RedeGueando EDLG CIFP Portovello

RedeGueando EDLG CIFP Portovello Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CIFP Portovello.

Premio de Oratoria “Orador do Ano Oteriano 2026 Ramón Otero Pedrayo”: https://bit.ly/4gbK0Io
04/08/2026

Premio de Oratoria “Orador do Ano Oteriano 2026 Ramón Otero Pedrayo”: https://bit.ly/4gbK0Io

🍉 E vós, que cousas diriades que son ben agostiñas? O sol, as vacacións, as festas... Que máis se vos ocorre? ☀️💙       ...
01/08/2026

🍉 E vós, que cousas diriades que son ben agostiñas? O sol, as vacacións, as festas... Que máis se vos ocorre? ☀️💙

💙 Un curso cheo de proxectos, actividades e compromiso coa nosa linguaAo longo do curso 2025-2026 desenvolvemos proxecto...
31/07/2026

💙 Un curso cheo de proxectos, actividades e compromiso coa nosa lingua
Ao longo do curso 2025-2026 desenvolvemos proxectos de innovación, formación e investigación, e organizamos charlas, obradoiros, concursos, encontros, xogos, actividades culturais e moitas outras iniciativas para seguir promovendo o uso do galego no noso centro.
Detrás de cada actividade hai moito traballo, ilusión e colaboración. Pero, sobre todo, hai persoas que, co seu compromiso, fan que o galego estea cada vez máis presente no noso día a día.
💙 Grazas por acompañarnos un curso máis. Cada actividade, cada proxecto e cada pequeno paso suman. O curso remata, pero o compromiso coa nosa lingua continúa. Durante o verán seguiremos compartindo pequenos contidos e, en setembro, volveremos con novos proxectos, novas actividades e a mesma ilusión de sempre. Seguimos! 💙

31/07/2026

🎶 A música tamén foi protagonista no Día das Letras Galegas 2026 💙
Foi un pracer contar coa actuación de Xose Constenla, que nos achegou á figura e á obra de Begoña Caamaño a través da música, poñendo banda sonora a unha xornada de homenaxe á nosa lingua e á nosa literatura.
👏 Grazas por acompañarnos e por facer desta celebración un momento tan especial.
💙 A túa actuación emocionounos moito. Mil grazas!

💙 Así celebramos o Día das Letras Galegas 2026 no CIFP Portovello!Este ano rendemos homenaxe a Begoña Caamaño, lembrando...
31/07/2026

💙 Así celebramos o Día das Letras Galegas 2026 no CIFP Portovello!
Este ano rendemos homenaxe a Begoña Caamaño, lembrando a súa figura e reivindicando o valor da nosa lingua a través da literatura, da música e da creación colectiva.
Ao longo da xornada compartimos:
📖 Lecturas sobre a vida e a obra da autora.
🎭 A representación da nosa adaptación da obra Uuu-uuu... Begoña!.
🥁 A actuación do grupo de baile e pandeireta “As do Portovello”.
🎶 A actuación musical de Xose Constenla, que nos achegou á obra de Begoña Caamaño a través da música.
👏 Grazas a todas as persoas que participaron e contribuíron a facer desta celebración un espazo para compartir, aprender e seguir poñendo en valor a nosa lingua e a nosa cultura.
💙 En galego, sempre.

💙 GalegoPro: un proxecto que deixou pegada.O proxecto GalegoPro: O galego como ferramenta profesional demostrou que o ga...
30/07/2026

💙 GalegoPro: un proxecto que deixou pegada.
O proxecto GalegoPro: O galego como ferramenta profesional demostrou que o galego ten un lugar no mundo da empresa, da formación e da innovación.
O III Encontro Empresas en Galego non só reuniu empresas, profesionais e alumnado arredor da lingua, senón que tamén acadou repercusión máis aló do propio centro.
📰 O Faro de Vigo fíxose eco da iniciativa:
https://www.farodevigo.es/ourense/2026/05/13/o-celta-expon-aos-estudantes-130150809.html
⚽ O Real Club Celta compartiu na súa web oficial a súa participación no encontro:
https://rccelta.es/gl/club/actualidad/el-celta-comparte-su-identidad-y-compromiso-con-la-lengua-gallega-en-un-encuentro-con-estudiantes-en-ourense/
💙 Grazas a todas as persoas, empresas e entidades que fixeron posible este proxecto e contribuíron a seguir dando visibilidade ao galego como lingua de presente e de futuro.

🤝 Así foi o III Encontro "Empresas en Galego"! 💙Xa van tres edicións demostrando que o galego tamén é lingua de empresa....
30/07/2026

🤝 Así foi o III Encontro "Empresas en Galego"! 💙
Xa van tres edicións demostrando que o galego tamén é lingua de empresa.
O III Encontro Empresas en Galego reuniu no CIFP Portovello empresas e profesionais que apostan polo uso da nosa lingua no seu día a día, achegando ao alumnado experiencias reais e inspiradoras.
💬 Grazas ao RC Celta, Quinteiro Doce, Xenera Compañía Eléctrica e Educar Educarei por compartir a súa experiencia, a súa visión do ámbito profesional e o seu compromiso co galego.
👏 Grazas tamén ás persoas relatoras:
• Andrés Montenegro e André Taboada (Real Club Celta de Vigo)
• Tamara Brea e Luís Tembra (Quinteiro Doce)
• Andrea Candamio e Roberto González (Xenera Compañía Eléctrica)
• Alba Eirey e Jorge Piñeiro (Educar Educarei)
💙 E, por suposto, grazas ao alumnado pola súa participación e interese.
Seguimos traballando para demostrar que o galego tamén é unha lingua profesional, de innovación e de futuro.

Feliz Día Nacional de Galicia!
25/07/2026

Feliz Día Nacional de Galicia!

Dirección

Rúa Luis Trabazos Nº1
Trabazos

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando RedeGueando EDLG CIFP Portovello publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a RedeGueando EDLG CIFP Portovello:

Atajos

Compartir

Categoría