Cántigas da Terra

Cántigas da Terra Coro Galego nado na Coruña en 1916

A intervención do Coro da Rá no 20º Ciclo de Coros foi o peche perfecto para conmemorar as vinte edicións do festival: M...
29/08/2026

A intervención do Coro da Rá no 20º Ciclo de Coros foi o peche perfecto para conmemorar as vinte edicións do festival: Música coral contemporánea en galego!

Unha aperta fraternal entre a música moderna e a tradicional, coa lingua e o canto en galego como protagonistas!

Proximamente presentaremos a programación do 21º Ciclo de Coros, garda as datas📝😊

📆26 e 27 de setembro
📆17 e 18 de outubro
📆28 e 29 de novembro

Esta fin de semana estaremos na Romaría de Santa Margarida:➡️ “Gran noite do folclore”Actuación do coro xunto ás agrupac...
27/08/2026

Esta fin de semana estaremos na Romaría de Santa Margarida:

➡️ “Gran noite do folclore”
Actuación do coro xunto ás agrupacións da cidade.
📆 Venres ás 21:00 h

➡️ “Ó xeito da Terra Chá”
Obradoiro de baile aberto impartido por José Luís Vázquez Rosales.
📆 Sábado ás 12:30 h

➡️ Posto de Cántigas da Terra
Estaremos na Romaría para resolver calquera dúbida que teñades sobre a nosa entidade e para contarvos máis sobre os diferentes proxectos que iremos presentando nos vindeiros meses.
E si… tamén teremos camisetas e sudadeiras ben bonitas! 👕☺️
📆 Sábado, mañá e tarde

Agardámosvos!☺️

Este domingo o Grupo de Gaitas colaborará coa  no seu espectáculo "Grandes corais de películas" con Coral Polifónica El ...
21/08/2026

Este domingo o Grupo de Gaitas colaborará coa no seu espectáculo "Grandes corais de películas" con Coral Polifónica El Eco Coro Gaos e Irene Cerqueiro

Vémonos ás 21:00 na Praza de María Pita☺️

No último ensaio, no canto de tocar as gaitas, decidiron poñerse co piano 😅🎹Hoxe, no concerto do Castrillón, volvemos á ...
19/08/2026

No último ensaio, no canto de tocar as gaitas, decidiron poñerse co piano 😅🎹

Hoxe, no concerto do Castrillón, volvemos á formación instrumental habitual! 😉🎶

Vémonos ás 20:00 na Praza Pablo Iglesias

Axenda para as vindeiras semanas📝🗓️➡️ “Camiños vellos” | Coro Galego📅 Mércores 19 ás 20:00 📍Avv Castrillon  Urbanizacion...
17/08/2026

Axenda para as vindeiras semanas📝🗓️

➡️ “Camiños vellos” | Coro Galego
📅 Mércores 19 ás 20:00 📍Avv Castrillon Urbanizacion Soto IAR

➡️ “Grandes corais de películas” | Colab do Grupo de Gaitas coa Banda Municipal de A Coruña
📅 Domingo 23 ás 21:00 📍María Pita

➡️ “Gran noite do folclore” | Romaría de Santa Margarida
📅 Venres 28 ás 21:00 📍 Anfiteatro Parque Santa Margarida

⛱️ Collemos uns días de descanso!🎙️ Vémonos en agosto con máis música ó vivo e coa mesma ilusión de sempre por seguir co...
17/07/2026

⛱️ Collemos uns días de descanso!

🎙️ Vémonos en agosto con máis música ó vivo e coa mesma ilusión de sempre por seguir compartindo a nosa actividade convosco.

📝 Durante este tempo continuaremos a traballar en novas propostas, entre elas o 21 Ciclo de Coros e outras iniciativas que agardamos que recibades coa mesma ilusión coa que nós as estamos a preparar.

🫂 Grazas por acompañarnos ó longo destes meses.

🗣️ Antes das vacacións, botaremos unhas cántigas nos Castros: hoxe ás 19:00 na Romaría dos Castros!

🎶 A Romaría dos Castros presenta unha programación na que a música tradicional galega será o eixo central. Agárdannos un...
15/07/2026

🎶 A Romaría dos Castros presenta unha programación na que a música tradicional galega será o eixo central. Agárdannos uns días para g***r de propostas de primeiro nivel, cheas de cultura, tradición e festa.

📍 Este venres ás 19:00 h, o coro dará comezo á celebración cun pasarrúas e unha pequena intervención musical.

🗣️ «A emoción e a complicidade que se xera co público nun concerto de música tradicional é única.»🗣️ «O arquivo de Cánti...
13/07/2026

🗣️ «A emoción e a complicidade que se xera co público nun concerto de música tradicional é única.»

🗣️ «O arquivo de Cántigas da Terra é unha chave ó futuro, unha fonte inesgotable de ideas.»

🗣️ «O alumnado de Escolas da Terra está rodeado dun ecosistema artístico moi completo.»

🎙️ Luís Bolón, director artístico da entidade, conversou con Ana de Limodre en Radio Fene sobre os vindeiros proxectos do coro, o valor do noso patrimonio musical e o pasado, presente e futuro de Cántigas da Terra.

▶️ Xa podes escoitar a entrevista completa na nosa canle de YouTube👇

https://www.youtube.com/watch?v=uT_wkURm-ZQ&t=4016s

Dirección

Rúa Ángel Rebollo, 55
A Coruña
15002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cántigas da Terra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Cántigas da Terra:

Atajos

Compartir