ANPA CRA de Teo

  • Home
  • ANPA CRA de Teo

ANPA CRA de Teo Asociación de nais e pais de alumnos e alumnas do Colexio Rural Agrupado de Teo. Infantil e 1° e 2° de Primaria. Medrando xuntos desde 1989.

☀️ DATAS PARA A XORNADA DE PORTAS ABERTAS ☀️🏡 Familias xa temos datas para que poidades vir a coñecer as nosas 5 escolas...
30/01/2026

☀️ DATAS PARA A XORNADA DE PORTAS ABERTAS ☀️

🏡 Familias xa temos datas para que poidades vir a coñecer as nosas 5 escolas; Cacheiras, Casalonga, Raxó, Recesende e Reis.

🌈 MARTES 10 DE FEBREIRO e MARTES 24 DE FEBREIRO
DE 18 a 19 HORAS.

🌱 Ensinanza nun entorno rural e ao aire libre. Ensinanza personalizada e individual con grupos reducidos por aula, aprendizaxe colaborativo e multinivel, pedagóxias vivas e activas. Ensinanza inclusiva e respetuosa.

🎨 CURSOS DE INFANTIL ( 4-5-6 ) e PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA ( 1° e 2° ).

🌅 SERVIZO DE MADRUGADORES para todas aquelas familias que o precisen.

🌍 As escoliñas do CRA de TEO están moi preto de Santiago, Ames, A Estrada, Milladoiro...

📝 O período para solicitar praza nos centros educativos para o CURSO 2026-2027 será dende o 1 DE MARZO ATA O 20 DE MARZO.

🌈 VINDE A COÑECERNOS!

🎭 DIVERCRA DE ENTROIDO 🎭Aínda estamos a comer as sobras dos turróns e dos polvoróns... E xa comeza a arrecender a filloa...
14/01/2026

🎭 DIVERCRA DE ENTROIDO 🎭

Aínda estamos a comer as sobras dos turróns e dos polvoróns... E xa comeza a arrecender a filloas e orellas 🎊🎊 Por iso para atender unha vez máis as necesidades das familias do CRA pensamos en organizar o DiverCra, da man de VaidaVai.

🗓️ Días 16, 17 e 18 de Febreiro.

🕘 De 9:30 horas a 14:30 horas.

📍Biblioteca Lucho do Peto - O Aido

💰 Tarifa 40 euros
Desconto do 10% para a 2° crianza.

📝 Pre-inscricións na páxina web da ANPA. Data límite o 28 de Xaneiro.

https://xn--anpaacantoeira-znb.es/reserva-divercra-entroido-2026/

🎭 Non dubides en traer a túa crianza a pasar uns días de entroido moi divertidos... Entre disfraces, talleres, música.... 🎉🥳

✨ Bo Nadal ✨Que estas festas nos regalen tempo, calma e presenza.O máis importante que podemos ofrecer ás nosas crianzas...
24/12/2025

✨ Bo Nadal ✨

Que estas festas nos regalen tempo, calma e presenza.

O máis importante que podemos ofrecer ás nosas crianzas non son cousas, senón tempo de calidade, escoita e respecto polos seus ritmos e emocións.

Compartir, acompañar e estar é o mellor agasallo.

Felices festas cheas de agarimo e momentos compartidos 💫

Deixámosvos tamén unha foto do agasallo que dende a ANPA lle quixemos facer as nosas crianzas neste nadal.. pensando sempre nunha comunidade inclusiva, onde todas as crianzas e familias somos iguais, diversas e necesarias, e onde ninguén queda fóra 💞
Gracias a por tan fermoso traballo.

🎄O nadal nas Escolas🎄✨ E coa chegada de Decembro as crianzas e as súas familias puxeronse mans a obra para deixar así de...
19/12/2025

🎄O nadal nas Escolas🎄

✨ E coa chegada de Decembro as crianzas e as súas familias puxeronse mans a obra para deixar así de fermosas as súas escolas.

01/12/2025

🎀 DiverCra de Nadal 🎀

O nadal xa está a volta da esquina e a conciliación volta a ser o gran enimigo das familias, por iso dende a ANPA A Cantoñeira queremos axudarvos a que este lioso pensar se volva máis cómodo para vós;

👥 Por iso vos ofertamos da man de Tikolandia o DiverCra de nadal nas seguintes datas:

🗓️ Datas
Decembro os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31.
Xaneiro os días 2, 5 e 7.

Prezo 130 euros.
Desconto 2° crianza do -10%.

🕣 Horario de 9:30 horas a 14:30 horas.

🐞 Para crianzas de 3 a 8 anos.

📍Biblioteca do CRA de Teo "Lucho do Peto" ( Lugar do Aido, Teo ).

📝 PRE-inscricións na web da ANPA A Cantoñeira;

https://forms.gle/RKeVJhZ1hbGeN8uK6

Por medio da presente, convócase ás persoas socias da ANPA do CRA de Teo “ACantoñeira”, á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que ...
25/11/2025

Por medio da presente, convócase ás persoas socias da ANPA do CRA de Teo “A
Cantoñeira”, á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o venres 5 de decembro
de 2025, na Casa Común de Rarís (Teo), ás 18:00 h en primeira convocatoria e ás 18:30 h en
segunda convocatoria, coa seguinte:

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior
2. Estado das contas
3. Informe de xestión do curso anterior
4. Nomeamento da nova directiva. Presentación de candidaturas e elección
5. Presentación de obxectivos de cara ao novo curso
6. Rogos e preguntas

En Teo, a 24 de novembro de 2025

Aviso ás persoas socias:

Lembramos que as persoas socias que aínda non teñan aboada a cota anual poderán facelo
mediante transferencia bancaria ou ingreso na conta bancaria da ANPA, non se aceptan
pagos en metálico durante a asemblea.
De non verificarse o pagamento antes da data da Asemblea, no poderá exercer o seu dereito
a voto segundo o establecido nos estatutos.

🕗 SERVIZO DE MADRUGADORES NAS ESCOLAS DE REIS E RAXÓ 🏫A ANPA do CRA de Teo infórmavos de que, grazas á colaboración co  ...
15/11/2025

🕗 SERVIZO DE MADRUGADORES NAS ESCOLAS DE REIS E RAXÓ 🏫

A ANPA do CRA de Teo infórmavos de que, grazas á colaboración co ,poñerase en marcha o servizo de Madrugadores nas escolas de Reis e Raxó a partir do 8 de xaneiro e ata fin de curso.

📋 Nos próximos días o Concello publicará os formularios para que as familias interesadas se anoten.
Animamos tamén a aquelas que aínda non o fixeron a inscribirse, xa que cantas máis solicitudes haxa, máis doado será implantar o servizo en cada escola.

📌 Requisito mínimo: 5 familias inscritas por escola.
🕣 Horario: de 8:30h a 9:30h.
💰 Custe: 30 €/mes.
👭 Desconto para irmáns/as: 25% no segundo neno ou nena.
🐾 Bonificacións: poderanse aplicar as mesmas que o Concello ofrece no servizo TeoMadruga.
🥛 Opción de almorzo: por 10 € adicionais/mes (total 40 €/mes).

🍎 O servizo será ofrecido por unha empresa externa especializada, baixo a xestión do Concello de Teo.

IMPORTANTE: Para o RESTO DAS ESCOLAS DO CRA , se hai mínimo de 5 familias interesadas, o servizo tamén se porá en marcha.

✅ O Concello amplía o seu programa de conciliación TeoMadruga a dúas escolas unitarias do Colexio Rural Agrupado.

🏫 A partir do 8 de xaneiro de 2026, o servizo darase nas escolas de Reis e de Raxó a todos aqueles alumnos que o soliciten.

🤝 A alcaldesa sinalou na xuntanza mantida esta semana coa Anpa que, este programa de conciliación familiar, poderá ser tamén implementado nas outras tres escolas unitarias sempre que se chegue a un mínimo de alumnos.

🕗 SERVIZO DE MADRUGADORES NAS ESCOLAS DE REIS E RAXÓ 🏫A ANPA do CRA de Teo infórmavos de que, grazas á colaboración co C...
15/11/2025

🕗 SERVIZO DE MADRUGADORES NAS ESCOLAS DE REIS E RAXÓ 🏫

A ANPA do CRA de Teo infórmavos de que, grazas á colaboración co Concello de Teo, poñerase en marcha o servizo de Madrugadores nas escolas de Reis e Raxó a partir do 8 de xaneiro e ata fin de curso.

📋 Nos próximos días o Concello publicará os formularios para que as familias interesadas se anoten.
Animamos tamén a aquelas que aínda non o fixeron a inscribirse, xa que cantas máis solicitudes haxa, máis doado será implantar o servizo en cada escola.

📌 Requisito mínimo: 5 familias inscritas por escola.
🕣 Horario: de 8:30h a 9:30h.
💰 Custe: 30 €/mes.
👭 Desconto para irmáns/as: 25% no segundo neno ou nena.
🐾 Bonificacións: poderanse aplicar as mesmas que o Concello ofrece no servizo TeoMadruga.
🥛 Opción de almorzo: por 10 € adicionais/mes (total 40 €/mes).

🍎 O servizo será ofrecido por unha empresa externa especializada, baixo a xestión do Concello de Teo.

IMPORTANTE: Para o RESTO DAS ESCOLAS DO CRA , se hai mínimo de 5 familias interesadas, o servizo tamén se porá en marcha.

🍂  DiverCRA de Outono 🍂👥 Co fin de seguir atendendo as necesidades de conciliación das crianzas do CRA de Teo, ofertámos...
09/10/2025

🍂 DiverCRA de Outono 🍂

👥 Co fin de seguir atendendo as necesidades de conciliación das crianzas do CRA de Teo, ofertámosvos da man de .eventos o DiverCra de Outono, para as seguintes datas;

🎃 31 de Outubro - 20 euros.

📚 3 de Novembro - 20 euros.

🐴 11 de Novembro - 20 euros.

🌳 Unha proposta nun enclave rural con actividades relacionadas co entorno rural.

👫 Para crianzas de 3 a 8 anos. ( Outras idades consultar).

🕘 Horario de 9:30 a 14:40 horas.

📍Biblioteca do CRA de Teo "Lucho do Peto" ( Lugar do Aido, Teo ).

📝 Incricións na WEB da ANPA

WWW.anpacantoñeira.es

❗Data límite da inscrición ata o 20 de Outubro❗

❗Para as familias NON socias o prezo será de 25 euros❗

❗ O DiverCra levarase a cabo si se acada un mínimo de 5 crianzas, por día ❗

🐌 VINDE A DISFRUTAR CON NÓS 🐌

☀️🌳 DIVERCRA DE VERÁN 🌳☀️Logo dun verán cheo de aprendizaxes e divertimento na nosa biblioteca de Lucho de Peto con .eve...
30/09/2025

☀️🌳 DIVERCRA DE VERÁN 🌳☀️

Logo dun verán cheo de aprendizaxes e divertimento na nosa biblioteca de Lucho de Peto con .eventos, comeza un novo curso cheo de ilusión e de novas aprendizaxes.

✨ Deixámosvos por aquí algúns desos momentos que fixeron do verán destas crianzas unha lembranza máis para o futuro.

🫂 Xa vos iremos contando se este ano conseguimos novos DIVERCRA para a tan necesaria conciliación!!

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when ANPA CRA de Teo posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your school to be the top-listed School/college?

Share