22/06/2026
En primeiro lugar, queremos agradecer sinceramente o apoio e a confianza que cada ano depositades na ANPA a través das vosas cotas. Grazas a esa implicación podemos impulsar actividades, servizos e proxectos que benefician ao conxunto da comunidade educativa.
Nos últimos días tivemos coñecemento do malestar dalgunhas familias socias por non existir unha diferenza de prezo maior entre familias socias e non socias nas actividades de conciliación, tal e como ocorre noutras ANPAs ou como nós mesmas fixemos nalgúns momentos do pasado. Queremos explicarvos que a normativa que regula as Anpas non nos permite establecer prezos diferenciados que supoñan un trato económico desigual no acceso ás actividades. Fomos aprendendo e adaptándonos para garantir que todas as actuacións se desenvolvan dentro do marco legal correspondente.
As ANPAs contan con fontes de financiamento moi limitadas: fundamentalmente as cotas das familias socias e as subvencións públicas. Estas últimas en moitas ocasións non cobren o 100 % dos gastos das actividades. Para poder solicitar e aproveitar estas axudas é necesario dispoñer tamén de fondos propios que permitan asumir a parte non subvencionada, senón non poderiamos acceder ás outra parte. Por outra banda, o número de socias puntúa moito nas axudas.
Tamén queremos deixar claro que esta Anpa é a organizadora do compamento de verán que se está a desenvolver nas instalacións do CEIP e só está financiado pola Deputación da Coruña, a propia ANPA e, por suposto, as familias usuarias do mesmo.
Porque, como sempre dicimos, as familias unidas somos máis fortes.