03/07/2025
💬 Desde o equipo de traballadoras da Escola Infantil Merlín queremos compartir as novas así como a nosa preocupación pola situación actual da escola.
Durante as últimas semanas traballouse nun posible traspaso da xestión a dúas profesionais con experiencia e compromiso, Andrea e Emma, que nos devolvían a esperanza de continuidade e estabilidade para o proxecto educativo. Porén, este proceso quedou paralizado e o futuro da escola está, unha vez máis, no aire debido a conflictos coa comunidade de veciños.
💛 A pesar de todo, seguimos firmes no noso compromiso coas familias, coas crianzas e cunha escola que sentimos como nosa.
🤝 Facemos un chamamento a todas as partes implicadas , - á actual empresa, ás institucións competentes, ás familias, ás novas promotoras do proxecto e ao conxunto da comunidade- para abrir un diálogo serio e construtivo que permita garantir a continuidade da escola.
Respectamos e entendemos a posición do conxunto da veciñanza, e dende este punto de comprensión solicitámoslles a apertura de canles de diálogo, con altura de miras e colaboración, para chegar a un acordo que permita que a escola continúe aberta, volva medrar e se consolide como o que algun dia foi.
📢 Pedimos tamén ao Concello de Ames que actúe como mediador e axude a manter este recurso educativo esencial para as crianzas de 0 a 3 anos.
🙏 Agradecemos unha vez mais a disposición de Andrea e Emma, así como ás familias polo apoio incondicional. Seguimos crendo en Merlín, na súa forza, e no seu valor para a comunidade.