21/04/2026
📢ANPE volve reclamar o pagamento aos membros dos tribunais 2025 e denuncia os atrasos inaceptables.
Os membros dos tribunais das oposicións de 2025 aínda non cobraron.
A día 17 de abril de 2026 — case 10 meses despois das oposicións de xuño — as persoas que formaron parte dos tribunais seguen sen recibir as súas compensacións. Isto é inadmisible.
Dende ANPE levamos reclamando esta situación desde setembro. A Administración confirmou o pagamento nesta mesma data, o que só evidencia unha xestión claramente deficiente.
Esiximos:
✅ Pagamento puntual e garantido
✅ Manutención para todos os membros, independentemente da súa residencia
✅ Recoñecemento real das condicións de traballo
Se formaches parte dun tribunal e non recibes o ingreso nos próximos días, contacta con nós.
🌐 www.anpegalicia.es
Educación Galicia Docentes OposicionesGalicia