ANPA A Carballeira

  • Home
  • ANPA A Carballeira

ANPA A Carballeira CRA (Centro Rural Agrupado): Mirón, La Rega, Berdillo, Artes, Xoane, Sisamo e Cances

O vindeiro luns, 22 de xuño, ás 16:30 h, a ANPA A Carballeira organiza na Escoliña de A Rega unha festa de fin de curso ...
19/06/2026

O vindeiro luns, 22 de xuño, ás 16:30 h, a ANPA A Carballeira organiza na Escoliña de A Rega unha festa de fin de curso para todas as nenas e nenos do CRA Ponte da Pedra!

Pasaremos unha xornada chea de diversión, con inchable, xogos variados e unha proposta creativa colectiva. Tamén teremos un sorteo anual para as familias da ANPA e uns petiscos para todas as crianzas asistentes á festa.

Desde a ANPA aconsellamos que:

- As nenas e nenos veñan con roupa cómoda, crema solar xa aplicada e unha gorra ou similar para o sol. 👕🧢🧴

- É importante vir con calcetíns antideslizantes para xogar no inchable. 🧦

- Traer a propia merenda, para acompañar cos petiscos e repoñer forzas ao longo da tarde. 🥪

- Traer unha muda, pois haberá unha proposta con pintura e poida que xoguemos con auga. 🎽👖

- Se tedes pistoliñas de auga ou algún xoguete semellante, animámosvos a traelo para aproveitar a tarde de calor. 🔫

Non é preciso anotarse antes e a entrada abonarase ao chegar á escoliña. O custe será de:

- 5€ para nenas e nenos socias da ANPA
- 10€ para o resto de nenas e nenos do CRA Ponte da Pedra.

Agardámosvos na nosa festa de fin de curso e comezo do verán para compartir un agradable momento en comunidade!

Onte, varias familias da ANPA A Carballeira realizamos unha visita á Hora e Granxa rexenerativa de Labrecos!Nesa mañá ap...
14/06/2026

Onte, varias familias da ANPA A Carballeira realizamos unha visita á Hora e Granxa rexenerativa de Labrecos!

Nesa mañá aprendemos unha chea de cousas sobre este estilo de traballo no campo no que, por exemplo, non segan a herba porque as mesmas plantas forman parte dun sistema que tende a xestionarse solo, dando acubillo a unha gran diversidade de seres vivos e que combate naturalmente as pragas. Tamén aprendemos que se rota o gando de parcela cada certo tempo, para que as súas cacas nutran o chan e as novas plantas medren con máis forza, cedendo terreos novos aos animais con alimento rico e fresco.

Coñecemos as vacas, o porquiño, as cabras, poliños, galos e galiñas, e puidemos interactuar con eles dándolles de comer ou incluso acariñando a algúns deles.

Tamén fixemos unha pausa para retomar enerxía, cunha actividade na que degustamos algunhas verduras da horta nunhas elaboracións orixinais.

Como en Labrecos tamén teñen ovellas (que ese día estaban noutros pastos), puidemos escoitar como se traballa a lá, limpándoa e cepillándoa para facer produtos naturais e sen químicos como, por exemplo, esponxas para ducharse.

Por último, escoitamos a historia dos comezos deste proxecto, e aprendemos varios puntos importantes sobre a agricultura e gandeiría ecolóxica, circular e rexenerativa.

Antes de marchar, algunhas das crianzas máis atrevidas aproveitaron para desfrutar duns bos e divertidos mangueirazos nunha xornada que resultou ser moi calurosa!

Moitas grazas polas experiencias Labrecos!

01/06/2026

Vén de recibir un premio a familia da ANPA A Carballeira do CRA Ponte da Pedra de Carballo. O

Na ANPA A Carballeira estamos moi ledas por comunicarvos que, fai uns meses decidimos participar no concurso audiovisual...
30/05/2026

Na ANPA A Carballeira estamos moi ledas por comunicarvos que, fai uns meses decidimos participar no concurso audiovisual "Somos rural", convocado por ANPAS Galegas, co noso proxecto "Avoíña dime ti", e conseguimos o 3° premio!

Decidimos titulalo así para darlle valor a todo o traballo que realizan as mulleres no rural, recoñecendo que son pezas fundamentais na transmisión de valores, oficios e actividades... Somos privilexiadas por poder medrar nun entorno con tanta riqueza inmaterial, que moitas veces coñecemos a través das historias que nos contan na casa e das labores que realizamos en conxunto coas nosas familias e veciñanza.

Tamén quixemos transmitir con esta proposta a alegría, inocencia e ilusión que viven as nenas e nenos nas aldeas, vivindo aventuras diarias que lles achegan coñecementos e momentos para recordar ao longo das súas vidas.

Moitas gracias a todo o equipo docente do CRA Ponte da Pedra, ás familias participantes e a Aaron Antelo Carracedo, Francisco Iglesias Vázquez e Gema Santos Custodio polas súas achegas altruístas. Grazas a vós foi posible a recopilación e realización deste fermoso traballo.

Agradecemos tamén a ANPAS Galegas a posta en marcha deste tipo de concursos, que nos dan visibilidade e serven para dar valor ao mundo rural. E aproveitamos para felicitar a todas as equipas participantes, pois todas realizaron uns traballos espléndidos.

Agardamos que desfrutedes tanto do proxecto coma nós o fixemos coa súa creación. Podedes atopar a ligazón para velo na nosa bio de Instagram ou poñer no navegador: https://somosrural.anpasgalegas.gal/proxectos-4a-edicion/proxecto-iv-concurso-avoina-dime-ti/?aiEnableCheckShortcode=true

Na ANPA A Carballeira, estamos orgullosas de ser rurais!

A piques de entrar na gala de entrega de premios do concurso "Somos Rural", de Confederación ANPAS GALEGAS !
29/05/2026

A piques de entrar na gala de entrega de premios do concurso "Somos Rural", de Confederación ANPAS GALEGAS !

Los premios del certamen se fallan este viernes

Na ANPA A Carballeira continuamos organizando propostas para as nosas familias socias.En xuño temos previsto realizar un...
22/05/2026

Na ANPA A Carballeira continuamos organizando propostas para as nosas familias socias.

En xuño temos previsto realizar unha visita moi interesante á horta e granxa de Labrecos, un proxecto ecolóxico, circular e rexenerativo que muda o modelo tradicional da agricultura e a gandeiría cara outro máis consciente e sostible co noso entorno.

Nesta actividade, as familias socias que xa se preinscribiron no formulario de Labrecos, poderán g***r dunha visita guiada cun obradoiro no que as crianzas poderán manipular produtos da horta e interactuar con eles dun xeito ameno e diferente, achegando e poñendo en valor a alimentación natural na vida diaria.

Que ganas temos de visitarvos, Labrecos! Vémonos moi pronto! 😊🐑🌱✨

Hoxe abrimos a inscrición do noso campamento de A Rega a todas as familias interesadas no mesmo!Como moit@s xa sabedes, ...
15/05/2026

Hoxe abrimos a inscrición do noso campamento de A Rega a todas as familias interesadas no mesmo!

Como moit@s xa sabedes, é a entidade que escollemos para levalo a cabo.

Podedes botarlle unha ollada a toda a información relacionada co campa na ligazón que atoparedes na bio do noso instagram (no perfil, debaixo dos nosos datos de contacto). Ahí tamén atoparedes a ligazón ao formulario de inscrición para participar no campamento.

Engadirvos que, como é un servizo que poderá estar total ou parcialmente subvencionado polo BONO CONCILIA da Xunta, é moi recomendable que para o pago utilicedes a TRANSFERENCIA BANCARIA para evitarvos contratempos se o solicitades.

Que ganas de que comece e que as nosas crianzas poidan desfrutar das propostas tan divertidas que lles teñen preparadas!

Para calquer dúbida, podedes contactar con Rocío (Argalla) no correo [email protected]

Estimadas familias, O vindeiro mércores, 6 de maio, ás 19:00 h, está programada unha manifestación polo ensino público, ...
30/04/2026

Estimadas familias,

O vindeiro mércores, 6 de maio, ás 19:00 h, está programada unha manifestación polo ensino público, para reclamar os seguintes puntos:

- Dotar aos centros de profesorado suficiente para poder atender a todo o alumnado correctamente.

- Diminuír os trámites burocráticos existentes.

- Reducir os ratios, cumprindo o acordo asinado para primaria.

- Achegar o persoal necesario para atender correctamente ao alumnado con necesidades, xerando ao mesmo tempo un beneficio para toda a clase.

Esta xuntanza está aberta á comunidade educativa, polo que vos animamos a participar na mesma para que teña unha maior repercusión.

Vémonos o xoves na Praza do Concello de Carballo.

Un mellor ensino público é un mellor futuro para a sociedade!

Estimadas familias, A ANPA do colexio de Gándara-Sofán transmitiunos a preocupación da comunidade educativa de cara a un...
27/04/2026

Estimadas familias,

A ANPA do colexio de Gándara-Sofán transmitiunos a preocupación da comunidade educativa de cara a unha inquedante situación para o vindeiro curso e que afectará a 3º de primaria.

Hai unha previsión de que a ratio de alumnado por profesor e aula sexa elevada, máis tendo en conta o alumnado con necesidades educativas, que computa o dobre.

Coa finalidade de tratar o tema e dar toda a información relevante ao mesmo, así como propoñer posibles medidas, convocan unha reunión:

📅 Este mércores, 29 de abril
🕡 Ás 19:00 h
📍 No local social de Sofán

Animando a participar a todas as familias do CRA cuxos fillos/as se matriculen en 3º de primaria para o vindeiro curso.

Saúdos,

ANPA A Carballeira

Desde a ANPA A Carballeira queremos facilitar a conciliación laboral e familiar, motivo polo que temos pensado levar a c...
25/04/2026

Desde a ANPA A Carballeira queremos facilitar a conciliación laboral e familiar, motivo polo que temos pensado levar a cabo un campamento de verán nos meses de xullo e agosto, con posibilidade de servizo de madrugadores.

Este campamento correrá a cargo de Argalla (A Laracha), e estará situado na escola de A Rega; poderá pedirse o bono concilia.

Para trasladar toda a información relativa ao mesmo e o tipo de metedoloxías e actividades desenvolvidas, convidamos a todas as familias do CRA Ponte da Pedra interesadas a unha reunión:

📅 Martes, 28 de abril
🕡 ás 18:30 h
📍 na escoliña de A Rega

Agardámosvos! 😊

Address

Castro 5 Dordaño

15391

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when ANPA A Carballeira posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your school to be the top-listed School/college?

Share