IES Antón Alonso Ríos

IES Antón Alonso Ríos Páxina oficial do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, con información práctica sobre actualidade e actividades organizadas polo centro.

⚠️ Xa está aquí toda a información para as axudas deste ano de Tomilingo!
06/08/2026

⚠️ Xa está aquí toda a información para as axudas deste ano de Tomilingo!

🇬🇧 Xa está aquí TOMILINGO!

Unha oportunidade moi especial pensada para que a mocidade de Tomiño aprenda inglés do mellor xeito posible: vivindo unha experiencia inesquecible no Reino Unido.

👉 O Concello, en colaboración co IES Antón Alonso Ríos , becará a 10 estudantes que veñan de rematar 4º da ESO durante o curso 2025/2026.

📅 Solicitudes: do 5 ao 17 de agosto.

ℹ️ Máis información en https://tomino.gal/tomino-abre-o-prazo-para-participar-en-tomilingo-o-novo-programa-municipal-de-inmersion-linguistica-en-ingles/

🧼 Deixámosvos cunhas imaxes do proxecto sosti-lab. Durante a última semana do curso, realizamos un obradoiro de fabricac...
07/07/2026

🧼 Deixámosvos cunhas imaxes do proxecto sosti-lab. Durante a última semana do curso, realizamos un obradoiro de fabricación de xabóns ecolóxicos no recreo no espazo de polos creativos.

Unha iniciativa sostible, divertida e con moita ciencia detrás!

Deixounos unha gran compañeira. Grazas polo tempo compartido e polas túas ensinanzas. Que a terra che sexa leve, Fátima ...
02/07/2026

Deixounos unha gran compañeira. Grazas polo tempo compartido e polas túas ensinanzas. Que a terra che sexa leve, Fátima 🕊️

☀️🎒 Aquí vos deixamos unha recompilación do que foron as actividades da última semana:🛖 Visita ao castro de Santa Trega ...
30/06/2026

☀️🎒 Aquí vos deixamos unha recompilación do que foron as actividades da última semana:
🛖 Visita ao castro de Santa Trega e roteiro para descubrir as pegadas dos animais con ANABAM para o alumnado de 1º ESO.
⚓️ Saída ata Baiona para ver o museo da navegación e g***r dun día de praia para os de 2ºESO.
🥅 O alumnado de 3ºESO participou nun campionato de futbol gaélico grazas á equipa de Gróvias que o organizou.
🚣🏽‍♀️ O alumnado gañador do concurso do Entroido (2ºESO D) obtivo como premio unha sesión de piragüismo a cargo do club Teixugos.
📻 Tamén puidemos g***r dun interesante obradoiro de radio con Ponte nas Ondas para o alumnado de 3ºESO que cursa as materias de Portugués e Oratoria.
⚧️ Recibimos unha petición do alumnado de 1ºESO que estaba interesado en recibir unhas charlas de sexualidade para resolver dúbidas á que demos resposta nesta última semana grazas a Lucía Pereda.

Este obradoiro e as saídas anteriormente mencionadas foron posibles grazas ao financiamento da ANPA Solleiro, a quen lle estamos moi agradecidas.

Agardamos que teñades boas vacacións! 👋🏽

Parabéns a Triana, Ania, Leonor, Nuria, María, Julia e Xulia que obtiveron o premio aos mellores expedientes de Galicia ...
25/06/2026

Parabéns a Triana, Ania, Leonor, Nuria, María, Julia e Xulia que obtiveron o premio aos mellores expedientes de Galicia nas PAU 👏🏽👏🏽👏🏽

Moi bo traballo rapazas!

Aquí vos deixamos un resumo do que foi a celebración da graduación de 2º Bacharelato e Ciclo Medio este curso:
23/06/2026

Aquí vos deixamos un resumo do que foi a celebración da graduación de 2º Bacharelato e Ciclo Medio este curso:

Graduación de 2º Bacharelato e Ciclo Medio o pasado 12 de xuño de 2...

🚀 TOMIÑO FEST III 🎵E así rematou o curso. Un día variado no que puidemos ver obras teatrais que o alumnado de 3ºESO escr...
22/06/2026

🚀 TOMIÑO FEST III 🎵

E así rematou o curso. Un día variado no que puidemos ver obras teatrais que o alumnado de 3ºESO escribiu e representou para os compañeiros de 1º ESO. Tamén houbo unha xornada deportiva con competicións de fútbol, bádminton e brilé. Puidemos g***r de xogos de mesa e xogos populares e ata un rincón de lectura! Ademais, as compañeiras do equipo de Igualdade puxeron un posto con información e tamén obradoiros de maquillaxe, marcapáxinas e pulseiras con motivo do mes do Orgullo LGTBIQ+. Finalmente, pechamos o calendario escolar cun fantástico concerto do obradoiro de rock. E durante toda a xornada contamos coa foodtruck da Dulcekatta para poñer o toque doce nesta xornada.

Non hai mellor maneira de despedir o curso que cunha festa! 🥳

📢 Entre o día 23 de xuño e 7 de xullo terá lugar o período de matrícula no IES Antón Alonso Ríos. Poderá formalizar a ma...
21/06/2026

📢 Entre o día 23 de xuño e 7 de xullo terá lugar o período de matrícula no IES Antón Alonso Ríos. Poderá formalizar a matrícula neste período o seguinte alumnado:

- Alumnado do IES Antón Alonso Ríos que vaia cursar calquera nivel da ESO, Bacharelato ou 2º de Formación Profesional de Grao Básico ou Medio.
- Alumnado con praza asignada no proceso de admisión do curso 2026-27 que cambie voluntariamente de centro.
- Alumnado con praza reservada que inicia etapa educativa (ESO) procedente dun centro adscrito.

🗓️ A matrícula formalizarase telematicamente a través da aplicación Admisiónalumnado ou de maneira presencial no centro en horario de mañá (09:00-14:00). Poden consultar as datas na nosa web.

🥾🌳 Deixamos unhas imaxes do alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias na súa camiñata pola Serra do Argallo. Unha xornada e...
18/06/2026

🥾🌳 Deixamos unhas imaxes do alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias na súa camiñata pola Serra do Argallo.

Unha xornada entre a natureza para despexar a mente tras os exames.

Dirección

Solleiro S/n
Tomiño
36740

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:30 - 19:00
Martes 09:00 - 14:30
16:30 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES Antón Alonso Ríos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a IES Antón Alonso Ríos:

Atajos

Compartir

Categoría