Anpa Agualada

Anpa Agualada Asociación de nais e pais do alumnado do Ceip Bormoio Agualada

🎒 Pechamos as mochilas...⛱️ Abrimos as vacacións!!🌟 FELIZ VERÁN!!🎉
20/06/2026

🎒 Pechamos as mochilas...
⛱️ Abrimos as vacacións!!
🌟 FELIZ VERÁN!!🎉

18/06/2026

Así de ben o pasaron os nosos peques na festa da Rocheira organizada polas profes...A Anpa quixemos colaborar con un cañón de espuma para que desfrutaran ainda un pouco máis....
E parécenos que o pasaron xenial!!🤪

O Galego é parte de nós...Da nosa historia, das nosas familias e das novas xeracións!Porque a nosa lingua é un tesouro q...
17/05/2026

O Galego é parte de nós...
Da nosa historia, das nosas familias e das novas xeracións!
Porque a nosa lingua é un tesouro que debemos seguir transmitindo!!
Feliz día das LETRAS GALEGAS!!

# #

02/05/2026

CONCILACIÓN PROGRAMA XERMOLAR. CAMPAMENTO VERÁN| Dáse publicidade á listaxe provisional de persoas admitidas no Campamento de Verán do PROGRAMA XERMOLAR EN CORISTANCO, para promover a conciliación da vida familiar e laboral durante a tempada estival.

Dispoñen dun prazo de 10 días laborais a contar dende o día seguinte da publicación para formular alegacións ou presentar renuncias á praza, mediante solicitude disposta para o efecto a través da sede electrónica municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial a través do rexistro xeral do Concello.

Para máis información: 981 733 280
Accede á listaxe a través da seguinte ligazón:https://sede.coristanco.gal/sxc/export/sites/coristanco/recursos/downloads/Tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260430143015271_ANEXO_1777552215-0.pdf

2 de Maio...Hoxe lembramos que cada palabra conta, cada xesto suma!Xunt@s podemos parar o acoso escolar!Contamos contigo...
02/05/2026

2 de Maio...Hoxe lembramos que cada palabra conta, cada xesto suma!
Xunt@s podemos parar o acoso escolar!
Contamos contigo💜

25/04/2026

BIBLIOTECA| XI Certame Asunción Antelo 2026

Lembra, o prazo segue aberto para participar no certame artístico-literario do Concello de Coristanco nas seguintes modalidades:

✍️ Narrativa
🖋️ Poesía
🎨 Debuxo

📅 Data límite: 6 de maio de 2026
📍 Entrega: no teu centro educativo

Dirixido a todo o alumnado, desde Infantil ata FP.

25/04/2026

PROGRAMACIÓN CULTURAL| A Biblioteca Municipal presenta a súa programación para o mes de maio, unha proposta cultural diversa pensada para todos os públicos, na que se combinan literatura, artes escénicas e actividades de estimulación cognitiva

Ao longo do mes poderedes desfrutar de:
👶 Contacontos para bebés con Raquel Queizás
📖 Presentacións literarias con Maica Gorcal, Xesús Deus e Silvia Tasende
🎭 Teatro infantil da man de Trémola Teatro
🧠 Sesións do programa Vive+ con Lupe Blanco, centradas na estimulación cognitiva, a memoria e a recuperación da tradición oral e do baile

Un programa que aposta pola cultura como ferramenta de encontro, aprendizaxe e benestar para toda a veciñanza.

📅 Consulta o cartel e toma nota das datas
📞 Máis información e inscricións: 981 733 280
📍 Biblioteca Municipal

Grazas a Agrupación deportiva UN PASO MAIS por vir o noso centro compartir con nos unha charla tan enriquecedora.Quedamo...
25/04/2026

Grazas a Agrupación deportiva UN PASO MAIS por vir o noso centro compartir con nos unha charla tan enriquecedora.
Quedamos con ganas de seguir avanzando xuntos...Un placer!

Animámosvos a tod@s a vir mañá!!
21/04/2026

Animámosvos a tod@s a vir mañá!!

20/04/2026

//

📚💸 Dedución por material escolar na declaración da renda en Galicia

Sabías que podes recuperar parte do gasto en libros e material escolar?

👉 Na 𝐝𝐞𝐜𝐥𝐚𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐚 𝐫𝐞𝐧𝐝𝐚, a Xunta de Galicia aplica unha 𝐝𝐞𝐝𝐮𝐜𝐢ó𝐧 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐧ó𝐦𝐢𝐜𝐚:

💰 Que podes deducir?

𝐎 𝟏𝟓% 𝐝𝐨𝐬 𝐠𝐚𝐬𝐭𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐥𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐭𝐞𝐱𝐭𝐨 𝐞 𝐦𝐚𝐭𝐞𝐫𝐢𝐚𝐥 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫
Ata un 𝐦á𝐱𝐢𝐦𝐨 aproximado de 𝟏𝟎𝟓 € 𝐩𝐨𝐫 𝐟𝐢𝐥𝐥𝐨/𝐚

👨‍👩‍👧 Quen pode aplicala?

Familias con fillos en Primaria ou ESO
Con certos límites de renda
Con facturas a nome dun proxenitor

🧾 Que necesitas?
𝐅𝐚𝐜𝐭𝐮𝐫𝐚𝐬 dos gastos
**Este ano admitense os pagos en efectivo**

📌 Importante:
Esta dedución 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐚𝐩𝐥𝐢𝐜𝐚 𝐚𝐮𝐭𝐨𝐦𝐚𝐭𝐢𝐜𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐧𝐚 𝐫𝐞𝐧𝐝𝐚, tes que marcala ao facer a declaración.
💙 𝐂𝐨𝐧𝐟𝐞𝐝𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐀𝐍𝐏𝐀𝐒 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐆𝐀𝐒 – 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐝𝐨 𝐚 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚.

FANPO Feanpas Foanpas Vigo Fapacel Fanpa Compostela Federación de centros públicos de Cangas "A Gameliña" Fed. Provincial de ANPAS da Coruña - Costa da Morte

Dirección

Campo Da Feira, Agualada, S/n, Coristanco
A Coruña
15148

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Anpa Agualada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir