Aquí temos a Sofía que participou hoxe no programa Xuntos da Televisión de Galicia. Mañá volverá participar! Noraboa!
Escola Música de Vilamarín
Dende Setembro do 2022, ponse en marcha o funcionamento da Escola de Música de Vilamarín.
A Escola de Música de Vilamarín ponse en marcha mediante a xestión de Escuelas Padín Rey desde o 1 de Setembro de 2022.
Mañá no programa Xuntos Tvg, a partir das 15:30h, actuará a nosa alumna de baixo eléctrico Sofía. Non volo perdades! 😜😜
20/12/2023
Deixámosvos por aquí unhas fotiños do festival de nadal que fixemos este sábado no auditorio de Vilamarín! Graciñas a todos os que vos pasástedes a ver aos nosos alumnos demostrar todo o traballado no que vai de curso.
17/11/2023
Hoxe toca presentar a Diego Padín, o noso profesor de piano, harmonía, solfexo, combo e tamén quen fai posible que a escola saia adiante.
Ten unha amplísima experiencia no ámbito musical, pasou por todo tipo de formacións, grupos de pop, rock, orquestras e un longo etc. Algúns dos máis importantes foron a xira Ducados, La Flaca, Jarabe de Palo, Ache, Lamas la Piña, Grupo Teide...
A parte de formacións fixas tamén ten colaborado en múltiples gravacións para a TVG e a Radio Galega.
Se queredes introducirvos no mundo da música co piano ou ampliar os vosos coñecementos, este é o vos profesor! 🎹🎸🎷🥁
·
·
·
13/11/2023
Hoxe é o turno de presentar a Christian Juncal, profesor de baixo eléctrico, harmonía, solfexo e combo.
Comezou co baixo eléctrico dende moi noviño tocando con grupos de rock e pop, estivo algúns anos no mundo da verbena en orquestras de renome como a Orquestra Cinema e actualmente é o baixista dos Gin Toni's. Tamén ten colaborado con moitos grupos de Funk, Rock e Pop ao longo da súa carreira.
Se queredes aprender ou mellorar no baixo eléctrico este é o voso lugar! 🎸🎹🥁🎷
·
·
·
·
03/11/2023
Hoxe presentamos a Agustín Domínguez, o noso profesor de batería, adestramento rítmico, solfexo e combo.
Conta cunha ampla experiencia no sector musical, ten participado en grupos como Atrapasueños, Faylinn, Mecánica, Maskarpone, La Banda e Styx. Con moitos dos grupos ten participado en diversos festivais. A parte da súa experiencia como batería tamén ten traballado como técnico de son en distintas formacións como La Noria e Yucatán.
Se queres aprender a tocar a batería, mellorar o teu sentido rítmico ou ampliar os teus coñecementos este é o voso lugar! 🥁🎹🎸🎷
·
·
·
·
́a
21/10/2023
Hoxe toca presentar a Diego Mosquera, o noso profesor de guitarra, baixo eléctrico, solfexo, harmonía e combo. Conta cunha amplísima experiencia no ámbito musical, ten realizado xiras por toda España con multitude de artistas, dende orquestras ata big bands. Algúns dos artistas máis destacados cos que ten participado son Bobby Martínez, Alfonso Medela, Andrea Pousa, Carlos Carli, Sergio Tannus, Mitic, David Prado e un longuísimo etcétera. Ten participado en multitude de gravacións de estudio das que, a parte de como músico, tamén se encargou da produción.
Se queredes tocar a guitarra, o baixo eléctrico ou se xa os tocades e queredes aumentar os vosos coñecementos, non hai ninguén mellor que Diego Mosquera! 🎷🎸🎹🥁
·
·
·
·
·
14/10/2023
Xa comezou este novo curso e aínda temos prazas dispoñibles! 😊
Este ano tivemos novas incorporacións na nosa plantilla e imos aproveitar para presentarvos aos novos e aos non tan novos profesores da nosa escola.
Unha das novas incorporacións é Alexandre Cabanelas, profesor de saxofón, clarinete, frauta, harmonía, solfexo e combo. Conta cunha ampla experiencia no ámbito musical, dende bandas tradicionais ata líder dos seus propios proxectos de jazz, pasando por grupos de rock, reggae, jazz, big bands, charangas e un longo etc. Ten participado en diversas gravacións de discos como “Perspectivas” de 4Mal Quartet Jazz, “Vivimos en Vigo” de Anxo Blas, “O Reverendo Can”, “The Tetas Van” e múltiples singles con outros artistas.
Se queredes comezar a tocar un instrumento de vento, se xa o tocades e queredes mellorar ou se queredes iniciarvos na música moderna, este é o voso lugar! 🎷🎸🥁🎹
·
·
·
·
·
·
22/08/2023
29/06/2023
28/06/2023
Festival Fin de Curso 2022-23 - Escola de Música de Vilamarín Escuelas Padín [email protected]
14/06/2023
Ariadna Seoane - American Idiot (Green Day) Gravacións Curso 2022-23 - Escola de Música de Vilamarín| Ariadna Seoane - Guitarra| Audio & Vídeo: Iván Salgado| Escuelas Padín Rey (escuelaspadinrey@gmail....