Colexio Mercedario Verín

Colexio Mercedario Verín "Educar a mente sen educar o corazón non é educar en absoluto" Aristóteles.

"ROMEO E XULIETA"Hoxe recibimos a visita do alumnado do Colexio de Sarria da Merced, que representou no noso centro unha...
11/06/2026

"ROMEO E XULIETA"

Hoxe recibimos a visita do alumnado do Colexio de Sarria da Merced, que representou no noso centro unha versión actualizada de "Romeo e Xulieta".

Queremos felicitar 👌🏻a todos os seus actores e actrices polo magnífico traballo realizado, así como ao profesorado que fixo posible esta experiencia educativa tan enriquecedora.

A arte e a interpretación teatral 🎭desempeñan un papel fundamental no desenvolvemento integral do alumnado. A través do teatro poténcianse a creatividade, a expresión oral e corporal, a empatía, o traballo en equipo, a autoestima e a capacidade de comunicar emocións e ideas. Ademais, achegar os clásicos desde unha perspectiva actual favorece o pensamento crítico e o interese pola cultura e pola literatura.

Moitas grazas por compartir o voso talento, esforzo e ilusión con toda a nosa comunidade educativa. Parabéns 👏🏻polo excelente traballo realizado e agardamos poder volver g***r moi pronto das vosas representacións.




Conferencia: "O futuro será mellor do que cres" Sixto Arias. O noso centro tivo a sorte de contar coa visita de Sixto Ar...
05/06/2026

Conferencia: "O futuro será mellor do que cres" Sixto Arias.

O noso centro tivo a sorte de contar coa visita de Sixto Arias Sánchez, antigo alumno do colexio, quen impartiu a inspiradora conferencia “O futuro será mellor do que cres”.👏🏻

Ao longo do encontro, Sixto interactuou co alumnado de maneira moi próxima e participativa, formulando preguntas e promovendo un diálogo constante. As súas reflexións deron lugar ao pensamento crítico e á análise dos retos e oportunidades que presenta o futuro, especialmente no ámbito da tecnoloxía e da intelixencia artificial.

Un dos momentos máis emotivos da charla foi cando lembrou a súa etapa como 👨‍🎓alumno deste mesmo colexio. Compartiu recordos dos anos de formación e explicou como, nunha das aulas polas que hoxe pasan os estudantes, comezou a construír o camiño que o levou a converterse no profesional que é na actualidade.

Tamén destacou a importancia que tivo o teatro 🎭na súa formación persoal. Segundo explicou, esta actividade foi fundamental para desenvolver habilidades como a comunicación, a confianza e a capacidade de falar en público, competencias que hoxe resultan esenciais na súa faceta de conferenciante.
Durante a conferencia abordou temas relacionados coa innovación, a transformación dixital e a intelixencia artificial, animando ao alumnado a mirar o futuro con optimismo, curiosidade e espírito emprendedor.

Como peche da xornada, Sixto agasallou cun exemplar dun dos seus libros 📚 máis interesantes á persoa que considerou que mostrara un maior interese e curiosidade polo mundo da intelixencia artificial.

🙏 Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Sixto Arias pola súa presenza, pola súa cercanía e por compartir connosco a súa experiencia, as súas reflexións e a súa visión esperanzadora do futuro. Foi unha oportunidade moi enriquecedora para toda a comunidade educativa.

Moitas grazas,😁 Sixto, por volver á túa casa e inspirar ás novas xeracións.



Proxecto de Historia: "A TRANSICIÓN"Os alumnos e alumnas👨‍🎓👩‍🎓 de 4º da ESO elaboran traballos de investigación sobre a ...
05/06/2026

Proxecto de Historia: "A TRANSICIÓN"

Os alumnos e alumnas👨‍🎓👩‍🎓 de 4º da ESO elaboran traballos de investigación sobre a Transición Española, unha etapa fundamental da historia recente de España que marcou o paso da ditadura á democracia. A través desta actividade, o alumnado desenvolve competencias relacionadas coa procura, selección e análise crítica da información, así como a capacidade de síntese e exposición oral e escrita.

O estudo da Transición permite comprender a importancia do diálogo, do consenso e da participación cidadá na construción dunha sociedade democrática. Ademais, fomenta o coñecemento dos valores constitucionais, dos dereitos e das liberdades fundamentais, contribuíndo á formación de cidadáns responsables e comprometidos coa convivencia democrática.🤝

Esta proposta educativa promove tamén o traballo autónomo e cooperativo, o uso de fontes históricas diversas e o desenvolvemento do pensamento crítico, aspectos esenciais na formación integral do alumnado.



Auditorio Verín: UXÍA SENLLE.Hoxe o alumnado de 3º da ESO acudiu ao "Auditorio" de Verín para asistir á presentación de ...
28/05/2026

Auditorio Verín: UXÍA SENLLE.

Hoxe o alumnado de 3º da ESO acudiu ao "Auditorio" de Verín para asistir á presentación de Indómitas. Nove ondas a Begoña Caamaño, de Uxía Senlle.

Nesta actividade, o alumnado puido achegarse á figura de Uxía, unha das artistas máis importantes da música galega e gran defensora da nosa lingua e cultura. A cantante presentou un proxecto moi especial creado en memoria da escritora e xornalista Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas 2026.

Indómitas nace como unha carta musical de amizade, memoria e gratitude cara a Begoña Caamaño, unha muller comprometida coa igualdade, o feminismo e a cultura galega. A través das cancións, Uxía reivindica a forza das mulleres libres, a sororidade, a resistencia e a importancia de manter viva a memoria das voces que deixan pegada.

Esta actividade, desenvolvida polo Concello de Verín, pecha os eventos organizados este curso arredor das Letras Galegas, promovendo entre a mocidade o amor pola lingua, a música e a literatura galega. 💙🤍




"Pintando con Leandro Lamas"O alumnado do noso centro participou con grande ilusión na actividade promovida polo Concell...
27/05/2026

"Pintando con Leandro Lamas"

O alumnado do noso centro participou con grande ilusión na actividade promovida polo Concello de Verín e guiada polo pintor Leandro Lamas, xunto con todos os colexios da comarca.

Nesta iniciativa colaboramos na elaboración dun mural colectivo que rende homenaxe a Begoña Caamaño, figura destacada das Letras Galegas deste ano. A nosa achega quixo representar parte da súa traxectoria, así como a súa defensa da cultura, da igualdade e da lingua galega.

Os nosos alumnos e alumnas remataron satisfactoriamente este mural cheo de cor, creatividade e múltiples referencias á súa obra e aos seus intereses culturais, demostrando unha vez máis o talento e compromiso da comunidade educativa.

🎨 💜



"DÍA DAS LETRAS GALEGAS"Con motivo do "Día das Letras Galegas",  celebrouse no Auditorio de Verín como cada ano,  un act...
17/05/2026

"DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Con motivo do "Día das Letras Galegas", celebrouse no Auditorio de Verín como cada ano, un acto moi especial dedicado nesta ocasión, á figura de Begoña Caamaño, en homenaxe ao seu compromiso coa literatura e coa lingua galega.

Durante esta xornada tivemos a oportunidade de compartir relatos e poesías creados polo alumnado, demostrando unha vez máis a creatividade, a sensibilidade e o talento dos nosos estudantes na nosa lingua.

Queremos felicitar especialmente ás persoas premiadas no certame literario:👏🏻👏🏻

Miriam Estévez Muiños, 1º premio en relato de 2º da ESO.

Emma Gallego Lamas, 2º premio en poesía de 2º da ESO.

Marco Antonio Rodríguez Rodríguez, 3º premio en relato de 2º da ESO.

Iziar Lamas Colmenero, 3º premio en relato de 4º da ESO.

Mara Núñez Reis, 3º premio en poesía de 2º da ESO.

Asimesmo felicitamos aos finalistas por chegar tamén hasta aquí: Álvaro Parada, Noa Ferrón, Enzo Lorenzo, Uxía Gonçalves, Bouchra Alioui.💪🏻

As persoas gañadoras recibiron unha compensación económica como recoñecemento ao seu traballo e dedicación, mentres que o resto de finalistas e participantes foron agasallados cun libro, agradecendo así o seu esforzo e participación neste día tan especial.

Parabéns❤️ a todas e todos pola vosa participación e polo talento demostrado.


" Novo Pavillón de Deportes"Con enorme ilusión, a nosa comunidade educativa celebrou recentemente a inauguración do novo...
13/05/2026

" Novo Pavillón de Deportes"

Con enorme ilusión, a nosa comunidade educativa celebrou recentemente a inauguración do novo pavillón deportivo ⚽️ 🏀do centro, un espazo que levará con orgullo o nome do titular do colexio: P. Orencio Temprano.

Este novo pavillón nace coa finalidade de converterse nun lugar de encontro, convivencia, esforzo 💪🏻e superación, onde o deporte e a actividade física seguirán ocupando un papel fundamental na formación do noso alumnado.

No noso colexio entendemos o deporte como moito máis ca unha práctica física: representa valores tan importantes como o compañeirismo, o respecto,🫱🏻‍🫲🏽 a constancia, o traballo en equipo e os hábitos de vida saudables, aspectos que forman parte esencial do noso proxecto educativo.

Desexamos que este novo espazo sexa escenario de aprendizaxes, emocións, competicións, xogos e momentos inesquecibles para toda a comunidade educativa, contribuíndo a seguir medrando xuntos tanto a nivel persoal como deportivo.

Que o Pavillón P. Orencio Temprano sexa, desde hoxe, símbolo de unión, ilusión e futuro para todos e todas.👏🏻




"DÍA DE SAN PEDRO NOLASCO"Hoxe, día 6, conmemoramos no noso centro o Día de San Pedro Nolasco, redentor de cautivos e fu...
06/05/2026

"DÍA DE SAN PEDRO NOLASCO"

Hoxe, día 6, conmemoramos no noso centro o Día de San Pedro Nolasco, redentor de cautivos e fundador da Orde da Mercé, unha referencia fundamental na transmisión de valores como a solidariedade, a liberdade e o compromiso social.

A xornada desenvolveuse cun enfoque educativo e formativo, articulada en diversas actividades:
Un espazo inicial de reflexión sobre a súa vida e obra, promovendo a análise crítica e a conexión co seu legado na sociedade actual na nosa igrexa da Mercé.

🚴‍♂️ Unha saída en bicicleta, orientada ao fomento de hábitos de vida saudables e ao traballo cooperativo.

Asimesmo fixemos unha visita a bodega: "Rectoral del Monaguillo"
Grazas pola súa atención !

🌿 Unha actividade de POLGGING no parque da Alameda de Verín e no paseo da Perguiza ata A Pousa, incidindo na educación ambiental e na responsabilidade cívica.

🍽️ A xornada concluíu cunha comida compartida no centro, favorecendo a convivencia e o fortalecemento do sentimento de comunidade educativa.

Unha proposta integral que combina reflexión, actividade física e compromiso social, en coherencia co noso proxecto educativo.




5-6 maio: celebramos o día de "San Pedro Nolasco".
05/05/2026

5-6 maio: celebramos o día de "San Pedro Nolasco".

"1 de maio"Hoxe  1 de maio celebramos a creación desta figura floral baixo o lema “IA con amor” que  amosa como a educac...
01/05/2026

"1 de maio"

Hoxe 1 de maio celebramos a creación desta figura floral baixo o lema “IA con amor” que amosa como a educación pode mesturar tradición e innovación dun xeito fermoso e significativo.

As xestas, as follas de piñeiro e os pétalos de rosa 🌿🌹 non son só elementos naturais: son tamén unha ponte entre xeracións, un recordo das nosas raíces e da cultura popular que segue viva grazas á participación do alumnado 👩‍🎓👨‍🎓.

Aprender así, coas mans e co corazón 🤲💚, reforza valores como o traballo en equipo, o respecto pola natureza e a creatividade. A escola convértese nun espazo onde a tradición se transforma en coñecemento compartido e en orgullo colectivo.





Comunidade Primavera

Dirección

Plaza De La Merced 13/14 Verín
Verín
32600

Horario de Apertura

Lunes 08:15 - 20:00
Martes 08:15 - 20:00
Miércoles 08:15 - 20:00
Jueves 08:15 - 20:00
Viernes 08:15 - 20:00

Teléfono

+34988410103

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colexio Mercedario Verín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Colexio Mercedario Verín:

Atajos

Compartir