JAU Te decimos cómo.

27/08/2026

🎶 Despois de recibir 162 propostas na convocatoria artística de PALCO, xa podemos poñerlle nome aos proxectos que este outono subirán aos escenarios do primeiro encontro do sector musical en Galicia:

Abril - Amoebo - Antía Muíño - Apolo 18 - Catuxa Salom - GALICIAN ARMY - High Paw - Lisdexia - Lumedoloop - Maricarme - Néboa - Raze - Tona - Vimbio - Xan Campos

Durante PALCO, do 3 ao 5 de novembro, poderemos velos en directo nas salas compostelás Sala Capitol, Riquela, Sala Sonar e CDG - Salón Teatro, nunha serie de showcases pensados para que profesionais da industria musical poidan coñecer de primeira man estes proxectos.

E grazas ao acordo entre MIL Lisboa e a Xunta de Galicia, un dos proxectos presentados na convocatoria artística viaxará este outono a Lisboa para participar no MIL, mentres que un proxecto portugués formará parte tamén da programación artística de PALCO e actuará durante o encontro.

E que... hai moito talento aquí cerca e hai que poñerlles cara e nome!.

E atención, que PALCO segue abrindo portas: a convocatoria de pitchings continúa aberta ata o 10 de setembro 😉.



Agem Asociación Galega Empresas Musicais
Axencia Galega das Industrias Culturais

10/08/2026

🎤 Aberta a convocatoria de presentacións breves | Pitchings para PALCO 2026!

Tes un proxecto, unha iniciativa ou un servizo relacionado coa industria musical? PALCO abre un espazo para presentalo diante de profesionais do sector. Unha oportunidade para dar visibilidade ao teu proxecto e xerar novas conexións e posibilidades de colaboración.

📅 Podes presentar a túa candidatura ata o 10 de setembro.
🧷 Bases e inscrición: https://palco.gal/Participa/gl/


Agem Asociación Galega Empresas Musicais Axencia Galega das Industrias Culturais

05/08/2026

🎷 David Regueiro Music e Pablo Castaño únense nun proxecto que fusiona o gypsy jazz e o be-bop, combinando tradición, virtuosismo e creatividade.

🎶 Acompañados do guitarrista Gonçalo Mendonça e o contrabaixista galego Juyma Estévez, presentan un directo que ofrecerá o repertorio orixinal de Regueiro incluído nos seus dous últimos traballos.

🗓️ 5 de agosto
📍Praza de Azcárraga

Estrella Galicia Concello da Coruña Concertos do Xacobeo Cultura da Coruña Deputación da Coruña

🙌🏼
17/07/2026

🙌🏼

Cinco parejas de padres e hijos emprenden un viaje para sanar sus relaciones. ‘El camino de la verdad’, estreno el martes a las 23:00 h en Telecinco.

13/07/2026

🙌🏻 Por fin podemos compartir con vós o cartel completo da ###IX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia.

📅 Do 5 ao 8 de agosto volveremos a g***r da mellor música do panorama nacional e internacional.

🎤 Máis de 40 concertos
📍 7 escenarios

Concello da Coruña Estrella Galicia Concertos do Xacobeo Deputación da Coruña

01/07/2026

🎶 Abrimos a convocatoria da Programación Artística de PALCO 2026!

Buscamos proxectos musicais que reflictan a diversidade, a calidade e o momento creativo da música galega actual.

Se tes un proxecto artístico activo e queres presentalo diante de profesionais da industria musical durante PALCO, este é o teu escenario.

📅 Convocatoria aberta do 1 ao 31 de xullo.
Consulta as bases e presenta a túa proposta aquí: https://palco.gal/Participa/es/




Agem Asociación Galega Empresas Musicais Axencia Galega das Industrias Culturais

01/07/2026

A música galega vive un gran momento... e agora temos un lugar para encontrarnos.

✨ Nace PALCO, o primeiro punto de encontro da industria musical que se celebrará en Galicia, impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Xunta de Galicia.

Así, do 3 ao 5 de novembro, Santiago de Compostela converterase no escenario onde artistas, empresas, festivais, salas, programadore/as, institucións e profesionais compartirán coñecemento, crearán novas oportunidades e seguirán facendo medrar a música galega.

Hoxe presentamos oficialmente un proxecto nacido do diálogo e da colaboración do propio sector nun acto celebrado na Cidade da Cultura, sede do encontro, coa participación de Patricia Hermida, presidenta de Agem Asociación Galega Empresas Musicais; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Marcos Gómez Román, comisario do Xacobeo 2027 DE Xunta de Galicia; e Daniel Vázquez, presidente de AGATEC, arroupados por numerosas entidades, profesionais e axentes do ecosistema musical galego que forman parte deste proxecto colectivo.

🎖️ Charlas, obradoiros, presentacións, concertos, reunións, mesas de traballo... E ademais, PALCO acollerá a segunda edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, que pasan a chamarse Premios PALCO. Será o 5 de novembro na Capitol.

E isto é só o comezo. Nas vindeiras semanas abriremos as primeiras convocatorias para formar parte de PALCO:
• Programación artística (1 ao 31 de xullo).
• Presentacións breves | Pitchings (1 ao 31 de agosto).
• Acreditacións profesionais (desde o 1 de agosto).

📅 O 3 ao 5 de novembro de 2026 Galicia conecta a Industria Musical.

26/06/2026

A música galega vive un gran momento... e agora temos un lugar para encontrarnos.

✨ Nace PALCO, o primeiro punto de encontro da industria musical que se celebrará en Galicia, impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Xunta de Galicia.

Así, do 3 ao 5 de novembro, Santiago de Compostela converterase no escenario onde artistas, empresas, festivais, salas, programadore/as, institucións e profesionais compartirán coñecemento, crearán novas oportunidades e seguirán facendo medrar a música galega.

Hoxe presentamos oficialmente un proxecto nacido do diálogo e da colaboración do propio sector nun acto celebrado na Cidade da Cultura, sede do encontro, coa participación de Patricia Hermida, presidenta de AGEM; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Marcos Gómez Román, comisario do Xacobeo 2027; e Daniel Vázquez, presidente de AGATEC, arroupados por numerosas entidades, profesionais e axentes do ecosistema musical galego que forman parte deste proxecto colectivo.

🎖️ Charlas, obradoiros, presentacións, concertos, reunións, mesas de traballo... E ademais, PALCO acollerá a segunda edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, que pasan a chamarse Premios PALCO. Será o 5 de novembro na Sala Capitol.

E isto é só o comezo. Nas vindeiras semanas abriremos as primeiras convocatorias para formar parte de PALCO en palco.gal:
• Programación artística (1 ao 31 de xullo).
• Presentacións breves | Pitchings (1 ao 31 de agosto).
• Acreditacións profesionais (desde o 1 de agosto).

📅 O 3 ao 5 de novembro de 2026 Galicia conecta a Industria Musical.

27/05/2026

El museo de Estrella Galicia celebra sus siete años de vida el próximo 19 de junio

Festa rachada de Nordesía Produccións
15/04/2026

Festa rachada de Nordesía Produccións

✨30° ANIVERSARIO NORDESÍA ✨

🎉Cumprimos tres décadas de travesía e queremos celebralas como se merecen: cunha gran festa chea de música, emocións e a mellor compañía! 🎶

Apúntaste? 😏⬇️

📅 Sábado 25 de abril
🕣 20:30 h
📍Sala Capitol , Compostela

🗣️Carlos Blanco será o noso mestre de cerimonias
🌊Expresso Transatlântico abrirá boca para a VII edición do Festival MARÉ - músicas e artes atlánticas que vén con máis forza ca nunca
🎤Contaremos coa participación de artistas amigas como son A Pedreira & Alejandro Vargas, Felisa Segade, Lumedoloop, Budiño, Cheny Wa Gune, Marcos Coll, Uxía, Dj Mil e Banda das Crechas

🕺🏼💃🏼 Bailaremos ao ritmo de DJ.Panko

Unha noite para celebrar, pero tamén para lembrar. Renderemos homenaxe ao noso querido Fran Pérez 'Narf', cuxo legado segue a guiar o noso camiño.

🎟️ Entradas en: https://salacapitol.entradas.plus/entradas/es/30-anos-nordesia-capitol

Vémonos na Capitol!👋

Dirección

A Coruña

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando JAU publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a JAU:

Atajos

Compartir