A Parva

A Parva

Compartir

Un recanto dentro do mercado de San Agustín, na Coruña, onde parar a tomar un café, un almorzo, un vermú ou un xantar lixeiro na nosa terraza interior.

Tamén temos tenda e comida para levar, feita a diario con produtos de proximidade.

13/06/2026

🥪 Menú para esta finde!

✨ No hoxe é mañá domingo!

20/05/2026

🙋‍♀️ Pais e nais de chavalada!

📖 Este sábado temos á escritora Leticia Barbadillo no mercado para presentar o seu novo libro 'Timbrol e a pega (e os demais)' facendo unha actividade ben chula con rapazada a partir dos 7 anos.

💥 Xa sabedes: sábado-12.30 horas-A Parva. Agardámosvos!

Photos from A Parva's post 13/05/2026

😎 Pasou o día, pero non a romaría...

🥪 O 25 de abril, día que celebramos o noso 5°aniversario, cumpristes: papastes 120 bocadillos Novara e levastes nonseicantos panos de cociña coa súa receita, pero non rematou aí a cousa...

🔥 Aínda nos quedan panos co deseño exclusivo de , para que poidades acordarvos de nós cociñando ou cando os usedes de mantel individual (que xa tivemos novas ideas por parte das clientas máis creativas...)

✨ Xa sabedes: 10 euros para ter toda a sabedoría da receita do Novara e que a vosa cociña luza ben parva!

Photos from A Parva's post 28/04/2026

🎈🎈Tremenda celebración. Así da gusto facer anos e ser cada día máis parvas!!!! 🎈🎈

O do sábado foi incrible, impensable, imborrable. Pero foi, e non podemos estar máis felices e agradecidas

💚🤍❤️ Para empezar, a Giovanna, , polos deseños ma-ra-bi-llo-sos que deron forma gráfica e receita ao noso Novara. Lembrade que o noso trapo, que queremos que vos anime a pasar máis tempo na cociña, está á venda no noso posto!

🍰 Para seguir, a todas esas persoas coas que traballamos a diario que nos botaron unha man (ou dúas) para colaborar coa festa: desde e a tarta más bonita (e máis deliciosa) que podiamos imaxinar para esta festa, a , e por contribuír cos bebercios espirituosos, e a polo café.

🍞🍪🥖 E tamén a polas súas galletas riquísimas e polo mel, que lle botamos ao queixo do país de . E tamén ás compañeiras de e polos agasallos e o apoio. E a Pedro e Jose de La Biscote, porque…que fariamos sen os seus pans!

🎚️🎛️ 🪇E claro, a e por poñer as cancións e ser DJ oficiais da Parva, se é que iso existe, a Fran por ser o fotógrafo de cabeceira e todas as amigas e colegas e familia e compañeiras praceiras e clientela que pasastes un ratiño para celebrar con nós e deixar imaxes tan preciosas coma estas.

💗💕💗💕💗💕 Con aniversarios así estamos desexando que veñan moitos máis!

📸 de

22/04/2026

🌯 O protagonista absoluto do noso quinto aniversario será o italogalego NOVARA!

🤔 Probáchelo? Coñeces todos os seus ingredientes?

🍻 Este sábado, a partir das 13 horas, menú único: bebida e NOVARA!

⚡ E de postre, un novo produto de merchandising útil, práctico e reprecioso deseñado por

20/04/2026

💥 Tacháaaaaaaaan!!!

🔴 O noso cartel de aniversario é obra da marabillosa Giovanna Lopalco alias Pelo di Cane!
A Parva tínguese de vermello para celebrar cinco anos de vida! Xa sabedes, o vindeiro sábado, día 25, a partires das 13.00 horas, estades todas convidadas! Haberá comida e bebida e música. E non só iso, tamén haberá novo merchandising, útil, práctico e reprecioso e tamén ideado pola nosa italocoruñenta favorita!

😎Ídelo perder?

📸 Foto de

Photos from A Parva's post 14/04/2026

💥 Marabilla o primeiro evento do noso 5º aniversario! 

🎤 Moitas grazas a Devalo por aportar a súa voz, guitarra e inspiración ao rachí parvesco! Pero tamén a Poch polo son celestial (nada mal para este mercado e as súas cúpulas) e a Rosalía por estas fotos tan chulas!

🥪🍻 E grazas a todas as que viñestes por deixarnos sen existencias de papancia e con poucas de bebida! 

🍲 Peeeeeero xa estamos outra vez ben pertrechadas para o noso segundo evento. Este sábado, aproveitando que as temperaturas seguen por debaixo dos 20 graos, teremos CALLADA VEGANA!!

🎉 E ide gardando folgos para o 25, que será o acto central da nosa celebración con moitas movidas sorpresa! E todas boas! 😁😁😁

06/04/2026

‼️Este sábado abrimos o noso para celebrar os cinco (cincooooo!!) anos que levamos na .

🤍 Facémolo, como facemos todo, tirando de amiguis que montan cousas chulas, como Miri, que aceptou a nosa petición de tocar algúns dos seus temas novos de na nosa terraza polo cumpleparvo. 🪻✨

Entón, a cousa queda así:

🗓️ Sábado, 11 (ou sexa, este sábado)
⌚ 13.30h
📌 A Parva (a cantina do mercado de San Agustín)

PD: Seguide con atención esta canle para máis novidades do aniversario...

30/03/2026

Horarios de Semana Santa 🔺

LUNS Pechamos
MARTES e MÉRCORES Abrimos de 9.30 a 15.30
XOVES Pechamos (pero o mercado abre, así que aproveitade para comprar cousas ricas!)
VENRES Pechamos (e o mercado tamén)
SÁBADO Abrimos de 9.30 a 16.00
DOMINGO Pechamos

Vinde vernos! 🤗

20/02/2026

🤩 Vacacións! Vémonos en marzo...

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en A Coruña?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Dirección


Praza De San Agustín, 1
A Coruña
15001

Horario de Apertura

Martes 09:30 - 15:30
Miércoles 09:30 - 15:30
Jueves 09:30 - 15:30
Viernes 09:30 - 15:30
Sábado 09:30 - 16:00