ANPA IES Fermín Bouza Brey

  • Home
  • ANPA IES Fermín Bouza Brey

ANPA IES Fermín Bouza Brey Asociación de nais e pais de alumnos do IES Fermín Bouza Brey, en Vilagarcía de Arousa

Asociación de Nais e Pais do Instituto de Educación Secundaria Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa

Dende a Federación de ANPA de Pontevedra organizan esta interesantísima charla en Vilagarcía.  que queirades asistir, de...
03/04/2024

Dende a Federación de ANPA de Pontevedra organizan esta interesantísima charla en Vilagarcía. que queirades asistir, debedes anotarvos no correo: [email protected].

01/02/2024

Bos días! Utilizamos esta vía para chegar ás familias que tedes fill@s no IES Armando Cotarelo Valledor, xa que como sabedes, de momento non temos ANPA nin redes sociais propias. Queremos informar que a orientadora do noso IES está sobrepasada e así no-lo comunicou ás representantes das familias no Consello Escolar. Entre os motivos da sobrecarga de traballo que vén arrastrando está a multiplicación de alumnado debido á absorción o curso pasado das etapas da ESO e Bacharelato provinte do IES F. Bouza Brey . A raíz disto, o profesorado incrementouse, como é lóxico, pero a orientadora segue sendo unha. Para poder desenrolar as súas moitas funcións con calidade e chegar a todos os casos que se lle presentan, ela mesma solicitou a Inspección educativa un segundo orientador mais a resposta foi negativa. Por isto, as representantes das familias no Consello Escolar, vimos de rexistrar unha solicitude á Xefatura Territorial para que se atenda á petición e que se dote dun segundo profesional sen que se reduza o cupo de profesorado (unha opción provisional sería renunciar a un profe e que mandasen a un segundo orientador, con risco de que cando se revise a situación, retiren ao segundo orientador e non repoñan ao profe ao que se renunciou). A nosa petición está apoiada polo claustro de profesores, o Consello Escolar e todas as ANPA de Vilagarcía, especialmente as dos CEIP Rubiáns, Vilaxoán e O Piñeiriño, centros adscritos ao Cotarelo.

09/07/2022

curso 2022-2023

Publicadas listaxes provisionais de solicitantes de admisión a en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia

Prazo de reclamación desde o venres 8 de xullo ata as 13:00 horas do martes 12 de xullo de 2022

www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2022-2023

Agora si que si, rematou o curso e a etapa da ANPA As Pistas coa excursión ás Cíes. Esperamos que os que participastes o...
26/06/2022

Agora si que si, rematou o curso e a etapa da ANPA As Pistas coa excursión ás Cíes. Esperamos que os que participastes o pasásedes ben. Ao final o tempo acompañou. Fresquiño pola mañá para facer as rutas camiñando e temperatura aceptable para desfrutar da praia a partir do mediodía. Desexamos moitísima sorte a todas as familias que nos acompañastes estes anos e que a nova andaina dos nosos fillos nos diferentes centros educativos nos que prosigan estudos sexa boa. Ata sempre!!!

24/06/2022

Boas! Como a predicción do tempo non da choivas para o domingo nas Cíes, a excursión segue en pé segundo o previsto. Os apuntados tedes un correo cos detalles.

A falta da excursión do domingo ás Cíes,  a ANPA da por rematado o curso coa pinchada de Dj Moe. Moita sorte a tod@s, os...
22/06/2022

A falta da excursión do domingo ás Cíes, a ANPA da por rematado o curso coa pinchada de Dj Moe. Moita sorte a tod@s, os que titulades, os que vos quedades no Bouza e os que comezades nova etapa noutros IES. Bo verán!!!

Hoxe estivemos repartindo as camisetas aos socios da ANPA que se achegaron ao noso stand. Os que faltan por recollelas, ...
17/06/2022

Hoxe estivemos repartindo as camisetas aos socios da ANPA que se achegaron ao noso stand. Os que faltan por recollelas, teñen unha última oportunidade o luns á hora do recreo. Aqueles que non teñan claro se son socios ou non, que nos pregunten, que levamos connosco o listado.

Boas, familias!!!Neste fin de curso tan especial por ser o último no que o Bouza sexa un IES, o que trae como consecuenc...
16/06/2022

Boas, familias!!!
Neste fin de curso tan especial por ser o último no que o Bouza sexa un IES, o que trae como consecuencia a disolución da ANPA As Pistas, queremos que os chavales das familias socias, teñan un recordo físico. Mañá venres e o luns, estaremos no porche de entrada na hora do recreo, entregando unha camiseta conmemorativa a cada un deles. O mércores 22, a ANPA porá a despedida do curso nas mans de DJ MOE, que estará pinchando para todo o alumnado e profesorado dende a hora do recreo ata a saída (11:30 – 14:30 hs). Pedimos que a rapazada leve posta a camiseta da ANPA ese derradeiro día.
En relación á excursión a Cíes do domingo 26, comunicamos que ainda quedan 15 prazas dispoñibles.
Bo fin de curso a todos!!!

20/05/2022

Unha vez rematado o prazo de inscrición para socios para a excursión ás Cíes, comunicamos que hai prazas que quedaron sen cubrir, polo que se abre a excursión a familiares, amigos, familias do Bouza non socias, etc.
Nese caso, o precio é de 5€ por viaxeiro (independientemente da idade) que se pagarán en efectivo o mesmo día da excursión aos organizadores.
Prazo de inscrición: dende hoxe mesmo ata completar aforo.
Modo: mediante un correo electrónico a: [email protected]
Datos necesarios de TODOS: - nome completo
- número de DNI
- data de nacemento
- dirección de correo electrónico e teléfono de contacto
ANPA As Pistas.

18/05/2022

Lembramos que mañá xoves é o último día para que os socios se anoten á excursión de fin de curso ás Cíes. No caso de que sobren prazas, comunicarémolo por correo aos apuntados (por se queren anotar a alguén que non sexa socio), por Telegram e Facebook.

Address


Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when ANPA IES Fermín Bouza Brey posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your school to be the top-listed School/college?

Share