01/06/2026
⏳ Tic, tac... xa se achega o 𝗩𝗜𝗜𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗢 𝗚𝗹𝗼𝗯𝗼!
Este venres, 5 de xuño, compartiremos un espazo de encontro no que colectivos sociais e centros educativos presentarán as súas iniciativas de transformación social.
Falaremos de participación e activismos, gozaremos de obradoiros de fotografía, relatograma e regueifa, e descubriremos moitas experiencias inspiradoras. ✨
📍 Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña)
📅 Venres, 5 de xuño de 2026
🕥 De 10:30 a 14:30 h
Se queres acompañarnos como invitado/a nesta xornada de aprendizaxe, intercambio e participación, non o dubides!
📩 Confirma a túa asistencia escribindo a: [email protected]
Agardámoste!
22/05/2026
Xa non queda nada!!! ✨
O venres 5 de xuño reunirémonos no Castelo de Santa Cruz para celebrar o VIII Encontro de O Globo 🌍
Será unha xornada para compartir, aprender e inspirarnos na que centros educativos e entidades presentarán as súas Iniciativas de Transformación Social.
Ademais, haberá obradoiros e actividades para desfrutar dunha xornada lúdica, participativa e chea de ideas!
Contamos os días con moitísimas ganas!⌛ 💙
24/04/2026
No marco desta edición de O Globo, o alumnado do CEIP Ramón de la Sagra recibiu a visita de Mujeres Mayas Kaqla dende Guatemala 🌎
Moitas grazas Mujeres Mayas Kaqla por achegar outras realidades a estes nenos e nenas e por compartir o importante traballo que realizades💛
27/01/2026
🌍📲 Comezamos un pequeno repaso polas ferramentas recollidas o pasado ano na web de O Globo!
Arrancamos con 𝑁𝑜𝑠 𝑒𝑛𝑡𝑒𝑛𝑑𝑒𝑚𝑜𝑠. 𝐼𝑛𝑓𝑜𝑟𝑚𝑒 𝑑𝑒 𝑏𝑢𝑒𝑛𝑎𝑠 𝑝𝑟𝑎́𝑐𝑡𝑖𝑐𝑎𝑠 𝑒𝑛 𝑙𝑎 𝑎𝑡𝑒𝑛𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑎 𝑝𝑒𝑟𝑠𝑜𝑛𝑎𝑠 𝑚𝑖𝑔𝑟𝑎𝑛𝑡𝑒𝑠, elaborado pola Fundación ECCA Social co obxectivo de identificar e compartir experiencias de bo trato por parte de profesionais de distintos ámbitos, así como propoñer claves para garantir unha atención igualitaria e inclusiva ás persoas migrantes.
Queres descubrir máis recursos para a participación social? 👉 https://globo.solidaridadgalicia.org/ferramentas
31/12/2025
✨ A nova edición de O Globo xa está en marcha!
Nos últimos meses de 2025 a nova edición de O Globo botou a andar, entre outras cousas, da man do alumnado de 1º de Educación Social da USC.
Ao longo de tres sesións, os grupos achegáronse á Educación para a Cidadanía Global, coñeceron o proxecto e a súa metodoloxía —Luces, Cámara e Acción—, compartiron inquedanzas, reflexionaron en colectivo e comezaron a poñer o foco nas temáticas que darán forma ás súas iniciativas de transformación social.
As ideas xa están enriba da mesa… así que seguiremos traballando nelas o vindeiro ano!
15/12/2025
O vindeiro 𝟖 𝐝𝐞 𝐱𝐚𝐧𝐞𝐢𝐫𝐨 teremos a honra de contar con Maria Galindo, cofundadora de Mujeres Creando.
Referente internacional do feminismo, escritora e creadora, a súa obra foi exposta en espazos como o Museo Reina Sofía, a Documenta de Kassel, o Centro Pompidou e nas bienais de São Paulo e Venecia.
📍 O encontro terá lugar no 𝐌𝐮𝐬𝐞𝐨 𝐝𝐨 𝐏𝐨𝐛𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚, 𝐝𝐞 𝟏𝟏:𝟑𝟎 𝐚 𝟏𝟒:𝟎𝟎, e ofrecerá unha primeira aproximación á súa teoría e proposta de despatriarcalización.
Non perdas a oportunidade de aprender e dialogar con esta referente internacional do pensamento feminista!
Inscríbete aquí: 🔗https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeQBp625XhQe_2mn4Bv_4sB2dbrqjq73Y4amrwTFo5IVh3bLg/viewform
30/11/2025
🌊 𝑽𝒐𝒈𝒂-𝑽𝒐𝒈𝒂 é un proxecto que une coidado ambiental e inclusión social, transformando o lixo mariño en novas oportunidades.
Desnde a Asociación Misela , fan recollidas de plásticos das praias e do litoral, selecciónanos e procésanos con máquinas de prototipado para convertelos en novos obxectos de longa duración: chaveiros, pendentes, botóns, pinzas, perchas… todos feitos exclusivamente con materiais rescatados do mar.
💼 Este proceso é realizado por persoas con discapacidade intelectual, amosando que poden ser motor de cambio nun contexto no que a súa inserción laboral aínda é moi reducida.
Voga-Voga impulsa unha maneira de avanzar cara a un futuro máis xusto e sostible: menos contaminación mariña, máis oportunidades reais e máis conciencia sobre o impacto dos residuos plásticos.
Queres coñecer máis? ➡ https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/101/voga-voga-pola-reducion-dos-residuos-plasticos
30/11/2025
🌿 𝑽𝒆𝒈𝒂𝒏𝒂.𝒈𝒂𝒍 é unha feira que aposta por crear un espazo vivo onde conversar, aprender e cuestionar o modo no que nos relacionamos co resto dos animais e co planeta, centrando o antiespecismo como eixo principal.
A través de charlas, demostracións culinarias, encontros, arte e actividades para todas as idades, a feira reúne a persoas expertas e activistas que achegan miradas diversas para comprender a crise ecolóxica e social actual.
Cunha ampla zona expositiva e unha programación que combina pensamento crítico e celebración, Vegana.gal convértese nun lugar de encontro para quen quere avanzar cara a un modelo máis respectuoso, sostible e xusto para todas as especies.💬
Podes coñecer máis sobre a iniciativa nas súas rrss (.gal ) ou na páxina de O Globo:
🔗 https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/102/veganagal-feira-para-un-mundo-sen-especismo