Universidade da Coruña

Universidade da Coruña En constante cambio A Universidade da Coruña é unha universidade moderna, innovadora e dinámica. A UDC conta con viveiro de empresas e Parque Tecnolóxico.

Ten 21 facultades e escolas propias e 3 adscritas nos campus da Coruña e Ferrol, nas que se imparten 38 graos e 53 mestrados oficiais a uns 24.500 estudantes. A UDC fomenta a mobilidade internacional tanto para estudar como para facer prácticas en empresas europeas. A satisfacción do estudantado coa UDC é superior á media universitaria española, ao igual que a inserción laboral e o índice de emprendemento dos seus titulados.

🔊📰 A UDC reorganiza a estrutura do seu Equipo de Goberno e crea a Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Art...
01/09/2026

🔊📰 A UDC reorganiza a estrutura do seu Equipo de Goberno e crea a Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial

🏫A Reitoría acolleu hoxe a toma de posesión dos novos titulares de Planificación Estratéxica; Profesorado; Estudantes e Empregabilidade; da recén creada Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial e da Xerencia. Benvid@s

📷Aquí o equipo reitoral ao completo.

+info: https://bit.ly/4gyYVve

☀️🏖️ Chegou o momento de parar, desconectar e g***r do verán. 🌊Na Universidade da Coruña marchamos de vacacións, pero vo...
14/08/2026

☀️🏖️ Chegou o momento de parar, desconectar e g***r do verán.

🌊Na Universidade da Coruña marchamos de vacacións, pero volveremos en setembro con novas ideas, proxectos e moitas ganas de seguir compartindo coa todas as novas e acontecementos!

🤗Grazas por acompañarnos durante todo este curso. Vémonos en setembro con novas historias, proxectos e ilusións! 👋💙

🌌 E así chegamos ao final dunha semana inesquecible!✨O congreso internacional "New Frontiers in Cosmology" remata, pero ...
14/08/2026

🌌 E así chegamos ao final dunha semana inesquecible!

✨O congreso internacional "New Frontiers in Cosmology" remata, pero quedan moito máis ca relatorios, debates e resultados científicos. Quedan as conversas, as novas colaboracións que surxirán a raíz deste encontro, as preguntas que abrirán novos camiños e a emoción de compartir todos estes días arredor dunha mesma paixón: comprender o Universo🧠.

🌒☀️Quedará tamén na memoria unha eclipse total vivida xuntos, un deses momentos que nos lembran que a ciencia pode ser, ademais de coñecemento, asombro e emoción.

🤗Grazas a todas as persoas que fixestes posible este encontro e a quen chegou á Universidade da Coruña desde tantos lugares do mundo para compartir ciencia, ideas e futuro!

Esperamos vervos de novo na UDC!

📸 Así foi a nosa semana en imaxes.

🌍Esta mañá recibimos na Reitoría da Universidade da Coruña unha representación de alumnas da Cátedra Inditex de Lingua e...
14/08/2026

🌍Esta mañá recibimos na Reitoría da Universidade da Coruña unha representación de alumnas da Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas da Universidade de Daca, en Bangladesh.

🫱🏽‍🫲🏽A Cátedra, froito do convenio entre Inditex e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Daca, ten como obxectivo fomentar o coñecemento da lingua e da cultura españolas no país asiático.

Ao longo do ano, esta colaboración tradúcese en cursos de lingua e cultura, bolsas de mobilidade e actividades académicas e culturais que achegan persoas, coñecementos e realidades de diferentes lugares do mundo.

🫂Foi un pracer recibirvos na UDC!

🎓 Queres facer un doutoramento na UDC? Apunta estas datas!📢A Universidade da Coruña abrirá o 1 de setembro o primeiro pr...
14/08/2026

🎓 Queres facer un doutoramento na UDC? Apunta estas datas!

📢A Universidade da Coruña abrirá o 1 de setembro o primeiro prazo de preinscrición para os programas de doutoramento do curso 2026/2027.

📅 Preinscrición: do 1 ao 8 de setembro
📚 Matrícula: do 1 ao 13 de outubro

A través da Escola Internacional de Doutoramento (EIDUDC), a UDC oferta:

🔹 🔬39 programas de doutoramento
🔹 👤458 prazas
🔹🧠Áreas de coñecemento moi diversas: TIC, enxeñaría civil, enerxía e sustentabilidade, ciencias da saúde, ciencias mariñas, dereito, educación, arquitectura, etc.

💡Se estás pensando en continuar a túa formación e iniciar unha carreira investigadora, este pode ser o teu momento!

🔗Máis info: https://bit.ly/PID2627

📢 A Unidade de Atención á Diversidade da UDC abre, desde o 17 de agosto ata o 25 de setembro o segundo prazo de solicitu...
14/08/2026

📢 A Unidade de Atención á Diversidade da UDC abre, desde o 17 de agosto ata o 25 de setembro o segundo prazo de solicitude e renovación de adaptacións curriculares para o curso académico 2026/2027, dirixido ao alumnado con necesidades específicas de apoio.

💻 Se tes dificultades para cubrir o formulario, podes tamén pedir cita a través do servizo de reservas ou chamar ao 881 012 314.

🔗 Máis info: https://bit.ly/AdpCu2

🦿🔬 Pode unha simulación por computador axudarnos a saber como se comportará a rótula despois dunha prótese de xeonllo?💻U...
13/08/2026

🦿🔬 Pode unha simulación por computador axudarnos a saber como se comportará a rótula despois dunha prótese de xeonllo?

💻Un estudo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni da Universidade da Coruña emprega simulacións por ordenador para anticipar, antes da cirurxía, como a diferente colocación do implante pode afectar ao comportamento e estabilidade da rótula.

🧪Para validar o modelo, o equipo investigador empregou un prototipo fabricado mediante impresión 3D equipado con sensores. As predicións obtidas por computador mostraron unha elevada concordancia coas medicións experimentais, o que permite pensar en ferramentas que axuden a comparar alternativas antes da intervención, algo especialmente relevante nunha cirurxía na que os cortes óseos son irreversibles.

🔗Máis info: https://bit.ly/ProCTN

🏆131 estudantes da UDC, recoñecidos pola súa excelencia académica!✨Os Premios Ángela Ruiz Robles 2026 recoñecen o talent...
13/08/2026

🏆131 estudantes da UDC, recoñecidos pola súa excelencia académica!

✨Os Premios Ángela Ruiz Robles 2026 recoñecen o talento e o esforzo do estudantado da Universidade da Coruña con mellores cualificacións nos tres primeiros cursos de cada titulación.

📍 106 estudan na Coruña e 25 en Ferrol
⭐ A máxima cualificación foi un 9,9, acadado no Grao en Relacións Internacionais, no Campus Industrial Ferrol.
💶 Os premios contan cunha dotación de 1.100 euros, que pode chegar aos 1.600 euros no caso das mellores cualificacións.

👏 Parabéns a todo o estudantado premiado!

🔗Máis info: https://bit.ly/PrARR26

Hoxe ás 20:28 terá lugar unha eclipse total de Sol, a primeira visible desde aquí en máis dun século.Para desfrutala con...
12/08/2026

Hoxe ás 20:28 terá lugar unha eclipse total de Sol, a primeira visible desde aquí en máis dun século.
Para desfrutala con seguridade, escolle sempre un visor homologado, busca un lugar axeitado cun horizonte despexado e evita mirar directamente ao Sol sen protección.
Un fenómeno único para observar con calma, seguridade e curiosidade científica.
Desfruta desta casualidade cósmica 🌘
+info en: https://udc.gal/gl/unidade_divulgacion_cientifica/eclipse

📚O Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña presentou onte Pieśni / Cancións de Papusza, unha obra que ofrece p...
11/08/2026

📚O Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña presentou onte Pieśni / Cancións de Papusza, unha obra que ofrece por primeira vez en galego a poesía de Papusza (Bronisława Wajs, 1908–1987), considerada a primeira poeta xitana con obra escrita en lingua romaní.

✨O acto contou coa participación de Cristina Naya Riveiro, vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte; Ana Garrido González, tradutora; e Inma Doval Porto, directora do Servizo de Publicacións.

🫂Esta edición bilingüe polaco-galego recupera os poemas do primeiro libro de Papusza, Pieśni Papuszy, publicados en 1956 a partir da tradución do romaní ao polaco realizada por Jerzy Ficowski e vertidos agora ao galego por Ana Garrido e Aleksandra Jackiewicz.

Dirección

A Maestranza, 9
A Coruña
15001

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Universidade da Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Universidade da Coruña:

Atajos

Compartir

Categoría