13/06/2026
Moitos parabéns a esta nova promoción de graduados/as en Socioloxía!! 🥳🥳👏🏼👏🏼
Foi un gusto acompañarvos e vervos medrar.
Desexámosvos toda a sorte do mundo!
Moitos parabéns, tamén, á nova promoción de egresados/as do Máster MIAS
12/06/2026
Xa queda menos para a graduación deste ano!
Tic-tac, tic-tac... 🥳
12/06/2026
Defendiches un TFG con enfoque sociolóxico sobre a realidade galega? Esta convocatoria é para ti.
A Asociación Galega de Socioloxía )AGS) convoca a I Edición dos Premios ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG).
Máis info 👇🏼
I EDICIÓN DOS PREMIOS AO MELLOR TFG – AGS
I Edición dos Premios AGS ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG) A Asociación Galega de Socioloxía pon en marcha a I Edición dos Premios ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG) co propósito de recoñecer a excelencia académica do estudantado universitario e promover a calidade da investigaci....
11/06/2026
Seguen as actividades abertas no noso centro!
Non vos perdades esta nova edición dos SESOMI, os seminarios de investigación do Equipo de Investigación Sociedades en Movimiento - ESOMI
15 de xuño ás 12.30h.
Laboratorio III.
Universidade da Coruña
10/06/2026
Seguimos cos encontros-SENDA!
Non vos perdades esta nova e interesantísima sesión.
Cando? 16 de xuño ás 14.30h
Onde? Laboratorio III da facultade.
Portas abertas ☺️
08/06/2026
GRADUACIÓN
O venres día 12 de xuño ás 17.30h. no Salón de Actos da facultade, celebraremos o acto da XV promoción do Grao en Socioloxía, xunto coa graduación do Mestrado Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación en Análise Social (MIAS).
O acto estará presidido por Dª Cristina López Villar, Vicerreitora de Igualdade e Diversidade da UDC.
Estades todos/as convidados/as ao acto. 🎓 🥳
Universidade da Coruña
Máster MIAS
05/06/2026
ASOCIACIÓN GALEGA DE SOCIOLOXÍA (AGS)
Coñecedes a Asociación Galega de Socioloxía?
Queredes asociarvos ou estar ao tanto das súas actividades?
Enlazamos a súa web e animámosvos a seguirlle a pista 🔎
04/06/2026
📰 “Las trabajadoras de ayuda a domicilio amenazan con ir a la huelga: ‘Somos grúas humanas’”
Nuestra compañera Raquel Martínez Buján (ESOMI-CISPAC), profesora de Sociología de la Universidade da Coruña, participa en este reportaje de El País sobre la situación de las trabajadoras de ayuda a domicilio en España.
El artículo aborda las condiciones laborales de un sector clave para la atención a las personas en situación de dependencia y recoge resultados de investigación sobre empleo, cuidados y desigualdades sociales.
📊 Según los datos analizados por Raquel , en España trabajan alrededor de 151.500 personas en servicios de ayuda a domicilio. Se trata de un sector fuertemente feminizado, en el que el 95% de las trabajadoras son mujeres, el 40% han nacido en el extranjero y el 37,5% tiene jornadas parciales, una proporción muy superior a la del conjunto de la población asalariada.
La noticia pone de relieve los desafíos que afrontan estas trabajadoras y la importancia de seguir investigando la organización social de los cuidados, las desigualdades laborales y las condiciones de trabajo en el ámbito de la dependencia.
🔗 https://elpais.com/economia/2026-05-26/las-trabajadoras-de-ayuda-a-domicilio-amenazan-con-ir-a-la-huelga-somos-gruas-humanas.html
04/06/2026
O vindeiro 12 de xuño, o noso compañeiro, o profesor José María Cardesín, impartirá no Collège d’Espagne de París unha conferencia co título “Os linchamentos ‘patrióticos’ da Guerra da Independencia: teorías e métodos para o estudo da revolta popular”.
Esta conferencia virá a pechar o "Séminaire Nouvelles historiographies de l’Espagne Contemporaine", organizado por hispanistas de catro universidades parisienses (Sorbonne, Vincennes-St. Denis, Nanterre e Paris Est Créteil-Val de Marne).
Máis información e ligazón á conexión on line, en comentarios 😉
Universidade da Coruña
Grupo De Estudios Territoriales
03/06/2026
INVESTIGACIÓNS NA/DA FACULTADE
Continuamos achegando as investigacións do profesorado do noso centro, para coñecelo máis aló das aulas.
Xa sabedes, seguídenos na nosa canle de YouTube para estas e outras achegas 😉
En comentarios, o enlace a esta entrevista co profesor Miguel Clemente, na que reflexiona sobre a relación entre a psicoloxía e o dereito.