EDLG IES Enrique Muruais

EDLG IES Enrique Muruais

Share

“Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”. Cunqueiro

Photos from EDLG IES Enrique Muruais's post 23/10/2024

Saída EDLG
O venres recibimos no noso centro o alumnado e profesorado do IES Basanta Silva.
Gozamos da Ruta dos fornos, soltamos adrenalina coa viaxe na tirolina, asistimos a un obradoiro de billarda e, por último, a un obradoiro de regueifa que nos marabillou.

Compartimos risas e aventuras mentres xantamos en comunidade na cafetería do noso centro.

Canto aprendemos destas xuntanzas!
O alumnado e o profesorado intercambiamos maneiras de traballar e distintas perspectivas.

Grazas a cada unha das persoas que contribuíu e que se producise este intercambio, sobre todo a Sabela e María.

Photos from EDLG IES Enrique Muruais's post 18/06/2024

Saída EDLG

Fernández Paz segue vivo e guíanos nas nosas singraduras.
Aire negro envolveunos no seu ventre entre as néboas, a frondosidade arbórea, as verdes augas, os mollados lombos, as escuras covas, os silenciosos batáns...

Hai intres que non se entenden se non os vives cos cinco sentidos. Só dese xeito os podes g***r.

Onte, tras os pasos do alumnado, e das profes Sabela e Paz do Basanta Silva percorremos a Terra Chá de Agustín. Unha xornada inesquecible.

E non só iso nos tiñan preparado, senón a acollida do claustro e da directora, a sesión de títeres, o xantar...e o máis importante: que os elos que nos unen como sociedade sexan elos de fraternidade, de amizade e de respecto.

Valores que demostrou onte o alumnado dos dous centros coa súa intachable conduta.

Todo isto vivimos onte coa comunidade do IES Basanta Silva. O IES Enrique Muruais acolleravos cos brazos abertos en breve.

GRAZAS❤️

17/05/2024

Non poderiamos comezar o Día das Letras Galegas de mellor xeito. Esta xornada en que homenaxeamos persoas creativas, artistas, loitadoras…aproveitamos para homenaxear o noso alumnado con calidades extraordinarias. Alumnado que leva no seu peito a palabra, a imaxe, a creación, a arte.

Hoxe, 17 de maio, queremos felicitar a Inés Suárez Capón que vén de gañar o premio provincial ILUSTRARNOS 2024 dentro da categoría 1.º e 2.º da ESO.

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario de CASTELAO, a Deputación de Lugo convoca o certame ILUSTRARNOS co obxectivo de promover entre o alumnado dos centros educativos da provincia a creatividade artística e plástica e achegarlle o gusto pola arte de ilustrar.

Dende do IES Enrique Muruais queremos transmitirlle a Inés os nosos PARABÉNS por acadar este premio provincial mais, sobre todo, pola súa creatividade artística e por toda a bondade que leva no peito.

PARABÉNS tamén para Leire e para Hiba polas súas marabillosas creacións e polo esforzo de participar en todo canto se lles solicita.

Temos un alumnado supremo. GRAZAS!!

pontenova.es

26/04/2024

Charla sobre acoso escolar no EDLG IES Enrique Muruais de A Pontenova.

24/02/2024

Photos from EDLG IES Enrique Muruais's post 24/02/2024

🌹Día de Rosalía de Castro🌹

Un día moi fermoso no noso centro para celebrar o nacemento da autora que lle dá voz ás mulleres, ós emigrantes, á paixón, á humildade...ó noso pobo.

O noso alumnado e profesorado deulle voz ós seus poemas e agasallámonos con libros e flores nun acto de bondade ben emotivo.

GRAZAS por saber facer, por compartir e por dinamizar neste día tan importante para o rexurdir da nosa cultura, do noso pobo. 💜

06/02/2024
05/02/2024

🎉O noso Meco🎉

03/02/2024

O Meco manda, o Meco ordena...

25/11/2023

Temos máis de 2481 razóns para que a violencia de xénero desapareza!

20/11/2023

E o martes imos g***r do noso magosto con obradoiros de follas secas do outono, de mandalas, de baile tradicional ...e teremos música mentres degustamos castañas asadas e chocolate!! Imos pasar unha marabillosa tarde de festa!!

Want your school to be the top-listed School/college?

Opening Hours

08:00 - 15:00