste leste do país. Dende alí puideron desplazarse a Londres 🎡, Canterbury, e por suposto visitar a costa onde xa comezan os impresionantes acantilados brancos de Dover. Clases pola mañá e actividades dinámicas pola tarde, ¡todo en inglés! Momentos de convivencia e diversión que serviron como aperitivo dun curso que xa imos comezar.

Os aventureiros seguen coñecendo o Reino Unido 🇬🇧: Londres, tarde de bolos… e non esquezamos a comida!! Unha viaxe inesq...
02/09/2026

Os aventureiros seguen coñecendo o Reino Unido 🇬🇧: Londres, tarde de bolos… e non esquezamos a comida!! Unha viaxe inesquecible

01/09/2026

Representantes de toda a casa salesiana de A Coruña participamos o sábado na presentación da Programación Anual Inspectorial (PAI).

Un día en familia para compartir ideas, cargar pilas e preparar todo o que vén este curso ao estilo de Don Bosco. ⚡✨

Grazas pola acollida! 🚀

31/08/2026

🇬🇧✨ Os máis madrugadores deste curso... xa están de aventura!

O pasados xoves, un grupo de alumnas e alumnos de 1º e 2° da ESO iniciou a súa estadía de inmersión lingüística en Broadstairs, Kent 🇬🇧📚.

E para comezar esta experiencia con bo pé, realizaron unha actividade moi chula para coñecer o seu destino e descubrir os seus recunchos. 🗺️🔎

Mirade que ben o están pasando e todo o que lles queda por vivir! 😍🙌




🎉 Parabéns ao noso antigo alumno Alberto Rodríguez Vázquez por este gran traballo! 👏Alberto forma parte da promoción de ...
28/08/2026

🎉 Parabéns ao noso antigo alumno Alberto Rodríguez Vázquez por este gran traballo! 👏

Alberto forma parte da promoción de 2013 e deixou unha fonda pegada na nosa comunidade educativa pola súa simpatía e compañeirismo ❤️

Gardamos un recordo moi especial da súa participación nas veladas do centro animamdo coa súa música 🎶

Grazas, Alberto, por seguir así e por compartir o teu talento! Moitos parabéns e a seguir sumando éxitos! 🙌✨

👉 Máis información e detalles sobre este traballo: https://www.instagram.com/p/Dca_iIMjyHJ/?igsi=dG5kZjRub3J1cTlv

20/06/2026

🌊☀️ O mércores puxemos o broche de ouro ao curso cunha fantástica saída á praia do Raso, en Ares. 🏖️
Os nenos, as nenas e o profesorado de Primaria desfrutamos dunha xornada inesquecible chea de 💬 conversas, 🎲 xogos, 🌊 baños e, sobre todo, 😄 moita ledicia e bos momentos compartidos.

💙 Volvemos para casa con sorrisos, lembranzas moi especiais e as pilas cargadas para dar a benvida ao verán.

🌞⛱️ Agora toca desfrutar das vacacións, da praia, dos amigos e de todo o que nos agarda nestes meses de descanso.

✨ Bo verán para todas e todos! ✨

19/06/2026

🚀💡 Un curso enteiro de ideas, aprendizaxes, retos e creatividade… que chega ao seu fin.✨

A nosa Feira de Proxectos 2026 volveu converter o cole nun gran escaparate de talento 🎨🤖🔬📚 Detrás de cada maqueta, experimento, prototipo, exposición ou presentación había moitas horas de traballo, investigación, erros, melloras e aprendizaxes compartidas 🤝💙 ao longo de todo o curso.

Porque aprender non é só estudar… tamén é crear, construír, probar, comunicar e atreverse a facer realidade unha idea 💭➡️🚀

Dálle ao play ▶️ e revive connosco algúns dos mellores momentos!

Os nenos e nenas de 3 anos tivemos unha saída moi especial. O paxaro Ole convidounos a visitar a biblioteca de Monte Alt...
19/06/2026

Os nenos e nenas de 3 anos tivemos unha saída moi especial. O paxaro Ole convidounos a visitar a biblioteca de Monte Alto 📚 alí coñecimos a Ole 🐦‍⬛en persoa e descubrimos a cantidade de recursos que podemos pedir prestados.
Un día cheo de historias e imaxinación para os máis peques do cole! 📖🪄

Dirección

Calle Hospital 14
A Coruña
15003

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CPR Salesiano San Juan Bosco - A Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CPR Salesiano San Juan Bosco - A Coruña:

Atajos

Compartir

Categoría