18/06/2024
𝗕𝗮𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻 𝗫𝘂𝘀𝘁𝗼 · 𝗖𝗲𝗿𝗱𝗲𝗱𝗼-𝗖𝗼𝘁𝗼𝗯𝗮𝗱𝗲 · 𝗖𝗿𝗶𝘀𝘁𝗶𝗻𝗮 𝗚𝗮𝗿𝗰𝗶́𝗮 𝗙𝗼𝗻𝘁𝗮́𝗻
Última xornada do ciclo Visitando GDA [2023], que terá lugar o próximo sábado, 𝟮𝟮 𝗱𝗲 𝘅𝘂𝗻̃𝗼, ás 𝟭𝟭:𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀, na que nos achegaremos a Cerdedo-Cotobade para visitar a Recuperación patrimonial e paisaxística dos baños de San Xusto.
En primeiro lugar, asistiremos a unha charla impartida por Cristina García Fontán, autora do proxecto, na que nos contará os detalles da obra e, despois, faremos unha visita guiada pola casa de baños, o circuíto exterior das augas e os muíños restaurados, un deles como sauna.
A continuación, achegarémonos á Carballeira de San Xusto para visitar a obra de acondicionamento da contorna da carballeira, proxecto tamén de Cristina García Fontán.
Para finalizar a xornada, o Concello de Cerdedo-Cotobade convidaranos a uns petiscos na carballeira.
𝗣𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 𝗱𝗮 𝘅𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮:
Charla: 11:00 - 11:45 horas
Visita aos baños: 11:45 - 12:45 horas
Visita á carballeira e petiscos: 13:00 - 14:00 horas
Debido á dificultade para poder aparcar na contorna dos baños, recoméndase facer uso do autobús que se porá a disposición de todas as persoas interesadas en asistir á visita, que sairá ás 10:30 horas dende a Praza de Galicia, en Pontevedra (enfronte NAKASA), tendo previsto o seu regreso ás 14:30 horas.
O acto é aberto ao público pero, por cuestións de organización, é preciso confirmar a asistencia á visita, así como a reserva de praza no autobús, antes das 14:00 horas do venres 21 de xuño na ligazón que aparece na bio.
·
·
·
·
·
·
·
·
·
·
·
·
·
· Cristina Garcia Fontan
20/04/2024
Actividades del IV Día Europeo de los Jardines Históricos en el pazo Quinteiro da Cruz
www.udc.es
Detalle de udc-news
04/01/2024
𝐎𝐟𝐞𝐫𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 | Na Fundación Juana de Vega ampliamos equipo para a xestión do proxecto europeo INTERREG SUDOE "ECOSPHEREWINES. Mellora de servizos ecosistémicos e infraestruturas verdes en zonas vitícolas de alto valor ecolóxico”.
📆 Recepción de solicitudes ata o 13/01.
🔎 Requisitos e descrición completa da vacante:
https://juanadevega.org/traballo/tecnico-xestion-de-proxectos-proxecto-europeo-interreg-sudoe-ecospherewines/
05/11/2023
SITOPÍAS 02
Xornada de presentación de proxectos 08 e do grado de paisaxe na ETSAC + debate
Mercores 08/11/2023 10:00- 13:00h
Participarán no debate: Carolyn Steel, Miguel Fernández (Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo), Leonor Lorenzo Ábalo e Rocío García Carregal (Slow food Compostela), Antonio Roade (Lagar do Vento), Lucía Escrigas (Fundación RIA); ademais do profesorado e alumnado do taller do 9º cuadrimestre e do grado de Paisaxe, así como Ruth Varela (Asoc. cultural Flor de Santiago), como coimpulsora da iniciativa.
Sitopías é un ciclo de debates de carácter multidisciplinar que, dende a arquitectura, ten como obxectivo abordar a importancia dos sistemas alimentarios de proximidade para a saúde do territorio e para a saúde humana, así como a importancia de recuperar e protexer un dos patrimonios máis valiosos de Galicia que é o seu metabolismo social tradicional. Isto implica impulsar e revalorizar a produción de proximidade e os mercados de abastos e, asemade, desenvolver as infraestruturas locais complementarias e novos enfoques de planeamento que son necesarios para este fin
02/11/2023
https://waterscapesribeirasacra.com/
WateRScapes Ribeira Sacra | 6-8 november 2023
wateRScapes RIBEIRA SACRA Encuentro internacional Paisajes del agua: uniendo el pasado con el futuro Santo Estevo de Ribas de Sil (Ribeira Sacra)6-8 de noviembre de 2023Programa↓ Objetivos del encuentro N Impulsar el reconocimiento del valor y la importancia de los paisajes culturales del agua,...