Trátase dun programa de formación e inserción laboral para os estudantes galegos con maior talento e interesados en desenvolver as súas habilidades sociais e profesionais para a integración con éxito no mercado laboral. Os estudantes, a través dunha inmersión formativa de 2 días, participarán inicialmente nunha serie de obradoiros e actividades de team building para, despois, dar lugar a unha competición por equipos sobre o arte do debate onde deberán demostrar os coñecementos adquiridos e habilidades directivas y sociais desenvoltas, dando como resultado unha formación única que transforma as súas habilidades persoais previas nas competencias necesarias para o éxito profesional. E todo baixo a atenta mirada das empresas mais importantes do panorama galego, que estarán observando cada proba en busca do mellor talento galego. Quere dicir que aquelas empresas interesadas na contratación dos mellores profesionais poden coñecer de primeira man e en profundidade as competencias dos seus participantes, ademais de coñecer outros datos de interese como por exemplo o seu expediente académico. Desta maneira, o Fórum Cicerón serve como punto de encontro idóneo para universitarios (futuros profesionais) e empresas, cunha efectividade superior ós tradicionais procesos de selección debido ó novidoso, rigoroso e esclarecedor do sistema desenvolto.