31/08/2026
Estamos de volta, comenza o curso 26/27
Xa están dispoñibles os formularios de inscrición para a alta e renovación de socixs da ANPA, e de actividades extraescolares.
COMO PODEDES ACHEGAR OS FORMULARIOS?
📧 correo electrónico: [email protected]
🗓️ Tedes ata o 22 DE SETEMBRO para darvos de alta e pagar a cota de socixs, e/ou para inscribir ás vosas crianzas en extraescolares.
✅ Lembrade que para darvos de alta como socixs precisamos tanto o formulario coma o xustificante de pagamento da cota de socix.
👀 Se non sodes socixs, pero desexades facer uso de extraescolares, deberedes aboar os gastos de matrícula e xestión e achegar o xustificante de pagamento, tal como se indica nos formularios. SÓ É NECESARIO PAGAR UNHA VEZ PARA PODER INSCRIBIRSE EN EXTRAESCOLARES. Se o número de solicitudes excedese o de prazas, terían preferencia as familias socias (podedes consultar os sistemas de baremación na web do centro, nos apartados Formularios, Extraescolares).
👀 Atoparedes TODA A INFORMACIÓN E FORMULARIOS na web do centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/cepbreasegade/). Dentro do “Espazo das familias”, veredes a sección despregable da ANPA; só tedes que premer en FORMULARIOS. Tedes máis información no resto de pestanas e, se vos asaltase algunha dúbida, só tedes que contactarnos polo grupo de Whatsapp da ANPA ou por correo electrónico aos enderezos:
[email protected] (podedes mandar inscricións e dúbidas).