Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira

Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira

Compartir

O Instituto é unha asociación galega co obxectivo de contribuír a mellorar a comunicación e a divulgación científica no eido psicosocial e ambiental

Artículos de Ernesto S. Pombo. La Voz de Galicia 20/08/2015

No módulo 6 do Curso Experto en Xestión Sustentable de Empresas e organizacións que dará comezo o vindeiro día 18 de Setembro, Ernesto Sánchez Pombo trazará unhas liñas básicas do que debe ser a información empresarial en xestión sustentable, así como as estratexias de comunicación nunha sociedade cada vez máis esixente e inundada de información, unha grande parte das veces sen rigor e sen contrastar. O papel das novas tecnoloxías e dos medios tradicionais terá un tratamento especial por ser especialmente relevante no novo marco comunicativo das sociedades avanzadas.
Tedes acceso a algúns dos artigos do xornalista, aquí:http://www.lavozdegalicia.es/firmas/ernesto-sanchez-pombo

Artículos de Ernesto S. Pombo. La Voz de Galicia Todos los artículos de Ernesto S. Pombo

Photos 19/08/2015

A poltica e dereito ambientais serán o centro do Módulo 7 do curso Experto en Xestió Sustentable de Empresas e Organizacións. Alejo Calatayud Alva, consultor na materia será o responsable de impartilo.

A política do medio ambiente constitúe a día de hoxe un dos desafíos sociais máis importantes para os poderes públicos e os axentes económicos e sociais e é, asimesmo, un tema ante o cal o público está moi sensibilizado por afectar directamente ao seu benestar e saúde. É importante coñecer a orixe e evolución da política de medioambiente a nivel comunitario, destacando o seu constante desenvolvemento, expansión e crecemento.

Estamos ante unha política de competencia compartida entre a Unión Europea e os Estados membros; de aí a importancia de tela sempre presente e coñecela. Nun reparto similar, en España a distribución competencial entre o Estado e as Comunidades Autónomas en materia de medio ambiente derívase do articulado da Constitución española de 1978 que confire ao Estado a lexislación básica en materia de protección do medio ambiente e ás Comunidades Autónomas a execución, desenvolvemento normativo e normas adicionais de protección. Durante o desenvolvemento do módulo analizaranse as principais normas ambientas vixentes na actualidade a nivel estatal e autonómico en Galicia.

Photos 06/08/2015

Ate o 15 de Setembro temos aberta a inscrición no Curso Experto en Xestión Sustentable de Empresas e Organizacións, que organiza o Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira No Módulo 5, de Estratexia, impartido por José Picado Carballeira debatiranse os fitos máis importantes para a análise dunha empresa ou organización sustentable, tanto desde un punto de vista interno (económico, produtivo, técnico e organizativo) como desde o seu posicionamiento no mercado e na sociedade. Detallarase a metodoloxía para realizar as análises PEST e DAFO, así como a toma de decisións para atopar unha posición competitiva que permita manterse e ser sustantable. Estudaranse ademais un par de casos: unha empresa do sector agroalimentario e outra do sector da enerxía limpa.

Una sociedad más participativa 31/07/2015

Una sociedad más participativa Aunque parezca un contrasentido, es necesario contar con una sociedad más participativa para tener más y mejores empresas socialmente responsables. Hasta ahora, por lo que me ha tocado ver, gran parte de la literatura dedicada a la Responsabilidad Social, esta principalmente dedicada a la empresa, l

Ricardo García Mira: «O `Prestige´ foi un dos poucos casos en que se movilizou á cidadanía» 27/07/2015

O Grupo de Investigación Persoa Ambiente da Universidade da Coruña e que co-organiza o curso Experto en Xestión Sustentable de Empresas e Organizacións, traballou durante os últimos meses nunha enquisa por encargo da Comisión Europea sobre a percepción do risco ambiental a nivel europeo. Onte na Voz, aparece unha entrevista a Ricardo García Mira onde se recollen parte dos resultados do estudo.

Ricardo García Mira: «O `Prestige´ foi un dos poucos casos en que se movilizou á cidadanía» O coordinador do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da UDC afirma que a Comisión Europea busca co traballo coñecer como conceptualiza o cidadán o risco medioambiental

La contaminación de las rías, el mayor riesgo ambiental para los gallegos 27/07/2015

O Grupo Persoa-Ambiente da UDC, participou os últimos meses xunto con outros catro universidades europeas na elaboración dun informe sobre a percepción do risco ambiental . Algúns dos resultados recóllense nesta peza, que saiu publicada onte na Voz de Galicia.

La contaminación de las rías, el mayor riesgo ambiental para los gallegos Un estudio de la UE revela que tienen inquietudes ecológicas distintas al dictamen de los científicos y del resto de ciudadanos europeos

Photos from Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira's post 20/07/2015
Photos from Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira's post 20/07/2015

Amigos e amigas,

Temos o pracer de presentarvos a primeira edición do Curso "Experto en Xestión Sustentable de Empresas e Organizacións" que organiza o Instituto de Estudos Xoán Vicente Viqueira en colaboración co Grupo de Investigación Persoa Ambiente da Universidade da Coruña.

O programa do curso está deseñado para proporcionar ao alumnado unha visión global da xestión sustentable, aplicable no eido empresarial e institucional, desde unha perspectiva xurídica, financeira e técnica, e que abrangue os contextos local, autonómico, nacional e europeo.

Cunha vocación profesionalizadora, o curso incide no deseño, desenvolvemento e aplicación de políticas de responsabilidade social e ambiental, preparando o alumnado para este ser quen de desenvolver estratexias de sensibilización, participación e comunicación social das medidas de xestión sustentable adoptadas.

As inscricións están abertas desde o 15 de Xullo até o 15 de Setembro.

Para máis información escribídenos a [email protected]

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en A Coruña?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Facultade Ciencias Da Educación, Laboratorio De Psicoloxía Social, Campus De Elviña
A Coruña
15008