CIFP Someso -Centro Educativo

CIFP Someso -Centro Educativo Conta Oficial do Centro Integrado de Formación Profesional Someso. Ensinamos e sobretodo aprendemos! Gústanos o que facemos! Ensinamos e aprendemos. Estudamos.

Innovamos, emprendemos colaboramos, escoitamos e pensamos. Programamos, debuxamos, montamos e desmontamos, soldamos, mecanizamos, maquillamos, peiteamos, bioconstruímos, desenvolvemos proxectos. Facemos teatro, recollemos setas, xogamos ao fútbol, e ás veces cociñamos en fornos solares. E tamén falamos, falamos moito, en galego, en castelán, en inglés e en italiano. Viaxamos e coñecemos o mundo e o mundo coñécenos a nós. O noso fin es ti.

26/02/2026
Visita formativa á estación de ADIF da Coruña.A pasada semana a familia de Edificación e Obra Civil (EOC) tivo a oportun...
24/02/2026

Visita formativa á estación de ADIF da Coruña.

A pasada semana a familia de Edificación e Obra Civil (EOC) tivo a oportunidade de visitar a estación de ADIF na Coruña, unha experiencia moi enriquecedora para coñecer de primeira man a organización, o control e a execución das infraestruturas ferroviarias.

Participaron os grupos:
🏗️ 1º CB Reforma e Mantemento de Edificios
📐 1º CS Proxectos de Obra Civil (Ordinario)
🏢 2º Proxectos de Edificación (Ordinario)
⚡ Acelerada Cubertas
🛠️ CS Organización e Control de Obras

Unha xornada moi interesante para conectar a teoría coa realidade profesional do sector e achegar o alumnado ao contorno real de traballo. Grazas a ADIF pola acollida!




A pasada semana, o alumnado de primeiro curso dos ciclos medios de carrozaría dual, electromecánica modular e electromec...
22/02/2026

A pasada semana, o alumnado de primeiro curso dos ciclos medios de carrozaría dual, electromecánica modular e electromecánica dual intensiva, mergullouse nunha auténtica viaxe no tempo durante a súa visita ao Museo da Automoción de Arteixo.
Entre vehículos históricos, xoias sobre rodas e auténticas pezas de colección, puideron descubrir a evolución do automóbil desde o século XIX ata hoxe. Un percorrido cheo de curiosidades, aprendizaxes e moita paixón polo mundo do motor.




Tres alumnos do noso centro competirán a próxima semana en SpainSkills. Hoxe en Santiago, o Conselleiro de Educación, Ro...
20/02/2026

Tres alumnos do noso centro competirán a próxima semana en SpainSkills. Hoxe en Santiago, o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, desexoulles sorte aos 37 representantes de Galicia.

Dende o centro felicitamos aos nosos representantes e aos seus titores e titora polo seu excelente traballo, e agradecemos todas as horas dedicadas á preparación da competición.

Moita sorte! 🍀

A pasada semana recibimos a visita de Erika Calo, profesional da micropigmentación e creadora da técnica Definition Brow...
18/02/2026

A pasada semana recibimos a visita de Erika Calo, profesional da micropigmentación e creadora da técnica Definition Brows, quen compartiu a súa experiencia e impartiu unha masterclass co alumnado do módulo de Micropigmentación do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar.
Con motivo da xornada, organizouse un pequeno concurso no que as alumnas participantes presentaron, en plantilla, un deseño de cellas sombreadas previamente micropigmentadas.

A alumna gañadora obtivo como premio a oportunidade de compartir unha mañá de formación no centro con Erika.




Teachers at CFP Kigobe manufacture a solar cooker in the shape of an elliptical parabola of domestic dimensions.💪🏽Funded...
17/02/2026

Teachers at CFP Kigobe manufacture a solar cooker in the shape of an elliptical parabola of domestic dimensions.💪🏽

Funded by the European Union. Views and opinions expressed are however those of the author(s) only and do not necessarily reflect those of the European Union or the European Education and Culture Executive Agency (EACEA). Neither the European Union nor EACEA can be held responsible for them.
lamerced.va @cifpsomeso @LtcrMushasha@NtareDGETFPM@paee_burundi@LadackNduwimana @Sepie_gob .xunta

FP ProgramasInternacionais CapacityBuildingProjects ErasmusProjects InternationalCooperation ClimateChange SolarCookersyüzümüzügüneşedöndükyenilenebilirgıdayenilenebilirenerjienerjiyüzyılıormaniçingüneşenerjisienerjiBurundisolarenerjihayatiçingüneşenerjisienerji sistemleriEACEA

Hoxe o centro encheuse de cor e bo humor. Comezamos cun concurso de postres no que o profesorado puxo todo o seu talento...
13/02/2026

Hoxe o centro encheuse de cor e bo humor. Comezamos cun concurso de postres no que o profesorado puxo todo o seu talento...
Despois chegou o festival, no que o alumnado demostrou creatividade, entusiasmo e moita ilusión. Agradecer a participación e a implicación da biblioteca e profesorado de Ámbitos🎊🎊🎊🎊🎊🎉🎉🎉

Esta semana as responsables da  dirección xeral de FP achegáronse ao noso centro para coñecer de primeira man a demostra...
12/02/2026

Esta semana as responsables da dirección xeral de FP achegáronse ao noso centro para coñecer de primeira man a demostración de Carpintería e Moble organizada con motivo da preparación para a competición de Skills Madrid.

Durante o percorrido polos talleres, puideron observar o traballo do alumnado, a súa destreza técnica e o esforzo que están a dedicar para afrontar esta experiencia competitiva.🥈🥈 Agradecer o traballo e compromiso do profesorado, e o papel fundamental da Formación Profesional como motor de innovación e cualificación profesional.💪🏽🥉🥉



Dirección

Someso 6
A Coruña
15008

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 22:15
Martes 08:30 - 22:15
Miércoles 08:30 - 22:15
Jueves 08:30 - 22:15
Viernes 08:30 - 22:15

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIFP Someso -Centro Educativo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CIFP Someso -Centro Educativo:

Atajos

Compartir

Categoría