Os Trazantes de Tenorio

Os Trazantes de Tenorio En Tenorio, no val do Lérez, zona de Cotobade, “trazantes” son as persoas con habilidade e inxenio para acometer os máis variados traballos.

O grupo de Os Trazantes de Tenorio naceu na primavera de 1984 para animar as festas e romarías, para fomentar o interese pola nosa música e dar vida, de novo, a antigos bailes e cantigas. Teñen participado en diversas xuntanzas e concursos: Pontevedra, Cedeira, Santiago, Padrón, Vigo… E actuaron con éxito na TVG en diversos programas, o cal viuse reflectido nunha nominación no apartado de mellor g

rupo tradicional aos Premios da Asociación da Prensa Galega na súa primeira edición, correspondente a temporada 97/98. Os seus éxitos televisivos continuáronse no premio que a parella do grupo, formada por Susana e Anxo, conseguiu no concurso de parellas de baile tradicional organizado polo programa “Luar” no ano 2004. En 1996 acadaron o primeiro premio no “XVI Encontro de Grupos Tradicionais” celebrado no Teatro Colón de A Coruña, coa “Foliada de Forcarei”. No verán de 1998, a sección máis xove do grupo acadou un terceiro premio en Cerdido coa “Muñeira de Leira” e foron finalistas en outros concursos. No verán de 2002 o grupo representou a Galicia, xunto con Milladoiro, no festival folklórico internacional de Guignamp (Bretaña). Ademáis, fixeron actividades de recollida de material etnográfico, conferencias e outras iniciativas pala fomenta-lo folclore tradicional galego na zona do val do Lérez. Neste momento o grupo conta cun corpo de baile formado por maiores e medianos e unha escola de baile para os mais cativos , dirixidos por Emilio Ríos. O acompañamento lévase a cabo grazas ás clases que tamén se imparten de gaita, percusión (Juan Ordóñez) e pandeireta (María Vidal). Agardamos vos guste a mostra do mellor que sabemos facer, desfrutar do folclore tradicional galego.

Onte estiveron 3 das nosas parellas de baile na Foliada do Demo en Pontevedra. Foi un pracer poder bailar ao ritmo dos n...
24/08/2026

Onte estiveron 3 das nosas parellas de baile na Foliada do Demo en Pontevedra. Foi un pracer poder bailar ao ritmo dos nosos amigos de Os Chichisos e Os Terribles de Donas

Coma sempre, é un luxo compartir bailes con todo o público e ver como a xente disfruta da nosa cultura. Moitisimas grazas Os Chichisos por contar con nós outro ano máis 💃🏽🕺🏽🥳

O pasado luns estivemos en Moimenta (Campo Lameiro) festexando xunto aos seus veciños e veciñas as súas festas. Ademáis ...
20/08/2026

O pasado luns estivemos en Moimenta (Campo Lameiro) festexando xunto aos seus veciños e veciñas as súas festas. Ademáis estivemos dando a alborada polo lugar de Painceiros. É un pracer cando a xente sae ás súas portas ou ventás para cantar e bailar con nós.

Moitas grazas á comisión de festas por contar con nós e por tratarnos tan ben. E grazas a todo o público que se animou a botar uns bailes con nós 💃🏽🕺🏽

O pasado domingo estivemos en Santa María de Sacos celebrando as festas na honra de San Roque. Moitas grazas á asociació...
18/08/2026

O pasado domingo estivemos en Santa María de Sacos celebrando as festas na honra de San Roque. Moitas grazas á asociación Nova Era de Sacos Asociación de Fiestas Nueva Era de Sacos por contar con nós, sempre é un pracer actuar para un público tan animado. Noraboa polo voso traballo e moitas grazas por tratarnos tan ben 💃🏽🕺🏽🥳

O domingo estivemos na parroquia de Loureiro, celebrando a festa na honra da Virxe das Neves. Moitísimas grazas á comisi...
11/08/2026

O domingo estivemos na parroquia de Loureiro, celebrando a festa na honra da Virxe das Neves.

Moitísimas grazas á comisión por contar outro ano máis con nós. Loureiro xa é casa!! É un pracer poder actuar para un público tan agradecido 😊😊

Onte estivemos en Borela acompañando aos veciños e veciñas nas súas festas. Foi un pracer levar ata alí as nosas pezas e...
03/08/2026

Onte estivemos en Borela acompañando aos veciños e veciñas nas súas festas. Foi un pracer levar ata alí as nosas pezas e actuar para un público tan animado.

Moitas grazas á comisión por contar con nós. Noraboa polo voso traballo e grazas polo trato recibido😊

O sábado os nosos músicos estiveron amenizando a xornada da patroa, en Santa Mariña de Presqueiras (Forcarei) e festexán...
22/07/2026

O sábado os nosos músicos estiveron amenizando a xornada da patroa, en Santa Mariña de Presqueiras (Forcarei) e festexándoa cós veciños e veciñas.
Moitas gracias á comisión por contar con nós!

04/07/2026
O domingo estivemos amenizando a I Romería de Viajes Talión (Viajes Talion ). Moitísimas gracias por contar con nós para...
24/06/2026

O domingo estivemos amenizando a I Romería de Viajes Talión (Viajes Talion ). Moitísimas gracias por contar con nós para este evento, foi un pracer poder poñer un pouquiño da nosa música e dos nosos bailes nesta festa. Noraboa a todo equipo pola organización e polo voso traballo. Queremos facer unha mención especial a Anxo Santome Fentanes por apoiarnos sempre! 😉

Foi un verdadeiro pracer poder actuar para un público tan animado. 😊

Onte estivemos na parroquia de Corredoira celebrando cós seus veciños e veciñas a súa XLVII Festa do Requeixo. Estivemos...
21/06/2026

Onte estivemos na parroquia de Corredoira celebrando cós seus veciños e veciñas a súa XLVII Festa do Requeixo. Estivemos amenizando a xornada na honra de San Antón e Santa Bárbara.

Moitísimas gracias á comisión por contar con nós. Foi un pracer poder actuar ante un público tan animado 😊

Onte comezamos nova tempada!! Estivemos na parroquia de San Xurxo de Sacos, celebrando o día do Patrón cós seus veciños ...
26/04/2026

Onte comezamos nova tempada!!

Estivemos na parroquia de San Xurxo de Sacos, celebrando o día do Patrón cós seus veciños e veciñas. Moitas gracias á comisión por contar con nós, foi un pracer poder actuar para un público tan animado, moitas gracias por bailar con nós! 😊

Comision de Festas San Xusto e San Pastor

Dirección

Tenorio
Tenorio
36120

Horario de Apertura

11:00 - 14:00

Teléfono

+34689608334

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Os Trazantes de Tenorio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Os Trazantes de Tenorio:

Atajos

Compartir

Categoría